Johann Christian Bach
Johann Christian Bach, nado en Leipzig o 5 de setembro de 1735 e finado en Londres o 1 de xaneiro de 1782, foi un compositor de música clásica, fillo de Johann Sebastian Bach. Pasou parte da súa vida en Londres, onde o coñecían como John Bach.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Johann Christian Bach era fillo de Johann Sebastian Bach e Anna Magdalena Bach. Cando naceu seu pai tiña xa 50 anos e foi el quen lle deu as primeiras nocións musicais, continuando como o seu profesor ata a súa morte, cando Johann Christian tiña 15 anos. Marchou logo a Berlín, á casa do seu medio irmán Carl Philipp Emanuel Bach. Bach estableceuse en Italia en 1756, estudou con Giovanni Battista Martini, en Boloña, e foi organista na catedral de Milán desde 1760. Desa época data a súa conversión do luteranismo ao catolicismo e as súas primeiras óperas serias. En 1762, Bach mudouse a Londres, foi o profesor de música da raíña Sofía Carlota, de orixe alemá. A estrea de tres óperas no King's Theatre, entre elas Orione o 19 de febreiro de 1763, estabeleceu a súa reputación en Inglaterra. En Londres coñeceu a Carl Friedrich Abel e no período 1764-1765 interpretaron xuntos nos coñecidos como concertos Abel-Bach nos que se por vez primeira se tocaron moitas obras de Joseph Hayden en Inglaterra.
Unha das súas obras culminantes é a ópera Temistocles, unha ampla revisión do libreto de Metastasio, que se estreou o 5 de novembro de 1772 en Mannheim. Pero a finais desa década, a súa música perdeu popularidade e as dificultades económicas fixeron que se establecera nun arrabalde de Londres.[2]
Estilo e obra
[editar | editar a fonte]Johann Christian compuxo nun estilo galante, coa súa énfase na melodía e no acompañamento, incorporando frases musicais equilibradas, cun vocabulario harmónico reducido; nunha liña oposta ás intricadas liñas da música barroca. O seu estilo influenciou fortemente ao Mozart máis novo [3] Bach é autor de 13 óperas, case 50 sinfonías, 15 sinfonías concertantes, e arredor de 30 concertos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eric Siblin (2011) The Cello Suites: J. S. Bach, Pablo Casals, and the Search for a Baroque Masterpiece. Grove Press, p. 234
- ↑ Johann Christian Bach en Allmusic
- ↑ Giorgio Pestelli (1984) The Age of Mozart and Beethoven. Cambridge University Press, p. 40
- ↑ Michael Randel (1996) The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press, p. 36
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Christian Bach |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- J C Bach (classic.net)
- J C Bach (classicalarchives.com)
- J C Bach (pianosociety.com)
- "Gainsborough and Musia" por Brian Robins
- Sonatas para piano Op. 17, 1–6 no YouTube
- Cuarteto in B-flat major no YouTube
- Flute sonatas, W. B 10–15, edición de 1780 (Da Sibley Music Library Digital Scores Collection)