Jordi Cuixart
Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015[1] até o 26 de febreiro de 2022.[2] No xuízo aos líderes do proceso independentista catalán foi condenado polo Tribunal Supremo de España, en outubro de 2019, a 9 anos de cadea e de inhabilitación polo delito de sedición,[3] sendo indultado en 2021 polo goberno español.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Santa Perpètua de Mogoda en 1975, fillo dunha carniceira murciana e dun mecánico catalán, é o pequeno de tres fillos. Alí viviu até os 30 anos. Entrou en contacto co catalanismo dende pequeno, en parte grazas ás visitas á librería que o seu tío tiña en Santa Perpètua e ás tertulias que este organizaba en casa.[5] Durante a súa mocidade foi monitor de tempo libre e participou en diversas actividades de activismo pola lingua catalá. De adolescente, estudou formación profesional de mecánica no Instituto Escola Industrial de Sabadell.[6]
Etapa empresarial
[editar | editar a fonte]Cuixart comezou a traballar con 16 anos varrendo un taller, nunha fábrica de materiais de embalaxe e finalmente comezou a colaborar no proceso de deseño de maquinaria con Autocad. Aprendeu inglés e francés de maneira autodidacta.[5] Posteriormente, converteuse en comercial doutra empresa do sector. Opúxose a facer o servizo militar obrigatorio[6] e en 1996 fíxose socio de Òmnium Cultural, de Amnistía Internacional e das escolas Bressoles.[7]
Con 26 anos, converteuse en xerente doutra empresa do sector, e dous anos despois solicitou ser accionista. Ao non ser aceptada a súa proposta, decidiu crear a súa propia empresa.[5] No ano 2003, fundou Aranow, empresa de maquinaria para fabricar embalaxe flexible, da cal é o presidente.[8] Dende esta empresa entrou en contacto co "Centre Metal·lúrgic" e posteriormente converteuse en patrón fundador da fundación privada de empresarios FemCAT.[5]
Òmnium Cultural
[editar | editar a fonte]De FemCAT, en 2010 fixo o salto á xunta de Òmnium Cultural, onde accedeu a ocupar o cargo de tesoureiro e posteriormente de vicepresidente na xunta de Muriel Casals. Un dos obxectivos deste equipo era levar a cabo novos proxectos de cohesión social e chegar aos 50.000 socios.[9][10] Durante a súa etapa como tesoureiro, Òmnium renunciou ás subencións da Generalitat de Cataluña.[11]
En 2015, cando Muriel Casals deixou a presidencia para incorporarse á candidatura de Junts pel Sí, Quim Torra asumiu temporalmente a presidencia de forma interina, até que se convocaron novas eleccións.[1][12] Jordi Cuixart encabezou entón a candidatura única "Òmnium: compromís amb el demà", coa cal recibiu un amplo apoio dos socios da organización, cun total de 5.450 votos sobre un total de 5.719. Foi nomeado presidente de Òmnium Cultural o 19 de decembro de 2015. A súa xunta estaba formada por Marina Llansana (vicepresidencia primeira), Joan Vallvé (vicepresidencia segunda), Jordi Bosch (secretaría) e Eulàlia Solé, Elena Jiménez, Sergi Rovira, Montserrat Gimeno, Ismael Peña-López, Jordi Ferré e David Basora como voceiros, que xa formaban parte da anterior xunta, e incoporáronse: Lluís Duran, Marina Gay, Carme Laura-Gil, Roser Sebastià, Clàudia Pujol, Marta Garsaball, Blanca de Llobet e Òscar Gimeno.[13] O seu programa como presidente centrouse en ampliar a maioría social soberanista, mantendo un programa onde a lingua e a cultura catalás vertebrasen a cohesión social.[13] Dende Òmnium impulsou, entre outras, a campaña Lluites compartides, coa que quería reconstruír a memoria histórica compartida dos procesos de mobilización social que, en diferentes eidos e momentos do tempo, foron decisivos para conformar o que hoxe é Cataluña.[14][15] Tamén se converteu nunha das facianas máis visibles do movemento independentista catalán,[16] chamando á participación no referendo do 1 de outubro de 2017.
