Saltar ao contido

Josefina Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosefina Molina

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Josefina Editar o valor en Wikidata
14 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, directora de cinema, realizadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Premios

IMDB: nm0596712 Allocine: 11940 Allmovie: p198559 BNE: XX970156 Editar o valor en Wikidata

Josefina Molina Reig, nada en Córdoba, o 14 de novembro de 1936, é unha directora de cinema, guionista, realizadora de televisión, novelista e directora de escena española. Foi pioneira do cinema rodado por españolas e dirixiu longametraxes como Función de noche (1981) e Esquilache (1988), ou a serie de televisión Teresa de Jesús (1984).[1] En 2006 cofundou a Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais (CIMA), da que é presidenta de honra.

En 2019 foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Molina naceu nunha familia de clase media; o seu pai era un tendeiro cordobés que comerciaba con calzado e produtos de drogaría, e a súa nai unha catalá dedicada aos labores do fogar e ao coidadeo dos seus fillos. Grazas á boa traxectoria do negocio familiar e a pesar de nacer na posguerra, non sufriu privacións, polo que puido asistir a colexios de prestixio como os Irmáns de La Salle (en que recibiu as súas primeira letras e aprendeu os rudimentos das matemáticas) e o das Escolapias de Santa Vitoria, onde cursou os estudos secundarios.[1] Terminou a escola en 1969 e aproveitou a posibilidade de acceder ao bacharelato para sacar o máximo partido á educación que por empeño fundamentalmente da súa nai estaban a proporcionarlle os seus proxenitores.[1]

Os seus primeiros contactos co mundo do cinema tiveron lugar nas salas de exhibición da súa cidade natal, ás que adoitaban levala os seus pais os domingos pola tarde. Tamén apreciaba a lectura e aos trece anos a riqueza narrativa dos Episodios nacionales de Benito Pérez Galdós influíu na súa vocación narradora e na súa tendencia ao realismo. Aos quince anos, cando viu o filme Le Fleuve de Jean Renoir, espertou nela o interese por contar historias a través do cinema.[3]

Sa en plena mocidade, sumouse a varios grupos de creadores e intelectuais cordobeses con inquedanzas artísticas. Foi asidua ás proxeccións e aos debates do Cineclub Senda e do cineclub do Círculo de la Amistad e frecuentou tamén o Círculo Juan XXIII, integrado por mozos progresistas, dentro do que fundou o colectivo dramático Teatro Ensayo Medea. Con espírito feminista, realizou o seu primeiro traballo como directora teatral á fronte deste colectivo, poñendo en escena Casa de Bonecas, do dramaturgo noruegués Henrik Ibsen, no Salón Liceo do Círculo de la Amistad. A obra resultou un fracaso polas malas condicións do local e pola mensaxe do autor para o público da época.[1]

A pesar diso, Molina seguiu adiante e logrou estrear outras catro montaxes e simultaneamente contactar con diferentes figuras locais do mundo do espectáculo e dos medios de comunicación. Así, a partir de 1962 comezou a colaborar asiduamente no programa radiofónico Vida de espectáculos, emitido por Radio Vida, cunha sección de grande éxito titulada "La mujer y el cine".[1]

Estudou Ciencias Políticas e en 1962 fundou o Teatro de Ensaio Medea na súa cidade natal, onde dirixiu varias montaxes. En 1969 converteuse na primeira muller que obtivo o título de directora/realizadora na Escola Oficial de Cine. Nesa época rodou numerosos espazos dramáticos para Televisión Española (Estudio 1, Hora once, Teatro de siempre etc.).

Encargáronlle unha adaptación da Metamorfose, de Kafka, da que dixo que era "unha lea que non quería facer ninguén, mais eu tomeino tan en serie que acabaron por dicirme: traballou moito a pobre, haberá que facer algo con ela. Vós non sabedes o insoportable que é ese paternalismo".[4]

Adaptou e dirixiu diversas montaxes como Motín de Brujas de Josep Maria Benet, No puede ser el guardar una mujer de Agustín Moreto, Cartas de amor de A. R. Gurney e La Lozana Andaluza, adaptación de Rafael Alberti.[5] Logrou tamén un grande éxito coa montaxe Cinco horas con Mario, monólogo de Miguel Delibes representado durante décadas e interpretado por Lola Herrera e despois por Natalia Millán. En 1990 dirixiu Los últimos días de Emmanuel Kant, de Alfonso Sastre.

As súas series de televisión máis salientables foron El camino (1978), Teresa de Jesús (1984), que narra a vida de Tareixa de Ávila, interpretada por Concha Velasco, e Entre naranjos, adaptación da novela de Vicente Blasco Ibáñez (1998).

A súa primeira longametraxe, Vera, un cuento cruel, de xénero fantástico, estreouse en 1973, e en 1981 destacou con Función de noche, filme sobre a vida en común dun matrimonio separado, en que Lola Herrera e Daniel Dicenta se interpretaban a eles mesmos. En 1989 estreou o drama histórico Esquilache, baseado ma obra de Antonio Buero Vallejo Un soñador para un pueblo, con actores como Fernando Fernán Gómez, Adolfo Marsillach e Concha Velasco. Lo más natural (1990), protagonizada por Charo López e Miguel Bosé, e La Lola se va a los puertos (1993) coa cantante Rocío Jurado, foron as súas últimas incursións cinematográficas.[6] O produtor máis representativo da súa traxectoria foi José Sámano (Sabre Producciones).

En 2006 fundou a Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais (CIMA) xunto a outras cineastas como Inés París, Chus Gutiérrez, Icíar Bollaín e Isabel Coixet, e mantívose como presidenta de honra.

A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España concedeulle o premio Goya de honra do 2012,[7] que recibiu antes da cerimonia de entrega dos premios.[8]

En 2012 foi nomeada Filla Predilecta de Andalucía.[9]

Cando decidiu non facer máis filmes, Molina púxose a escribir "porque se non ía aburrirme moito". A súa primeira novela foi Cuestión de azar, "a historia da miña xeración en Andalucía, como se educaban as nenas e como me educaron a min". A esta seguiulle En el umbral de la hoguera sobre Tareixa de Ávila. Tras un libro por encarga, Los papeles de Bécquer, e unha autobiografía, Sentada en un rincón, púxose a escribir "un libro que non rematarei".[10] Tamén escribiu o prólogo do libro Ana Mariscal, una cineasta Pionera, escrito por Victoria Fonseca.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 MCNBiografias.com. "Molina Reig, Josefina (1936-VVVV). » MCNBiografias.com". www.mcnbiografias.com. Consultado o 1 de marzo de 2016. 
  2. Europa Press (30 de agosto de 2019). "Josefina Molina, Premio Nacional de Cinematografía". europapress.es. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  3. Ya Veremos M80 Radio (10 de setembro de 2015). "Josefina Molina: la primera directora de cine en España". YouTube. Consultado o 2 de marzo de 2016. 
  4. "Josefina Molina: ser mujer y hacer películas...". EL PAÍS. 18 de maio de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  5. "Josefina Molina". Cinco Horas Con Mario. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  6. Borau, José Luis, dir. (1998) Diccionario del cine español. Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.
  7. Josefina Molina, Goya de Honor 2011 RTVE.es
  8. "Josefina Molina recibe el Goya de Honor 2012". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  9. ABC. "Josefina Molina verá reconocida su carrera en el Festival de Cine Europeo de Sevilla 2013". abcdesevilla.es. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  10. Ediciones El País (18 de maio de 2015). "Josefina Molina: ser mujer y hacer películas...". EL PAÍS. Consultado o 7 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]