Linda Schele
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1942 Nashville, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de abril de 1998 (55 anos) Austin, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Educación | University of Cincinnati (en) |
Actividade | |
Ocupación | mesoamericanista, mayanist (en) , arqueóloga |
Empregador | Universidade de Texas en Austin |
Linda Schele, nada o 30 de outubro 1942 e finada o 18 de abril 1998, foi unha epigrafista e iconografista da cultura maia. Desempeñou un papel importante no proceso de desciframento da escrita maia. Debuxou gran número de ronseis e de inscricións dos maias precolombianos, debuxos que conforme os seus desexos foron legados ós expertos e estudosos do tema para o seu estudo continuado. En 1978 fundou un evento anual coñecido como as Reunións Maias na Universidade de Texas en Austin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Nashville, Tennessee. Graduouse na Universidade de Cincinnati en Educación e Artes en 1964, obtendo un posgrao en Arte en 1968. Casou con David Schele en 1968, e ese mesmo ano empezou a impartir clases de arte na Universidade do Sur de Alabama, onde permaneceu até 1980, logrando o nivel de profesor.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Fixo unha viaxe a México coa representación da Universidade para a que traballaba, acompañada do seu marido David Schele, a fin de fotografar a zona arqueolóxica de Palenque e os xacementos na península do Iucatán. Despois desa experiencia de 12 días, quedou impresionada pola arte e a civilización maias. Decidiu entón dedicarse a investigar dita cultura.
Co apoio de Merle Greene Robertson, Schele traballou co arqueólogo Peter Mathews para descifrar unha sección importante da lista de Señores (reis) de Palenque, presentando o resultado do seu esforzo en 1973 durante a Mesa Redonda de Palenque, que foi organizada por Robertson. O seu traballo estimulou a outros descubrimentos que se fixeron máis tarde por ela mesma e por outros especialistas.
Schele logrou entón, en 1975, unha asociación universitaria para continuar cos estudos sobre escritura precolombiana en Dumbarton Oaks en Washington, D.C enfocándose durante dous anos ó aspecto da orde das palabras nas inscricións maias.
Fundou o Obradoiro de xeróglifos maias en Texas en 1977, sendo aínda estudante. Vinte anos máis tarde o obradoiro expandiuse ó que se coñece agora como As Reunións Maias da Universidade de Texas, que inclúen anualmente a presentación de traballos de investigación sobre a civilización maia e un Foro sobre os xeróglifos e a escritura dos maias, especializado no tema que se converteu en referencia internacional de tales estudos.
Linda Schele alcanzou o doutoramento en estudos sobre Latinoamérica o ano 1980 na propia Universidade de Texas, onde continuou como profesora no departamento de Arte e Historia até a súa morte.
Schele incorporouse a un proxecto sobre o Copán xunto con outro maianista, David Stuart, Bárbara Fash, e Nikolai Grube para estudar os textos de tan importante cidade mesoamericana. Escribiu para este proxecto as Notas sobre Notes, que constitúe un informe integral en epigrafía e iconografía que foi difundido entre os estudosos do sitio e do tema.
En 1986, Schele colaborou con Mary Miller na preparación dunha gran Exhibición de Arte Maia: "O sangue dos reis: Unha nova interpretación da arte dos maias". Este proxecto foi iniciado pola asociación InterCultura e o Museo de Arte Kimbell, onde se inaugurou ese mesmo ano.
Traballou tamén na cultura dos maias contemporáneos organizando obradoiros (13 deles) xunto con Nikolai Grube e Federico Fahsen, na escrita con glifos tanto en Guatemala como en México.
Falecemento
[editar | editar a fonte]O 18 de abril de 1998, morreu de cancro no páncreas, á idade de 55 anos.[1] Antes do seu pasamento, estabelecera na Universidade de Texas en Austin o Legado que leva o seu nome, sobre arte e escritura precolombianos, que ofrece axuda financeira para a Cátedra Linda e David Schele.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Linda Schele, Pioneer in the Study of Mayans, Dies at 55". New York Times.
Linda Schele, a onetime studio art teacher who made a fateful vacation visit to Mexico that turned her life upside down and helped revolutionize Mayan scholarship, died on Saturday at a hospital near her home in Austin, Tex. She was 55 and widely known for her pioneering work in decoding inscriptions on Mayan monuments. Her husband, David, said the cause was pancreatic cancer.