La Idea Moderna
Aparencia
La Idea Moderna | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
ISSN | 2660-2334 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Idea Moderna foi un xornal que se editou en Lugo entre 1889 e 1919.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado primeiro Diario democrático de Lugo, cambiou despois a Diario de Lugo, para finalmente denominarse Diario monárquico. Foi o seu propietario Juan Antonio Menéndez ao que sucedeu á súa morte en 1911 o seu fillo Antonio Menéndez Franco, que xa traballaba como redactor do xornal. Estivo dirixido por Romualdo Acevedo Rivero ata a súa morte en 1902, e sucedeuno como director José Vega Blanco. Entre os seus colaboradores figurou Antón Villar Ponte. De tendencia monárquica, publicou narracións de destacados autores, biografías, conferencias e estudos históricos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Idea Moderna, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Idea Moderna, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.