Kosmos 1713
Aparencia
Efir 2, Kosmos 1713 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 27 de decembro de 1985, 17:06 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Duración da misión | 26 días[5] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera e atmosfera superior terrestres e dos raios cósmicos.[2] |
Decaemento | 22 de xaneiro de 1986[1] |
NSSDC ID | 1985-120A |
Masa | 6300 kg[2][6] |
Kosmos 1713 (Космос 1713 en ruso), tamén denominado Efir 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 27 de decembro de 1985 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 1713 foi o segundo de dous satélites denominados Efir 1 e Efir 2 adicados a facer observacións da magnetosfera e a atmosfera superior terrestres, así como dos raios cósmicos con enerxías por enriba dos 2 TeV. Estaba baseado no deseño das cápsulas Vostok e Zenit. Foi inxectado nunha órbita inicial de 419 km de apoxeo e 224 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 62,8 graos e un período de 90,7 minutos. Reentrou na atmosfera o 22 de xaneiro de 1986.[1][3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Cosmos 1713" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 1713" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 21 March 1986 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General (ST/SG/SER.E/142)" (86-09097). 3 de abril de 1986: 4. ST/SG/SER.E/142. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Kosmos 1713" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Efir 1, 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "Efir" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- N. L. Grigorov (19 de xaneiro de 1989). "Charge distribution of cosmic rays above 1 TeV" (PDF). Pis'ma Zh. Eksp. Teor. Fiz. 49 (5): 246–248. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de abril de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2012.
- Samsonov, Gleb Alexandrovich (1996). ENERGY SPECTRUM AND CHARGE COMPOSITION OF HEAVY AND MEDIUM NUCLEI OF PRIMARY COSMIC RAYS OVER 10*991*992-10*991*994 eV RANGE OF ENERGIES ACCORDING TO EXPERIMENTAL DATA FROM KOSMOS-1713 AND KOSMOS-1713 ARTIFICIAL EARTH SATELLITE. p. 118. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2012.