Coincidindo co seu encarceramento, Òmnium Cultural aumentou a masa social até os 190 000 socios.[17]
O 14 de xaneiro de 2022, anunciou que non se presentaría á reelección para a presidencia de Òmnium Cultural.[18] O día 26 de febreiro de 2022 foi relevado na presidencia de Òmnium por Xavier Antich, escollido polos socios como novo presidente da entidade.[19]
Prisión preventiva
[editar | editar a fonte]En setembro de 2017, Cuixart foi acusado de sedición polo Ministerio Fiscal de España, como consecuencia das concentracións de protesta no transcurso da Operación Anubis. Segundo a interlocutoria, a Fiscalía acusouno a el e a Jordi Sànchez, como representantes de Òmnium Cultural e da Assemblea Nacional Catalana respectivamente, de organizar convocatorias para "protexer" os seus gobernantes e para "deter a Gardia Civil", diante das consellerías de Economía, de Exteriores, Gobernación, e diante da sede do PSC e da CUP, así como doutros operativos en Bigues i Riells del Fai, en Sabadell e en Les Franqueses del Vallès. A interlocutoria destacou especialmente o seu rol durante a concentración diante de Economía, mencionando estragos en dous coches da Garda Civil e como os voluntarios destas organizacións impediron a actuación policial.[20]
Por estes motivos, Carmen Lamela, maxistrada do Xulgado Central de Instrución número 3, decretou prisión preventiva sen fianza o 16 de outubro do mesmo ano. A interlocutoria argumentaba a prisión preventiva para evitar o risco de fuga, de reiteración delictiva e de obstrución da xustiza penal.[21][22] A interlocutoria[23] foi duramente criticada[24][25] e diversos medios publicaron probas que contradicen partes do texto da decisión xudicial.[26][27] Marcel Mauri, vicepresidente de Òmnium, asumiu as súas funcións na organización.
O mesmo Presidente da Generalitat de Cataluña, entre outras personalidades, así como asociacións integrantes da Taula per la Democràcia e a Alianza Libre Europea consideraron que tanto Cuixart como Jordi Sànchez son presos políticos.[28][29][30] Amnistía Internacional pediu a posta en liberdade inmediata.[31]
Dende o seu encarceramento, realizáronse centenares de actos de apoio en toda Cataluña. O 19 de outubro, organizouse unha concentración con candeas na Avinguda Diagonal de Barcelona pedindo a súa liberación, onde asistiron 200.000 persoas segundo a Guàrdia Urbana.[32] Poucos días despois, o sábado 21, organizouse unha nova manifestación, desta volta no Passeig de Gràcia, onde segundo a Guàrdia Urbana se xuntaron máis de 450.000 persoas pedindo a súa liberdade e a de Jordi Sànchez.[33] O sábado 11 de novembro de 2017 organizouse unha nova manifestación á que asistiron 750 000 persoas, segundo a Guàrdia Urbana.[34] Esta manifestación pola liberdade dos presos políticos. Dende entón realizáronse ducias de actos en todo o territorio catalán pedindo a liberdade do conxunto de presos políticos relacionados co proceso independentista catalán. O 24 de novembro de 2017, o xuíz Pablo Llarena ditou un acto polo cal, despois de solicitar informa da xuíza Lamela, acumulaba a instrución contra os principais líderes independentistas, incluíndo Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.[35][36][37]
Meses despois, en xullo de 2018, foi trasladado da Prisión de Soto del Real ao Centro Penitenciario Lledoners.[38] Dende entón realizáronse diversas concentracións ás portas do centro para apoiar a Cuixart e ao resto de persoas en prisión preventiva.
