Saltar ao contido

Landulfo II de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLandulfo II de Benevento
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor en Wikidata
Morte961 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrince of Benevento (en) Traducir (940–961)
Prince of Capua (en) Traducir (940–961) Editar o valor en Wikidata
FamiliaLandulfids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosLandulfo III de Benevento, Pandulfo I de Benevento Editar o valor en Wikidata
PaisLandulfo I de Benevento Editar o valor en Wikidata  e Gemma di Napoli Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Capua-23

Landulfo II, finado en 961, chamado o Vermello, foi príncipe de Benevento e príncipe de Capua (como Landulfo IV) desde 939 ou 940, cando o seu pai, Landulfo I, o asociou ao trono; a súa nai foi Gemma, filla de Atanasio de Nápoles. Podía ter sido asociado xa en 933, cando o seu irmán máis vello, Atenulfo III, foi nomeado correxente. O seu tío Atenulfo II morreu en 940 e é probábel que Landulfo servise como substituto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sexa como for, cando o vello Landulfo morreu o 10 de abril de 943, Landulfo enviou ao seu irmán máis vello Atenulfo a Benevento e a Landulfo, fillo do seu tío Atenulfo, a Capua. Temendo polas súas vidas, os dous fuxiron onda Guaimaro II de Salerno e Landulfo o Vermello converteuse en príncipe en solitario. O seu primeiro acto foi continuar a política familiar de asociar ao trono aos fillos máis novos. Fixo copríncipe ao seu fillo máis vello Pandulfo. Ademais disto, Landulfo pouco esforzo fixo en continuar coa política familiar de alianzas cos seus colegas longobardos e de entente cos bizantinos. Distanciouse de Constantinopla, intentando non entrar en guerra aberta, e fixo varios intentos de reunificar o longobardo principado de Salerno con Capua-Benevento. Abandonou a datación imperial e datou co seu propio reinado.

En 946, aliouse con Xoán III de Nápoles para expulsar a Xisulfo I de Salerno, fillo de Guaimaro. Mastalo I de Amalfi fíxolle unha emboscada nun paso en La Cava pero todo fallou. Deseguida aliouse con Nápoles e con Xisulfo para cercar Nola, que pertencía a Nápoles. En 950, convocárono na axuda de Aligerno, abade de Monte Cassino. Os seus descendentes resultarían ser os peores perseguidores do grande mosteiro. Completou os seus fracasos en Salerno e Nápoles con exitosas campañas contra o gastaldo de Aquino, Atenulfo Megalu, ao que enviou ao exilio onda Docibilis II de Gaeta.

En 955, Landulfo acadou o seu meirande fracaso ao apoiar unha rebelión en Apulia contra a autoridade grega. Foi obrigado a recoñecer a supremacía bizantina. O resto do seu reinado foi menos accidentado, fracasou nas súas dúas grandes ambicións: conquistar Salerno e enfrontarse aos bizantinos. Asociou ao trono ao seu segundo fillo, Landulfo, en 959 e morreu en 961.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma, 2004.