Saltar ao contido

Kim Il-sung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGreat Leader (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Kim Il-sung

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko-kp) 김일성 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ko) 김성주 Editar o valor en Wikidata
15 de abril de 1912 Editar o valor en Wikidata
Man'gyŏngdae-guyŏk (Coreia sob domínio japonês) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 1994 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Pyongyang, Corea do Norte Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPalácio do Sol de Kumsusan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Corea do Norte
28 de decembro de 1972 – 8 de xullo de 1994 – Supresión do cargo →
Comandante Supremo das Forças Armadas da República Popular Democrática da Coreia (pt) Traducir
4 de xullo de 1950 – 24 de decembro de 1991
← Choi Yong-kun (pt) TraducirKim Jong-il →
Secretário-Geral do Partido dos Trabalhadores da Coreia (pt) Traducir
30 de xuño de 1949 – 8 de xullo de 1994 – Kim Jong-il →
Supreme Leader of North Korea (en) Traducir
9 de setembro de 1948 – 8 de xullo de 1994
← sen valor – Kim Jong-il →
Primeiro ministro de Corea do Norte
9 de setembro de 1948 – 28 de decembro de 1972 – Kim Il (en) Traducir →
Member of the Supreme People's Assembly (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalácio do Sol de Kumsusan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoCoreanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaJuche Editar o valor en Wikidata
RelixiónIrrelixión Editar o valor en Wikidata
EducaciónJilin Yuwen High School (en) Traducir
Mangyongdae Revolutionary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores de Corea (1945–)
Partido Comunista de China (1932–) Editar o valor en Wikidata
MovementoMovimento de Independência da Coreia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresShang Yue (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
LealdadeCorea do Norte Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Popular de Corea, Exército Vermello e Northeast Anti-Japanese United Army (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarTaewonsu (pt) Traducir (1992–) Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda guerra sino-xaponesa (Pacification of Manchukuo (en) Traducir)
Guerra Soviético-Japonesa (pt) Traducir
Guerra de Corea
Guerra fría Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamília Kim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeKim Jong-suk (1941–1949), morte do cónxuxe
Kim Song-ae Editar o valor en Wikidata
FillosKim Jong-il
 () Kim Jong-suk
Kim Man-il
 () Kim Jong-suk
Kim Kyong-hui
 () Kim Jong-suk
Kim Kyong-chin
 () Kim Song-ae
Kim Pyong-il
 () Kim Song-ae
Kim Yong-il
 () Kim Song-ae Editar o valor en Wikidata
PaisKim Hyong-jik Editar o valor en Wikidata  e Kang Pan-sok Editar o valor en Wikidata
IrmánsKim Yong-ju
Kim Chol-ju Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ким Ир Сен)
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0453487 BNE: XX917726 Musicbrainz: 7124a2d1-3b20-470c-b621-17a571aefca6 Discogs: 4126547 WikiTree: Kim-304 Find a Grave: 8241723 Editar o valor en Wikidata

Kim Il-sung (en coreano: 김일성), nado o 15 de abril de 1912 en Mangyŏngdae e finado o 8 de xullo de 1994 en Pyongyang, foi un político comunista norcoreano, gobernante de Corea do Norte dende 1948 ata a súa morte. Ademais, foi tamén secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea.

O seu mandato como líder da República Democrática de Corea foi a miúdo descrito como autocrático, estabelecendo un omnipresente culto a súa personalidade. Dende mediados de 1960 promoveu o seu propio desenvolvemento da organización nacional comunista, o Juche. Nun estudo elaborado pola Biblioteca do Congreso de Washington, D.C. sobre Corea do Norte en 2009, foi descrito como "unha das figuras máis interesantes do século XX".

Trala súa morte en 1994, foi sucedido polo seu fillo Kim Jong-il. Corea do Norte refírese oficialmente a Kim Il-sung como o "Gran Líder" (en coreano: 수령, Suryong) e é chamado na Constitución "Líder Eterno" do país. O seu aniversario é día festivo en Corea do Norte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezos e exilio

[editar | editar a fonte]

Kim Il-sung naceu co nome de Kim Sŏng-ju, probablemente en Mangyondae, preto de Pyongyang, en Corea, entón un protectorado baixo ocupación xaponesa. Tiña dous irmáns, Ch’ŏl-chu e Yŏng-ju. A familia de Kim opoñíase á ocupación xaponesa, polo que en 1920 tiveron que fuxir á China. Kim foi enviado a un colexio en Jilin, pero a súa educación oficial finalizou cando foi arrestado e encarcerado por actividades subversivas. Formou parte de guerrillas "antixaponesas" no norte da China, e chegou a ingresar nunha guerrilla liderada polo Partido Comunista da China.

