Lingua abun
Aparencia
O abun é unha lingua da familia papúa falada en Irian Jaya (Indonesia) polos Yenden.
ISO/DIS 639-3: kgr
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Fálase en 18 aldeas da costa norte e interior do centro de Bird's Head, nos subdistritos de Sausapor e Mega de Irian Jaya.
Falantes
[editar | editar a fonte]3.000 falantes (2000): 2.000 do dialecto Abun Ji, 600 do Abun Tat e 400 do Abun Je.
Dialectos
[editar | editar a fonte]- Abun Ji, fálase na costa e o interior ao longo do río Som
- Abun Tat, no nordeste do territorio abun
- Abun Je, na costa central
Escrita
[editar | editar a fonte]Entre 1991 e 1995 traducíronse algúns fragmentos da Biblia.
En 1999 Christine e Keith Berry publicaron A Description of Abun: A West Papuan Language of Irian Jaya.