Saltar ao contido

LaVern Baker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaVern Baker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Delores Evans Editar o valor en Wikidata
11 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Chicago (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de marzo de 1997 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Queens (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, actriz de televisión, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoBlues e Rhythm and blues Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records
Brunswick
National Records (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0048673 Allmovie: p206897
Youtube: UCqpdgpTWu7YumFdn1Gij8-w Spotify: 0V6zo2mJw9FdwWLClKC9yw Last fm: LaVern+Baker Musicbrainz: affa0adf-7be7-4944-b30d-a09baeb7dd28 Songkick: 245052 Discogs: 405735 Allmusic: mn0000778344 WikiTree: Evans-34313 Find a Grave: 5971685 Deezer: 15928 Genius: Lavern-baker Editar o valor en Wikidata

Delores LaVern Baker,[1] nada en Chicago o 11 de novembro de 1929 e finada en Queens o 10 de marzo de 1997,[2] foi unha cantante estadounidense de rhythm and blues que tivo varios éxitos nas décadas de 1950 e principios de 1960.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nada en 1929 como Delores Evans, co novo apelido da súa nai, "McMurley", casou o 23 de decembro de 1948 aos dezanove anos en Cook County, Illinois con Eugene Williams.[3][4]

Baker comezou a cantar en clubs de Chicago como o Club DeLisa arredor de 1946, ás veces acreditada como Little Miss Sharecropper,[5] e gravou por primeira vez co seu nome en 1949. Cambio brevemente o nome a Bea Baker cando gravou para Okeh Records en 1951 e despois como LaVern Baker cando cantou con Todd Rhodes e a súa banda en 1952.[3] Baker fixo unha xira por Australia en 1957 como parte do Big Show de Lee Gordon, actuando con varios grupos de rock and roll incluídos Bill Haley and the Comets. Tamén apareceu no filme Rock, Rock, Rock! (1956).[6]

En 1966, Baker gravou un dúo con Jackie Wilson. A controvertida canción, "Think Twice", tiña unha letra atrevida considerada inapropiada para emitila no seu tempo. Graváronse tres versións, unha delas coa letra atrevida.[7]

Tras divorciarse de Eugene Williams no outono de 1958, Baker casou co cómico Slappy White o 19 de febreiro de 1959, en Baltimore.[4] Despois de que a parella se divorciase en 1969, Baker asinou para facer unha xira coa USO. Púxose gravemente enferma con pneumonía tras unha viaxe a Vietnam. Mentres se recuperaba na base naval estadounidense de Subic Bay, en Filipinas, un amigo recomendoulle que quedase alí como directora de entretemento do club dos marines. Permaneceu alí vinte e dous anos, volvendo aos Estados Unidos despois de que pechase a base en 1988.[8]

En 1988 actuou no Madison Square Garden polo 40 aniversario de Atlantic Records. Posteriormente traballou nas bandas sonoras dos filmes Shag (1989), Dick Tracy (1990) e A Rage in Harlem (1991), todas publicadas en CD. Cantou unha canción para o filme de Alan Parker Angel Heart (1987), que apareceu no vinilo orixinal mais non se incluíu no CD "por motivos contractuais".[9]

En 1990, debutou en Broadway substituíndo a Ruth Brown como protagonista do musical Black and Blue.[8] En 1991, Rhino Records publicou un novo disco, Live in Hollywood, gravado no Hollywood Roosevelt Cinegrill, e unha recompilación dos seus éxitos en Atlantic, Soul on Fire. En 1992, gravou con éxito un álbum de estudio, Woke Up This Morning, para DRG Records.[8] Continuou a actuar despois de que as súas dúas pernas tivesen que ser amputadas por complicación coa diabetes en 1994.[8] Baker realizou a súa última gravación, "Jump into the Fire", para o disco de 1995 tributo a Harry Nilsson For the Love of Harry, coa compañía Music Masters.[10]

En 1990 Baker estivo entre as primeiras oito receptoras do Pioneer Award da Rhythm and Blues Foundation. En 1991, converteuse na segunda artista en solitario feminina incluída no Rock and Roll Hall of Fame, despois de Aretha Franklin en 1987.[11] A súa canción "Jim Dandy" foi nomeada polo Rock and Roll Hall of Fame como unha das 500 que deron forma ao rock and roll e foi situada no posto 343 da listaxe da revista Rolling Stone das mellores cancións de todos os tempos.

Baker faleceu dunha doenza cardiovascular o 10 de marzo de 1997, aos 67 anos. Foi enterrada nunha tumba sen nome no cemiterio de Maple Grove, en Kew Gardens, Nova York. Os historiadores locais recadaron fondos para unha lápida, que foi colocada o 4 de maio de 2008.[12]

  1. Eagle, Bob; LeBlanc, Eric S. (2013). "LaVern Baker". En Cohen, Norm. Blues: A Regional Experience. Santa Barbara: Praeger Publishing. p. 67. ISBN 9780313344244. Consultado o 16 de decembro de 2020 – vía Google Books.  LCCN 2012047437. ISBN 978-0-3133-4423-7. OCLC 820450820.
  2. "Illinois, Cook County, Birth Certificates, 1871–1949". FamilySearch (free database with images). Searching "Delores Evans," born November 11, 1929, Chicago, Cook, Illinois, Birth Certificate No. 50974, Cook County Clerk, Cook County Courthouse, Chicago. FHL microfilm; Digital Folder No. 100664390; Image No. 549. 18 de maio de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Goldberg, Marv (2009). "Lavern Baker". Marv Goldberg's R&B Notebooks. Consultado o 25 de maio de 2014.
  4. 4,0 4,1 "Lavern Baker Marries Comedian Slappy White". Baltimore Afro-American. 21 de febreiro de 1959. p. 4. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  5. Deffaa, Chip (1996). Blue Rhythms: Six Lives in Rhythm and Blues. University of Illinois Press. ISBN 0-252-02203-3, ISBN 978-0-252-02203-6.
  6. Evans, Raymond (2001). "Crazy news: Rock 'n' roll in Brisbane" In Shaw, Barry (ed). Brisbane: relaxation, recreation and rock 'n' roll - popular culture 1890-1990. Brisbane History Group. p. 93. ISBN 0958625522. 
  7. Morgan, Jeffrey (2004). "Pervert's Ball, Side Two". Creem Online. Detroit, Michigan: Creem Media. Consultado o 2011-11-26. [Ligazón morta]
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Talevski, Nick, ed. (2010). Rock Obituaries – Knocking on Heaven's Door. Omnibus Press. p. 17. ISBN 9780857121172. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  9. "LaVern Baker: Biography, Life, Facts and Songs". FamousSingers.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  10. Colin Larkin, ed. (1993). The Guinness Who’s Who of Fifties Music (First ed.). Guinness Publishing. p. 28/9. ISBN 0-85112-732-0. 
  11. Profile Arquivado 23 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Nysac.com; consultado o 28 de setembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]