No cárcere, comezou a practicar cerámica, ioga e meditación.[39] O 16 de xuño de 2018, foi reelixido presidente de Òmnium. Recibiu 28 151 votos dos 28 183 sufraxios emitidos na asemblea da entidade.[40] En agosto do mesmo ano, foi nomeado presidente da Federación Llull, entidade integrada por Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià e Obra Cultural Balear.[41]
En novembro de 2018, a Organización Mundial Contra a Tortura reclamou que fose liberado.[42]
Dende o cárcere escribiu o libro "Ho tornarem a fer", sobre a loita non violenta como instrumento de defensa dos Dereitos Humanos, "Aprenentatges i una proposta", sobre as adrendizaxes que sacou dos últimos anos,[43] e xunto coa xornalista Gemma Nierga, "Tres dies a la presó: Un diàleg sense murs", onde falou sobre como viviu o encarceramento. Tamén traballou nos libros infantís “Un bosc ple d’amor” e “El polsim màgic”. No cárcere recibiu visitas de activistas como Nora Morales de Cortiñas, Can Dündar,[44] Ai Weiwei,[45] Jody Williams[46] ou Adolfo Pérez Esquivel.[47]
Front Line Defenders recoñeceu oficialmente a Cuixart como defensor dos dereitos humanos. O seu caso foi denunciado perante o Consello de Europa e a Plataforma de Dublín, o encontro dos defensores de dereitos humanos máis importante do mundo. O 29 de maio de 2019, o Grupo de Traballo sobre a Detención Arbitraria das Nacións Unidas reclamou a súa liberdade immediata.[48] En marzo de 2021, un informe da relatora xeral de dereitos humanos do Consello de Europa sinalou o encarceramento de Jordi Cuixart como un caso de "represalia e intimidación" contra os defensores dos dereitos humanos en Europa.[49]
Xuízo e condena
[editar | editar a fonte]O 1 de febreiro de 2019, foi trasladado á prisión madrileña de Soto del Real nun autocar da Garda Civil para asistir ao seu xuízo, que comezou o 12 de febreiro de 2019.[50] En diversas entrevistas, Cuixart declarou que usaría o xuízo para acusar o Estado, argumentando "que o Estado decidiu usar a xustiza penal para desactivar os seus adversarios, neste caso os independentistas".[51][52] Durante a declaración no xuízo dixo que a súa prioridade non era saír do cárcere senón denunciar o ataque ás liberdades e defender o dereito á autodeterminación e dixo que todo o que fixera volveríao facer.[53]
O xuízo acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza que impoñía penas á maioría dos procesados, e a Cuixart, 9 anos de prisión e de inhabilitación por sedición.[3] O 14 de novembro de 2019, Amnistía Internacional denunciou que a sentenza criminalizaba o dereito a protesta e volveu pedir a súa liberdade.
A partir de febreiro de 2020, comezou a accedir a permisos penitenciarios. En virtude do artigo 100.2 do regulamento penitenciario, puido saír para ir a traballar á fábrica da súa empresa Aranow en Sentmenat durante o día,[54] mais volvendo ao cárcere para durmir. O 17 de xullo de 2020, as prisións concederon o terceiro grao penitenciario aos condenados, e ao cabo de once días, o xulgado de vixilancia penitenciaria suspendenuno.[55] Medio ano máis tarde, en xaneiro de 2021, volveu a condecelo e o xuíz volveu a suspendelo.[56]
En xaneiro de 2021, 50 defensores dos dereitos humanos como Yoko Ono, Irvine Welsh ou Dilma Rousseff, e premios Nobel da paz como Shirin Ebadi, Adolfo Pérez Esquivel, Jody Williams, Mairead Corrigan ou Elfriede Jelinek asinaron o manifesto Dialogue for Catalonia, que pide diálogo entre Cataluña e España e o fin da represión para avanzar na resolución política do conflito.
