Lei de Punto Final
A Lei 23.492, chamada Lei de Punto Final[1], foi promulgada na Arxentina o 24 de decembro de 1986 durante a presidencia de Raúl Alfonsín, establecendo a paralización dos procesos xudiciais contra os autores das detencións ilegais, torturas e asasinatos que tiveron lugar na etapa de ditadura militar, que comezou co golpe de estado.
A lei, que sancionaba a impunidade dos militares pola desaparición de 30.000 persoas, foi obxecto dunha viva polémica tanto daquela como despois.
Contido
[editar | editar a fonte]O seu texto é moi curto, con soamente sete artigos; ditaba o fin da investigación e persecución dos acusados de violencia política durante a ditadura, ata a restauración do réxime democrático o 10 de decembro de 1983. Nun dos seus parágrafos indicaba literalmente: "extinguirase a acción penal contra toda persoa que cometese delitos vinculados á instauración de formas violentas de acción política ata o 10 de decembro de 1983."
O artigo nº 5 exceptuaba a aplicación da lei en casos de falsificación de identidade e desaparición de menores. Este caso ocorrera como secuestro de bebés, fillos de prisioneiras políticas destinadas a desaparecer, que eran polo xeral adoptados por militares, que borraban as pegadas da verdadeira identidade dos bebés.
Finalidade
[editar | editar a fonte]Durante eses anos a democracia estaba permanentemente ameazada por sectores das Forzas Armadas que se negaban a aceptar o axuizamento por violacións aos dereitos humanos durante o réxime militar anterior. Para intentar manter baixo control o descontento nas Forzas Armadas, en 1986 o Congreso sancionou a Lei de Punto Final impoñendo un prazo de 60 días para procesar aos acusados de delitos de lesa humanidade cometidos durante o goberno militar.
Aínda así, a lei non foi abondo para os contentar, e na Semana Santa de 1987 produciuse unha rebelión militar chamada dos carapintadas.
É de notar que, case ao mesmo tempo, se promulgaba no Uruguai a "Lei de Caducidade", así como xa existía en Chile a "lei de amnistía".[2]
Aprobación e revogación
[editar | editar a fonte]Despois de soamente 3 semanas de debate, e a pesar de que catro días antes, o 19 de decembro, unhas 100.000 persoas protagonizasen unha marcha esixindo que o proxecto non fose aprobado, a lei foi aprobada o 24 de decembro do 1986. Na Cámara dos Deputados o resultado da votación foi de 114 a favor, 17 en contra e 2 abstencións; no Senado, 25 votaron a favor e 10 en contra.
Tanto esta lei como a posterior Lei de Obediencia Debida foron fortemente cuestionadas por parte das organizacións de dereitos humanos, o movemento estudantil, e as forzas políticas progresistas.
A lei, xunto coa súa complementaria, a de Obediencia debida, foron consideradas nulas polo Congreso Nacional en 2003, e finalmente declaradas nulas pola Corte Suprema de Xustiza, por ser inconstitucionais, o 14 de xuño de 2005.e finalmente declaradas nulas pola Corte Suprema de Xustiza, por ser inconstitucionais, o 14 de xuño de 2005. Isto permitiu que se reabrisen os casos relacionados con crimes contra a humanidade. O primeiro de tales casos, no que estaba implicado Miguel Etchecolatz, antigo vice-comandante da Policía Provincial de Buenos Aires , finalizou en setembro do 2006, sentando xurisprudencia ao recoñecer que o terrorismo de estado da ditadura era unha forma de xenocidio. [3] [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lei 23.492 - Texto completo da Ley de Punto Final.
- ↑ "Argentina, Juicio a los militares". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2007.
- ↑ BBC News, 13 August 2003. Argentina overturns amnesty laws.
- ↑ BBC News, 21 August 2003. Argentina scraps amnesty laws.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto da lei (en castelán)