Saltar ao contido

Leis da guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As leis da guerra son un conxunto de disposicións recollidas no Dereito militar relativas ás xustificacións aceptables para participar nunha guerra (ius ad bellum) e dos límites aceptables para a conduta durante a guerra (ius in bello ou Dereito Internacional Humanitario). O dereito da guerra considérase un aspecto do Dereito Internacional Público (as leis das nacións), e distínguense doutros corpos de leis, tales como o dereito interno dun país belixerante, en particular nun conflito, que tamén poden proporcionar límites legais á conduta ou á xustificación da guerra.

Entre outras cuestións, as modernas leis da guerra contemplan as declaracións de guerra, a aceptación da rendición militar e o tratamento dos prisioneiros de guerra, a necesidade militar, xunto coa distinción e proporcionalidade, e a prohibición de certas armas, que poden causar un sufrimento innecesario.[1]

  1. The Program for Humanitarian Policy and Conflict Research at Harvard University, "Brief Primer on IHL," Accessed at http://ihl.ihlresearch.org/index.cfm?fuseaction=page.viewpage&pageid=2083 Arquivado 19 de abril de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]