Kimmeridxiano
Eixe vertical: millóns de anos.
O Kimmeridxiano é unha división da escala temporal xeolóxica, unha das últimas idades ou pisos do período Xurásico. Esténdese desde 155,7 até 150,8 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Kimmeridxiano sucede ao Oxfordiano e precede ao Titoniano do Xurásico Superior.
Os dinosauros saurópodos, que se fixeron xigantes nestos tempos, proliferaron xunto cos terópodos, hipsilofodóntidos e estegosauros. Os pterosauros seguiron sendo pequenos, mentres que os plesiosauros e ictiosauros acadaron grandes tamaños chegando a dominar os océanos. Apareceron as primeiras aves, e os mamíferos aínda eran pequenos e comparativamente raros.
A idade toma o seu nome do val de Kimmeridge na costa de Dorset, Inglaterra, onde a exposición está no seu grao máis grande. A praia na baía de Kimmeridge é un bo lugar para atopar fósiles.
A formación da arxila de Kimmeridge é a razón de cerca do 95% do petróleo que hai no Mar do Norte.