Lago Poyang
(zh) 鄱阳湖 - Póyáng Hú | ||||
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | República Popular da China | |||
División administrativa | Jiangxi, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Afluentes | Gan River (en) ,Fu River (en) ,Le'an River (en) ,Xiushui River (en) ,Chang Jiang (en) ,Rao He (en) ,Xin River (en) | |||
Efluente do lago | Río Yangtzé | |||
Conca hidrográfica | Bacia do rio Yangtzé (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 12 m | |||
Profundidade | máximo: 25 m Media: 8,4 m | |||
Dimensións | 17 () × 170 () km | |||
Superficie | 5.100 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 162.225 km² | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 12 de febreiro de 1996 | |||
Identificador | 107 | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 25.000 hm³ | |||
O lago Poyang é un lago da provincia de Jiangxi,[1] o maior lago de auga doce da China.[2] O lago está alimentado polos ríos Gan, Xin e Xiu, que o conectan co Yangtzé mediante unha canle.
A superficie do lago Poyang flutúa enormemente entre as estacións seca e húmida,[3] mais nos últimos anos o seu tamaño decreceu totalmente. Nun ano normal a superficie media é de 3500 km2. A principios de 2012, debido á seca, a extracción de area e a almacenaxe de auga no encoro das Tres Gargantas, a superficie do lago chegou a un mínimo de 200 km2.[4] O lago é o hábitat de medio millón de aves migratorias.[5]
Durante o inverno, o lago é o fogar de moitas grúas siberianas, das que o 90% pasan alí o inverno.
Medio natural
[editar | editar a fonte]Perda da vida salvaxe
[editar | editar a fonte]Dende 2002 existe unha prohibición da pesca no lugar.
En 2007 expresáronse temores de que o Neophocaena phocaenoides, coñecido localmente como jiangzhu ("porco de río"), nativa do lago ademais doutros lugares como o lago Dongting, podía seguir o camiño do baiji, o golfiño do río Yangtzé, cara á extinción.
A drenaxe de area converteuse nun piar do desenvolvemento da economía local e unha importante fonte de ingresos na rexión circundante do lago. A gran densidade de proxectos de drenaxe foron a principal causa da morte da fauna.[6] Ademais, espérase que a construción do encoro do lago Poyang, cause efectos devastadores nos focénidos que aínda existen.[7]
Redución
[editar | editar a fonte]Debido ao encoro das Tres Gargantas, o lago Poyang pode diminuír estacionalmente e secar. En 2016, o lago secou case completamente. Ademais do encoro, que almacena auga para que sexa empregada no inverno, culpouse a seca da redución.[4]
O goberno local de Jiangxi propuxo construír o encoro do lago Poyang para manter o nivel de auga no lago, construíndo unha esclusa arredor da conexión entre o lago e o Yangtzé, mais está pendente o estudo de impacto. Os científicos e os grupos ecoloxistas como o World Wide Fund for Nature, criticaron a proposta indicando que a obra afectaría adversamente a diversidade salvaxe.[8]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1363, tivo lugar no lago a batalla do lago Poyang, considerada unha das maiores batallas navais da historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Poyang Lake". World Lake Database. International Lake Environment Committee Foundation. 1999. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ People's Daily Online "Spring Fishing Ban on China's Largest Freshwater Lake"
- ↑ Ding, Duowen; Tan, Xueqing (2011). "Numerical Simulation of the Effects of the Urbanization on the Poyang Wetland". En Kenneth W. Potter, Donald K. Frevert. Watershed Management 2010. American Society of Civil Engineers. p. 444. ISBN 978-0-7844-1143-8.
- ↑ 4,0 4,1 Thibault, Harold (31 de xaneiro de 2012). "China's largest freshwater lake dries up". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 9 de novembro de 2016.
- ↑ Detailed Data Lake Poyang-hu. Global Nature Fund.
- ↑ Kejia Z. (2007). Poyang Lake saving the finless porpoise. Chinadialogue.net. Consultado o 28 de setembro de 2017
- ↑ Chen, S. (24 de setembro de 2017). "Water scheme threatens Yangtze River porpoises with extinction, scientist warns". South China Morning Post. Consultado o 29 de decembro de 2018.
- ↑ Ives, Mike (29 de decembro de 2016). "As China’s Largest Freshwater Lake Shrinks, a Solution Faces Criticism". New York Times. Consultado o 29 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Poyang |