O 8 de xuño de 2021, o Tribunal Constitucional rexeitou o recurso de protección de Jordi Cuixart, e esgotou a vía interna para recorrer a sentenza do Tribunal Supremo. O 9 de xuño de 2021, Jordi Cuixart presentou un recurso en catalán ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) contra a sentenza do Tribunal Supremo.[57] O 20 de decembro, o TEDH comunicoulle que recibiu o recurso.[58]
O 23 de xuño de 2021 recibiu o indulto por parte do Goberno de Pedro Sánchez.[59] En maio de 2021, o Tribunal Supremo pediulle un posicionamento sobre o indulto para preparar o informe sobre os indultos para o goberno español. Respondeu que non pedira ningunha clase de graza porque todo o que fixo volveríao facer, e reclamou unha amnistía.[60]
Vida privada
[editar | editar a fonte]É socio de diversas entidades e/ou proxectos, como Amnistía Internacional, o Casal Can Capablanca de Sabadell, Som Energia ou a cooperativa Coop 57.[11][12][61] Viviu entre Santa Perpètua, Sabadell e o barrio de Gràcia de Barcelona.[15] Durante a prisión preventiva tivo o seu segundo fillo biolóxico, e é pai de dous fillos máis dunha relación anterior.
Obras
[editar | editar a fonte]- Tres dies a la presó, coa xornalista Gemma Nierga (Rosa dels Vents, 2019)
- Ho tornarem a fer (Ara Llibres, 2019)
- Un bosc ple d'amor (Estrella Polar, 2019)[62]
- El Polsim màgic (Comanegra, 2020)[63]
- Aprenentatges i una proposta (Ara Llibres, 2021)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Texto, en Hem votat! Cartells, pancartes, murals i banderes de l'1-O (2017)
- Texto, prólogo de Després del procés, què? Reflexions de la generació que ve (Pagès editors, 2019)[64]
- «Epíleg», epílogo de Jo acuso. La defensa en judicis polítics (Pagès editors, 2019)[65]
- Texto, epílogo de A favor nostre (Godall, 2019)[66]
- Texto, epílogo de I ara què? Carta de navegació per la Catalunya de després del procés (Pagès editors, 2019)[67]
- Texto, prólogo de L'obligació moral de desobeir (Arcàdia, 2019)
- «Nascuts per ser lliures i no soldats», epíleg d'Insubmissió! Quan joves desarmats van derrotar un exèrcit (Sembra Llibres, 2019)[68]
- «Les maletes», prólogo de Privilegi a l'altra banda del riu (Destino, 2019)[69]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Òmnium Cultural, ed. (19 de decembro de 2015). "Jordi Cuixart és proclamat nou president d'Òmnium".
- ↑ La Vanguardia, ed. (26 de febreiro de 2022). "Xavier Antich asume la presidencia de Òmnium llamando a “revisar” la estrategia independentista" (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Camps, Josep Maria (14 de outubro de 2019). "Penes d'entre 13 i 9 anys de presó per al govern de l'1-O, la presidenta del Parlament i els presidents d'Òmnium i ANC". 324.cat. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Sánchez da luz verde a los indultos para restablecer la concordia y la convivencia". La Vanguardia (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Vila, Enric (9 de xullo de 2017). Elnacional.cat, ed. "Jordi Cuixart, el self made man català". Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 Picazo, Sergi. "Entrevista a Jordi Cuixart, president d'Òmnium Cultural". Crític.
- ↑ EP (19 de decembro de 2015). "Jordi Cuixart, nou president d'Òmnium Cultural". El País.
- ↑ Font Manté, Àlex (3 de febreiro de 2014). "Jordi Cuixart: "Ens falta un gran conglomerat industrial"". Ara.cat.
- ↑ Orriols, Núria (19 de decembro de 2015). "Jordi Cuixart, un empresari fet a si mateix que arriba al capdavant d'Òmnium". Ara.cat.
- ↑ 324cat. "Muriel Casals, escollida nova presidenta d'Òmnium Cultural en substitució de Jordi Porta". CCMA.
- ↑ 11,0 11,1 Barrena, Xabi (17 de outubro de 2017). El Periódico de Catalunya, ed. "Jordi Cuixart: l'"indepe" atípic". Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ 12,0 12,1 Orriols, Núria (19 de decembro de 2015). ara.cat, ed. "Jordi Cuixart, un empresari fet a si mateix que arriba al capdavant d'Òmnium". Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ 13,0 13,1 "Jordi Cuixart, proclamat nou president d'Òmnium". Consultado o 28 de outubro de 2018.
