John Carpenter
John Howard Carpenter, nado en Carthage (Nova York) o 16 de xaneiro de 1948 é un director, guionista, produtor, montador e compositor estadounidense, habitualmente asociado aos xéneros do terror e a ciencia ficción.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpenter naceu no estado de Nova York, fillo de Milton Jean Carter e do profesor de música Howard Ralph Carpenter.[2] A súa familia mudouse a Bowling Green, Kentucky en 1953.[3] Dende novo foi cativado polos fimes, especialmente os westerns de Howard Hawks e John Ford, e mais polos filmes de terror de orzamento baixo da década de 1950.[4] Comezou a dirixir curtametraxes de terror en 8 mm antes de entrar no instituto.[5] Ingresou na escola de cinema da Universidade do Sur de California en 1968, mais abandonouna tras realizar o seu primeiro filme.[6]
Tras participar en varias curtametraxes realizando diferentes tarefas, dirixiu a comedia negra Dark Star (1974). Porén, Carpenter afirmou que considera que o seu primeiro filme realmente é Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976).[7] Dous anos despois dirixiu o grande éxito Halloween, ao que seguiron outros filmes como The Fog (1980) e 1997: Rescate en Nova York (1981).
Tralo fracaso da comedia Big Trouble in Little China (1986), Carpenter viuse obrigado a volver realizar filmes con pouco orzamento. Na década de 1990 continuou o seu declive comercial e tras Fantasmas de Marte (2001) iniciou un retiro que interrompeu coa estrea de The Ward en 2010.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Lost Themes (2015)
- Remix EP (2015)
- Lost Themes Remixed (16 de outubro de 2015)
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Dark Star (1974)
- Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976)
- Someone's Watching Me! (1978) (TV movie)
- Halloween (1978)
- Elvis (1979) (TV movie)
- The Fog (1980)
- 1997: Rescate en Nova York (1981)
- The Thing (1982)
- Christine (1983)
- Starman (1984)
- Big Trouble in Little China (1986)
- Prince of Darkness (1987)
- They Live (1988)
- Memoirs of an Invisible Man (1992)
- Body Bags (1993) (telefilme)
- In the Mouth of Madness (1994)
- Village of the Damned (1995)
- 2013: Rescate en L.A. (1996)
- Vampires (1998)
- Fantasmas de Marte (2001)
- The Ward (2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zinoman, Jason (24 de xuño de 2011). "A Lord of Fright Reclaims His Dark Domain". The New York Times.
- ↑ "John Carpenter Biography (1948–)". Film Reference.
- ↑ Kleber, John E., ed. (1992). The Kentucky Encyclopedia. Lexington, Kentucky: The University Press of Kentucky. ISBN 0-8131-1772-0.
- ↑ "John Carpenter". Sensesofcinema.com. Consultado o 7 de marzo de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2009. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ Goldwasser, Dan (9 de maio de 2012). "John Carpenter - Interview". Soundtrack.net. Consultado o 7 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Conrich, Ian; Woods, David eds (2004). The Cinema of John Carpenter: The Technique of Terror (Directors' Cuts). Wallflower Press. ISBN 1-904764-14-2.
- Hanson, Peter; Herman, Paul Robert eds. (2010). Tales from the Script (Paperback ed.). Nova York, NY: HarperCollins Inc. ISBN 978-0-06-185592-4.
- Muir, John Kenneth. The Films of John Carpenter, McFarland & Company, Inc. (2005). ISBN 0-7864-2269-6.