John Kuester
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1955 (69 anos) Richmond, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Benedictine High School (en) Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista , adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1977 - 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Sacramento Kings | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
John Dewitt Kuester, Jr., nado o 6 de febreiro de 1955 en Richmond, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na National Basketball Association (NBA) dende 1977 ata 1980, e logo comezou a súa etapa coma adestrador na NCAA, antes de ser adestrador asistente de varios equipos da NBA. O 9 de xullo de 2009 foi contratado coma adestrador principal dos Detroit Pistons, equipo ó que adestrou dúas tempadas.
Xogaba na posición de base e na universidade xogou para os North Carolina Tar Heels, dende 1973 ata 1977.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Xogador
[editar | editar a fonte]Kuester foi seleccionado na 53ª posición do Draft da NBA de 1977 polos Kansas City Kings. Alí xogou 78 partidos na tempada 1977-78, onde conseguiu 4.8 puntos, 3.2 asistencias e 1.5 rebotes por partido. Nas outras dúas tempadas coma xogar, estivo unha tempada nos Denver Nuggets e outra nos Indiana Pacers.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Kuester comezou a súa carreira coma adestrador na Universidade de Richmond, onde foi asistente de 1980 a 1981. De 1981 a 1983, foi asistente de Rick Pitino na Boston University, antes de ser o seu substituto en 1983. De 1985 a 1990, foi o adestrador principal da Universidade George Washington.
Despois da NCAA, deu o salto á NBA, onde estivo de adestrador asistente nos Boston Celtics, Philadelphia 76ers en dúas etapas diferentes, Detroit Pistons, New Jersey Nets, Orlando Magic e Cleveland Cavaliers, antes de conseguir o seu primeiro posto coma adestrador principal nos Detroit Pistons, na tempada 2009-10. O 5 de xuño de 2011, foi despedido do seu posto.[1]
O 29 de xuño de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Los Angeles Lakers.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pistons Fire Coach John Kuester". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas de John Kuester na NBA Arquivado 20 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil de John Kuester coma adestrador (en inglés)
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Kansas City Kings
- Xogadores dos Kansas City Kings
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Adestradores da NBA
- Adestradores asistentes dos Boston Celtics
- Adestradores asistentes dos Philadelphia 76ers
- Adestradores asistentes dos Detroit Pistons
- Adestradores asistentes dos New Jersey Nets
- Adestradores asistentes dos Orlando Magic
- Adestradores asistentes dos Cleveland Cavaliers
- Adestradores asistentes dos Los Angeles Lakers
- Adestradores dos Detroit Pistons
- Nados en Richmond, Virxinia
- Nados en 1955