José Manuel Pita Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1922 A Coruña, España |
Morte | 7 de setembro de 2009 (86 anos) Granada, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid (1950–1990) |
Ocupación | escritor, historiador, historiador da arte |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
José Manuel Pita Andrade, nado na Coruña o 1 de novembro de 1922 e finado en Granada o 7 de setembro de 2009,[1] foi un historiador da arte galego, caracterizado polo seu labor dentro da museografía. Así mesmo, foi o primeiro director do Museo do Prado nomeado na Transición española, de 1978 a 1981.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid doutorándose en Historia da Arte en 1947. Cursou estudos de posgraduado na Universidade de Nova York.
Foi catedrático nas universidades de Oviedo (1960), Granada (1961-1978) e Complutense de Madrid (1978-1987) na que se xubilou.
Amais do seu labor no Museo do Prado, durante uns anos foi conservador das coleccións de arte da Casa de Alba e do acabado de fundar Museo Thyssen-Bornemisza, cuxo catálogo xeral supervisou.
Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, desde 1984 (na que ingresou co discurso Dominico Greco y sus obras a lo largo de los siglos XVII y XVIII), e da Real Academia de la Historia, desde 1989 (na que ingresou co discurso Goya y sus primeras visiones de la historia), membro correspondente e académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e académico de honra da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada.
Foi membro da Hispanic Society of America e recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 1989.
Obras
[editar | editar a fonte]- Dominico Greco y sus obras a lo largo de los siglos XVII y XVIII, Madrid, discurso de ingreso na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 1984.
- El Greco, Milán, Mondadori, 1986. Coa colaboración de José Álvarez Lopera.
- Goya. Vida, obra y sueños, Madrid, Sílex, 1989.
- Goya y sus primeras visiones de la historia, Madrid, discurso de ingreso na Real Academia de la Historia, 1989.
- La construcción de la catedral de Orense, Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, CSIC, e Madrid, Facultad de Filosofía y Letras, Universidad Complutense, 1954.
- Luces y sombras en la pintura granadina del siglo de oro, Granada, discurso de recepción como académico honorario na Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias, 2000.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francisco Calvo Serraller (8-9-2009). El País, ed. "Muere José Manuel Pita Andrade" (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo «PITA ANDRADE, José Manuel» da Gran Enciclopedia Galega.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Voz «Pita Andrade, José Manuel» na Enciclopedia del Museo del Prado.
Predecesor: Xavier de Salas Bosch |
Director do Museo do Prado 1978 – 1981 |
Sucesor: Federico Sopeña Ibáñez |
- Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
- Académicos da Real Academia da Historia
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Críticos da arte
- Directores do Museo do Prado
- Ensaístas
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Hispanistas
- Historiadores da arte de Galicia
- Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
- Nados na Coruña
- Nados en 1922
- Finados en 2009
- Membros correspondentes da Real Academia Galega