Saltar ao contido

Lingua afar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afar
Qafár af
Falado en: Etiopía, Eritrea e Djibuti
Rexións: Aceh
Total de falantes: 1,4 millóns (2007)[1]
Familia: Afroasiática
 Cuxita
  Cuxita oriental
   Saho-afar
    Afar
Escrita: Ge'ez (en Etiopía), latino e árabe
Status oficial
Lingua oficial de: Eritrea Eritrea
Códigos de lingua
ISO 639-1: aa
ISO 639-2: aar
ISO 639-3: aar
Mapa
Status

O afar está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O afar[3][4] (qafar) é unha lingua cuxita falada en Etiopía, Eritrea e Djibuti por 1,4 millóns de persoas (censo de 2007),[1] do pobo afar.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Fálase na rexión de Afar, situada no leste de Etiopía, no norte e centro de Djibuti (na capital está en regresión), e en Eritrea na provincia do Sur do Mar Vermello.

1 439 000 (2001)

  • Etiopía: 979.367
  • Djibuti: 300.000
  • Eritrea: 160.000

Dialectos

[editar | editar a fonte]
  • Norte
  • Centro
  • Aussa
  • Baadu

En 1814 Henry Salt na súa obra Voyage to Abyssinia, elabora a primeira lista de palabras afar. No século XIX e XX publícanse algúns libros de texto e relixiosos, en escritas baseadas no latín, no árabe e no etíope.
En 1976 Hamad Abdallah (Dimis) e Jemal Abdulkadir Redo da Union pour le Développement Culturel de Djibuti crean o alfabeto afar (Qafar Feera), baseado no alfabeto latino
A literatura actual esta composta principalmente por poesía (na súa maior parte de inspiración relixiosa) e contos inspirados na narrativa oral. Entre os autores destacan Cheikh Ay Farah Diné e Kabir Hamza Mahmoud

Uso social

[editar | editar a fonte]

O afar é a lingua empregada polos afar, un pobo tradicionalmente nómade, tan só entre os afar de Assab (Eritrea) e Djibuti hai perda lingüística. Nos tres países hai programas de radio en afar, e en Djibuti realízanse informativos de televisión en afar. Na rexión afar de Etiopía o ensino é en afar ata o 4º grao, en Djibuti emprégase o afar só en preescolar.

  1. 1,0 1,1 "A lingua afar en Ethnologue". Consultado o 8 de maio de 2019. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de afar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Definición de cuxita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]