- ↑ Muñoz, Jordi (25 de novembro de 2017). "Una tardor de lluites compartides". Nació Digital. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2022. Consultado o 11 de abril de 2022.
- ↑ 15,0 15,1 Barrena, Xabi (17 de outubro de 2017). "Jordi Cuixart: el 'indepe' atípico". El Periódico de Catalunya (en castelán).
- ↑ "Jordi Cuixart i Navarro | enciclopèdia.cat". Consultado o 28 de outubro de 2018.
- ↑ Ara.cat (ed.). "Òmnium proposa una "fàbrica de continguts audiovisuals" per desencotillar l'ús del català". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ RAC1 (ed.). "Jordi Cuixart deixa de ser president d’Òmnium: “No plego com a activista”". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ El Món, ed. (26 de febreiro de 2022). "Xavier Antich, nou president d’Òmnium: “Sabem on volem anar i què cal fer”". Consultado o 3 de marzo de 2022.
- ↑ "Sànchez i Cuixart, acusats per l'estat espanyol en una gran causa per sedició". Consultado o 23 de setembro de 2017.
- ↑ 324.cat (ed.). "Presó sense fiança per als presidents de l'ANC i Òmnium, Jordi Sànchez i Jordi Cuixart". Consultado o 16 de outubro de 2017.
- ↑ Serra, Ot (16 de outubro de 2017). "L'Audiència decreta presó sense fiança per a Sànchez i Cuixart". Ara.cat.
- ↑ "Interlocutòria" (PDF) (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ "Onada de reaccions en contra de la presó incondicional de Sànchez i Cuixart: "No esteu sols. Us volem a casa"". Ara. Consultado o 17 de outubro de 2017.
- ↑ "Abogados catalanes creen que la jueza se ha inventado un tipo delictivo para encarcelar a Sànchez y Cuixart". El Diario. Consultado o 17 de outubro de 2017.
- ↑ "Un vídeo muestra cómo Cuixart y Sànchez intentaron disolver la manifestación de Economia". La Vanguardia. Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ Pozas, Alberto «El juez del Supremo llama a declarar como imputada a Carme Forcadell y el resto de la Mesa del Parlament este jueves y viernes» (en es-es). , 31-10-2017 [Consulta: 13 de novembro de 2017].
- ↑ "“We have political prisoners again,” says Catalan president". CatalanNews. Consultado o 17 de outubro de 2017.
- ↑ "El Síndic veu l'empresonament de Sànchez i Cuixart "contrari als drets i les llibertats" dels tractats internacionals". La Vanguardia.
- ↑ "EU's latest political prisonners". European Free Alliance. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017.
- ↑ "SPAIN: CHARGES FOR SEDITION AND PRE-TRIAL DETENTION AGAINST JORDI CUIXART AND JORDI SANCHEZ ARE EXCESSIVE". Amnesty International. Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ "200.000 persones, segons la Guàrdia Urbana, omplen d'espelmes la Diagonal contra l'empresonament de Sànchez i Cuixart". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Barcelona crida per la llibertat dels presos i de les institucions". Ara.cat.
- ↑ Europa Press (11 de novembro de 2017). "Unos 750.000 manifestantes en Barcelona según la Guardia Urbana". eldia.es (en castelán).
- ↑ Pérez, Reyes Rincón, Fernando J. «La juez Lamela facilita la posible excarcelación de los ‘exconsellers'» (en es). , 22-11-2017 [Consulta: 24 de novembro de 2017].
- ↑ Rincón, Reyes «El Supremo acumula todas las causas contra el independentismo por rebelión» (en es). , 24-11-2017 [Consulta: 24 de novembro de 2017].
- ↑ Rincón, Reyes «Junqueras, Forn y ‘los Jordis' seguirán en prisión provisional sin fianza» (en es). , 4 diciembre 2017 [Consulta: 4 de decembro de 2017].
- ↑ "Jordi Cuixart: «Ens vam desgastar amb batusses estèrils i vull pensar que hem après la lliçó»". NacióDigital.
