Kathleen March
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1949 (75 anos) Rochester, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Estado de Nova York en Buffalo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, lingüista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Luis Martul Tobío |
Kathleen Nora March (asina como Kathleen N. March), nada en Rochester (Nova York) o 20 de outubro de 1949, é unha filóloga estadounidense. Experta en estudos hispanos, latinoamericanos e portugueses, ten afondado e manifestado o seu interese pola literatura galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É doutora en Español, catedrática emérita da Universidade de Maine e directora do Centro de Estudos Galegos de dita universidade. Segundo ela mesma, a lectura e análise de La hija del mar, de Rosalía de Castro, inspirouna para estudar dende 1988 a converxencia entre a literatura, o feminismo e o nacionalismo en Galiza. As súas traducións de obras de Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo e a xa mencionada Rosalía[2] contribuíron á difusión da literatura galega no ámbito anglosaxón.
Na década de 1980 fundou a Galician Studies Association, actualmente coñecida como a Asociación Internacional de Estudos Galegos,[3] da que foi a súa primeira presidenta. Esta entidade revelouse como un importante medio para impulsar os estudos galegos, inicialmente na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.
March publicou numerosos artigos sobre a literatura feminina galega e latinoamericana. En 2002 doutorouse en Creación Literaria pola Universidade de Maine. En 2015 recibiu o Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.[4] En abril de 2021 obtivo a I Bolsa en Residencia Xacobeo para tradutores en lingua galega, convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia coa colaboración da Residencia Literaria 1863 da Coruña, proxecto impulsado pola escritora Yolanda Castaño. Nestas instalacións do centro histórico da cidade levou a cabo durante o mes de maio o seu traballo, as traducións ao inglés de Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo, e de Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira.
O 17 de decembro de 2022 foi nomeada membro de honra da Real Academia Galega.[5] Tomou posesión como académica de honra o 23 de setembro de 2023 no regreso da institución ao Balneario de Mondariz.[6]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Traducións
[editar | editar a fonte]- Sobre o Poder e a Ideoloxía, de Noam Chomsky, 1992, Laiovento.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro, 1986.
- Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- De musa a literata: el feminismo en la obra de Rosalía de Castro, 1991.
Obra en inglés
[editar | editar a fonte]Traducións
[editar | editar a fonte]- Festa da Palabra. An Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, American University Studies.
- An Anthology of Galician Short Stories. Así vai o conto, 1991, The Edwin Mellen Press.
- The World Around Us / Circling (Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo; Peter Lang Press, 1995 / Noitarega, 2007)
- Folks from here and there (Xentes de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro; Small Stations Press, 2011).
- Tender Tigers (Tigres de ternura, de Claudio Rodríguez Fer; Editorial Toxosoutos, 2012)
- Rosalía’s Revolution in New York (Revolución rosaliana en Nova York, de Claudio Rodríguez Fer; A Tola Soñando, 2014)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Buffalo con Luis Martul Tobío o 19 de abril de 1979, é nai de Kimberleigh Adriana Martul-March.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kathleen N. March". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ "Kathleen N. March: «Rosalía era moi galega, feminista e universal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-03-05. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ "Asociación Internacional de Estudos Galegos – Un lugar de encontro para amantes de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ "Premios da Cultura Galega 2015 Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ "A Real Academia Galega nomea a Kathleen March membro de honra". Real Academia Galega. Consultado o 2022-12-18.
- ↑ "Kathleen March entra o 23 de setembro na RAG como académica de honra no regreso da institución ao Balneario de Mondariz". Real Academia Galega. 2023-09-14. Consultado o 2023-09-15.
- ↑ Cronoloxía de Kathleen Nora March
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "March, Kathleen Nora". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, Francisco (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 260. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Kathleen March". University of Maine.
- "Kathleen March, Professor of Spanish". Web persoal. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2022. Consultado o 12 de decembro de 2022.