Kim loitou na súa unidade dende 1935, progresando en rango e chegando a ser comandante en 1941, cando os xaponeses levaron as guerrillas ao norte da China. Durante este período adoptou o nome Kim Il-sung, o cal fora doutro loitador "antixaponés" morto na batalla. Escapou á Unión Soviética, e foi enviado a un campo preto de Khabarovsk, onde as guerrillas comunistas coreanas colaboraban coas forzas soviéticas. Kim pasou a ser capitán do Exército Vermello.

En 1925 fundou o Partido Comunista de Corea, mais pronto disolveuse por loitas internas. En 1931 Kim ingresou no Partido Comunista da China. Cando volveu a Corea en setembro de 1945, despois da fin da segunda guerra mundial e a rendición incondicional do Xapón coa consecuente retirada das tropas xaponesas da península coreana, xunto coas forzas soviéticas, ficou o sector norte do país baixo o seu control, sendo elixido coa axuda da Unión Soviética como líder do comité popular provisional, aínda que nese momento non era líder do partido comunista, cuxos cadros se atopaban en Seúl, na zona ocupada do sur polos Estados Unidos.

Líder de Corea do Norte

[editar | editar a fonte]

En 1948, debido a unha polarización política e ideolóxica entre ambos gobernos coreanos, a reunificación do país non foi posible. Kim pasou a ser primeiro ministro da República Popular Democrática de Corea. O partido comunista xurdiu coa unión de distintos grupos. Trala fusión da organización coa contrapartida do Sur, formouse o Partido dos Traballadores de Corea.

O 12 de xuño de 1950 Corea do Norte lanzou un ataque co obxecto de liberar Corea do Sur e de unificar o país baixo un goberno único socialista. Ao mesmo tempo, os líderes dos Estados Unidos e os seus aliados, pensaron que Stalin ordenara o ataque, o que levou á chamada guerra de Corea, o primeiro conflito bélico das dúas grandes superpotencias resultantes na segunda guerra mundial, Estados Unidos e a Unión Soviética, coñecido co nome xenérico de guerra fría.

O material de arquivo apunta a que foi unha decisión de Corea do Norte non dirixida dende Moscova. As forzas norcoreanas tomaron Seúl e ocuparon a maior parte do Sur, pero forzas das Nacións Unidas (encabezadas polos Estados Unidos) volveron tomar Seúl e posteriormente Pyongyang, ante o cal Kim e o seu goberno fuxiron á China. En novembro, as forzas chinesas entraron na guerra e fixeron marchar ás tropas das Nacións Unidas, volvendo tomar Pyongyang e Seúl entre 1950 e 1951. Seúl volveu ser controlado por Nacións Unidas, e en 1953 o país quedou dividido definitivamente en dous partes.

O país fora devastado pola guerra. O goberno norcoreano desenvolveu plans económicos quinquenais (do mesmo xeito que os existentes na Unión Soviética), centrados no desenvolvemento da industria pesada, o desenvolvemento militar e a colectivización da agricultura.

Durante os anos cincuenta Kim foi visto como un comunista ortodoxo, leal aos principios soviéticos. Con todo, durante o conflito chinés-soviético dos anos sesenta, Kim manobrou para manter certa neutralidade, aínda que finalmente criticou as posicións maoístas da China. Nese momento desenvolveu a ideoloxía Juche, de autoconfianza, que levou ao país a un maior illamento do resto do mundo. Unha nova constitución foi aprobada en decembro de 1972. Esta creaba un novo cargo, o de Presidente da República Popular Democrática de Corea, que pasaba a ser o máximo cargo do Estado, e para o que Kim Il-sung resultou elixido. En 1980 a Asemblea Popular Suprema aprobou que o próximo xefe de Estado sería o seu fillo Kim Jong-il.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Neste momento Corea do Norte atopouse con grandes problemas económicos. Os efectos prácticos de Juche levaron a eliminar practicamente o comercio exterior, e as relacións económicas coa China reducíronse tralas reformas lideradas por Deng Xiaoping. O fin do bloque soviético aumentou os problemas de Corea do Norte, e pouco despois Kim morrería de súpeto dun ataque ao corazón. O seu funeral foi seguido por centos de miles de persoas e o seu corpo foi colocado nun mausoleo, cuxo acceso está fortemente controlado.

Kim Il-sung casou dúas veces. A súa primeira muller, Kim Chong-suk, deu a luz dous fillos (entre eles Kim Jong-il; o outro morreu nun accidente nadando) e unha filla; Kim Chong-suk morreu dando a luz. Kim casou con Kim Song-ae posteriormente, e pénsase que tiveron catro fillos xuntos. Un deles, Kim Pyong-il gozaba de presenza política ata que foi afastado e virtualmente expulsado logo de ser nomeado embaixador en Hungría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
ningún
Presidente eterno de Corea do Norte
28 de decembro de 1972-actual
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
ningún
Presidente de Corea do Norte
28 de decembro de 1972- 8 de xullo de 1994
Sucesor:
Kim Jong-il