- ↑ Vera, Esther (30 de setembro de 2018). "Jordi Cuixart: “Avui al PSOE li fem nosa a la presó”". Ara.cat.
- ↑ Redacció. "Jordi Cuixart, reelegit president d'Òmnium - 16 juny 2018". El Punt Avui.
- ↑ Administrator. "La Federació Llull nomena Jordi Cuixart com a nou president". Acció Cultural del País Valencià - ACPV. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 11 de abril de 2022.
- ↑ Solé Altimira, Oriol (23 de novembro de 2018). "La Organización Mundial contra la Tortura reclama la puesta en libertad de Sànchez y Cuixart". eldiario.es. Consultado o 13 de febreiro de 2019.
- ↑ Vilaweb (ed.). "La proposta de Cuixart: un nou referèndum i més gent disposada a anar a la presó per defensar-lo". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Eldiario.es (ed.). "El periodista y disidente turco Can Dündar compara a España con Turquía por el encarcelamiento de Cuixart" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vilaweb (ed.). "L’artista Ai Weiwei visita Jordi Cuixart als Lledoners". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ La Vanguardia (ed.). "Nobel de la paz Williams sobre el procés: En España hay un conflicto político" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ TV3 (ed.). "Adolfo Pérez Esquivel: "Això ni comença ni acaba amb els indults. Són un pas"". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ "ODS HOME PAGE". Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ La Vanguardia (ed.). "El Consejo de Europa considera que Jordi Cuixart sufre "represalias e intimidación"" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Congostrina, Alfonso L. (2 de febreiro de 2019). "La Guardia Civil traslada a los presos del ‘procés' a cárceles de Madrid". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582.
- ↑ Altimira, Oriol Solé. "La estrategia de Cuixart ante el Supremo: "El juicio será una expresión de lucha por la democracia"" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2019.
- ↑ TV3, ed. (12 de xuño de 2019). "Al·legat de Jordi Cuixart al judici contra el procés independentista català". Consultado o 14 de xuño de 2019.
- ↑ TV3 (ed.). "Cuixart: "La prioritat no és sortir de la presó, sinó denunciar l'atac a les llibertats"". Consultado o 14de xaneiro de 2022.
- ↑ "[VÍDEO] Emocionant rebuda a Jordi Cuixart dels treballadors de la seva fàbrica a Sentmenat". Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ Nació Digital (ed.). "La jutge suspèn el tercer grau dels presos polítics". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ TV3 (ed.). "Tomben el tercer grau als líders independentistes de Lledoners". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Eldiario.es (ed.). "Jordi Cuixart, primer preso del procés que recurre ante el Tribunal Europeo de Derechos Humanos" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Europa Press (ed.). "El TEDH recibe el recurso de Cuixart contra la sentencia del 1-O" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vilaweb (ed.). "El govern d’Espanya fa oficials els indults als presos polítics". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ ElPunt Avui (ed.). "Cuixart rebutja l’indult per la condemna de l’1-O: “No acceptarem cap humiliació”". Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ Cuixart, Jordi (17 de decembro de 2015). Ara, ed. "La renovació d'Òmnium".
- ↑ Regió7.cat, ed. (6 de novembro de 2019). "Jordi Cuixart reivindica els drets i les llibertats en el conte infantil «Un bosc ple d'amor»". Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ Vilaweb, ed. (27 de novembro de 2020). "Cuixart publica 'El polsim màgic', un conte infantil que reivindica la democràcia, els drets i les llibertats". Consultado o 29 de novembro de 2020.
- ↑ PagèsEditors.cat (ed.). "Després del procés, què?". Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ Morales, Aida (25 de febreiro de 2019). NacióDigital.cat, ed. "L'epíleg de «Jo acuso», on Cuixart avança la seva estratègia al judici de l'1-O". Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ Omnium.cat (ed.). "A favor nostre". Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ PagèsEditors.cat (ed.). "I ara què?". Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ ElCrític.cat, ed. (10 de outubro de 2019). "Nascuts per ser lliures i no soldats". Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ Grup62.cat (ed.). "Privilegi a l'altra banda del riu". Consultado o 9 de xaneiro de 2020.