Jimmy Preston
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1913 Chester, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 17 de decembro de 1984 (71 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Xénero artístico | Rhythm and blues |
Instrumento | Saxofón |
Selo discográfico | Gotham (pt) |
Jimmy Preston, nado o 18 de agosto de 1913 en Chester, Pensilvania, e finado en decembro de 1984, en Filadelfia, Pensilvania, foi un saxofonista alto e vocalista estadounidense que realizou unha importante contribución nos primeiros tempos do rock and roll.
O seu priemiros éxito R&B foi "Hucklebuck Daddy", pero o feito que o fixo máis famoso foi a gravación, como Jimmy Preston and His Prestonians, da versión orixinal de "Rock the Joint" para Gotham Records en Filadelfia en 1949. "Rock The Joint" sería regravada por Bill Haley and the Saddlemen en 1952.
En 1950 o saxofonista tenor Benny Golson e o pianista Billy Gaines uníronse á súa nova formación e gravaron cancións como "Early Morning Blues" e "Hayride". Preston pasouse a Derby Records e tivo un último éxito R&B cunha versión do tema de Louis Prima "Oh Babe". Deixou de tocar no ano 1952 sen decatarse de que posteriormente sería identificado como un dos creadores do rock and roll.