La Época (Madrid)
La Época | |
---|---|
La Época anunciou a retirada de Maura. | |
Cor | branco e negro |
Fundación | 1 de abril de 1849 |
Remata | 1936 |
Fundador | Diego Coello y Quesada |
Tendencia | conservadorismo, rexionalismo galego |
Lingua | castelán |
Localidade | Madrid |
Ámbito | España |
Periodicidade | diaria |
ISSN | 2254-559X |
Descrito por | Apuntes para un catálogo de periódicos madrileños desde el año 1661 al 1870 (1894) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Época foi un xornal conservador vespertino, publicado en Madrid entre 1849 e 1936.
Historia
[editar | editar a fonte]1849-1870
[editar | editar a fonte]Editado en Madrid, imprimiuse inicialmente no establecemento tipográfico de Aguirre y Compañía.[1] Contra o ano 1870 pasou a imprimirse na imprenta de J. Juanes y Compañía.[1] o primeiro número do xornal, fundado por Diego Coello y Quesada,[2] apareceu o 1 de abril de 1849,[1][2] con catro páxinas.[1] O 4 de maio de 1852 deixou de publicarse, mais na súa reaparición, o 18 de xuño do mesmo ano, mudou o seu título polo de La Época Actual, que conservaría ata o 30 de xuño, período durante o cal non se ocupou de asuntos políticos.[1] Volveu deixar de publicarse entre o 27 de xuño e o 4 de xullo de 1854.[1]
Durante as súas primeiras dúas décadas de existencia dirixírono sucesivamente Ramón de Navarrete, Diego Coello y Quesada, Francisco de Paula Madrazo e Ignacio Escobar.[1] Nestes primeiros anos colaboraron como redactores Agustín Aguirre, Pedro Antonio de Alarcón, José Bisso, Diego Bravo y Destouet, Aquiles Campuzano, Zacarías Casabal, Manuel Fernández Manrique, José Lorenzo Figueroa, Antonio Flores, José Girón, José María Goizueta, Salvador López Guijarro, Francisco de Paula Madrazo, Joaquín Maldonado Macanaz, Carlos Navarro Rodrigo, Julio Nombela, Juan Pérez de Guzmán, Jacobo Rebollo e Manuel María de Santa Ana.[1]
1870-1936
[editar | editar a fonte]A propiedade quedou por completo en mans do amigo de Coello Ignacio José Escobar y López Hermoso (1823-1887), que o dirixiu ata 1887, quedando definitivamente esta cabeceira en mans da súa familia. Os seus xefes de redacción foron Manuel Tello (1866-1884), o crítico Eduardo Gómez de Baquero, "Andrenio" (1884-1893), o diplomático Jerónimo Bécker (1893-1923) e Francisco Pérez Mateos, coñecido como León Roch (1923-1927). Este último escribiu a historia do xornal en 75 años de periodismo (Madrid, 1922). Mariano Marfil exerceu a continuacióon e ata 1933 como xefe de redacción e director en efectivo. Logo do estalido da guerra civil en 1936, foi incautado e nos seus talleres pasouse a imprimir con periodicidade diaria El Sindicalista, órgano de expresión do Partido Sindicalista de Ángel Pestaña.[3][2]
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Vencellado ao conservadorismo,[3][4] Eugenio Hartzenbusch e Hiriart describe a súa filiación política nas súas primeiras dúas décadas en clave de «xornal da Unión Liberal», posteriormente afín ao Partido Moderado e, logo da Revolución de Setembro, afonsino.[1][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Hartzenbusch 1894, p. 119.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "La Época (Madrid. 1849)". Hemeroteca Digital (en castelán). BNE. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "La prensa en Madrid durante la Guerra Civil" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2008. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ de Juana, Jesús (19 de maio de 2013). ""La Época": el periódico conservador por antonomasia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Barreiro, Cristina. "La Época, la conciencia de una monarquía liberal,". Revista Arbil (en castelán) (74). Consultado o 22 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: La Época (Madrid) |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Época |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hartzenbusch, Eugenio (1894). Apuntes para un catálogo de periódicos madrileños desde el año 1661 al 1870 (en castelán). Madrid: Establecimiento tipográfico "Sucesores de Rivadeneyra".