La casa de papel
La casa de papel | |
---|---|
Formato | Intriga, humor negro e acción |
Creado por | Álex Pina |
Desenvolvido por | Vancouver Media |
Dirixido por | Jesús Colmenar Miguel Ángel Vivas Álex Rodrigo Alejandro Bazzano Javier Quintas |
Intérpretes | Úrsula Corberó Itziar Ituño Álvaro Morte Paco Tous Pedro Alonso Alba Flores Miguel Herrán Jaime Lorente Esther Acebo Enrique Arce María Pedraza Darko Peric Kiti Mánver |
Tema de apertura | My life is going on |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 3 |
Episodios | 22 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Atresmedia (Parte 1 e 2) Netflix (Parte 3) |
Duración | 75 minutos (aprox.) |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 Netflix |
Formato de imaxe | 1080i |
Primeiro episodio | 2 de maio de 2017 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80192098 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos. Netflix adquiriu os dereitos de distribución da serie posteriormente, motivo polo cal a súa audiencia se estendeu cara a outros países, xeralmente baixo o nome de Money Heist.[1]
É a serie de fala non inglesa máis vista na historia de Netflix.[2] A plataforma confirmou a produción de novos episodios para o ano 2019, nos que o creador e produtor executivo Álex Pina contará coa maior parte da repartición.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie empeza co atraco á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Todo o atraco está planeado polo Profesor (Álvaro Morte), cunha execución perfecta dos atracadores Tokio (Úrsula Corberó), Nairobi (Alba Flores), Río (Miguel Herrán), Moscú (Paco Tous), Berlín (Pedro Alonso), Denver (Jaime Lorente), Helsinki (Darko Peric) e Oslo (Roberto García).[4] O atraco sucederá na fábrica pero non estarán sós nela, haberá reféns, os propios traballadores da fábrica xunto ós estudantes do Colexio Británico que estaban de excursión. Os asaltantes pretenden gañarse o favor da opinión pública para poder escapar.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Adaptación surcoreana
[editar | editar a fonte]En novembro de 2020, Netflix anunciou que creará unha adaptación surcoreana do programa. A produción de 12 partes, titulada Money Heist: Korea - Joint Economic Area, será unha colaboración entre BH Entertainment e Contents Zium, coa dirección de Kim Hong-sun.[5][6][7][8] A produción da adaptación atrasouse pola pandemia de COVID-19 en Corea do Sur.[9]
Serie spin-off
[editar | editar a fonte]En novembro de 2021, Netflix anunciou que creará unha serie derivada titulada Berlín, que se estreará en 2023.[10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antena3: «"Se está haciendo historia con La casa de papel, es brutal"», artigo publicado o 31 de marzo de 2017 na páxina web Antena 3 (Madrid).
- ↑ «El éxito sin límites de "La casa de papel", la mejor serie española de la Historia», artigo publicado o 18 de febreiro de 2018 na páxina web do xonal ABC (Madrid). Consultado o 25 de febreiro de 2018.
- ↑ «"La casa de papel" tendrá temporada 3: Netflix confirma nuevos episodios para el 2019», artigo publicado o 26 de abril de 2018 na páxina web do xornal La Prensa (Lima). Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Cáceres Osmar Guri (2018): «Netflix: crítica a "La casa de papel", primera temporada» Arquivado 21 de xuño de 2018 en Wayback Machine., artigo publicado o 7 de marzo de 2018 na páxina web DX (Asunción).
- ↑ "Confirmado el elenco de la nueva Casa de Papel con Álex Pina como su productor". VADER (en castelán). Consultado o 2021-03-10.
- ↑ "La casa de papel: ellos serían los actores de la versión surcoreana". Vogue Mexico (en castelán). 2020-12-13. Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Netflix prepara la versión coreana de La casa de papel". La Vanguardia (en castelán) (publicado o 2020-12-01). 2020-12-03. Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Netflix to Launch Korean Version of 'Money Heist' Hit Spanish Series" (en inglés). 2020-12-01. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2022. Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "'Money Heist' Korean remake: cast, plot details, release date and everything we know so far". Nme.com. 2021-12-01. Consultado o 2021-12-29.
- ↑ Lang, Jamie (2021-11-30). "Bella Ciao! 'Money Heist' Fan Favorite 'Berlin' Is Getting His Own Spinoff Series at Netflix". Variety. Consultado o 2021-11-30.
- ↑ Owens, Kelvin (2021-12-01). "'Money Heist' Spinoff Series 'Berlin' Coming to Netflix in 2023". Collider. Consultado o 2021-12-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
- La casa de papel na IMDb (en inglés).