Saltar ao contido

Lingua ojibwa dos lagos da fronteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ojibwa dos lagos da fronteira é un dialecto da lingua ojibwa falado na área do lago dos Bosques, en Ontario, na intersección da fronteira entre Ontario, Minnesota e Manitoba. As comunidades do ojibwa dos lagos da fronteira foron ás veces tratadas como parte do dialecto ojibwa occidental (saulteaux),[1] mais as investigacións do dialecto realizadas nos anos 80 e 90 descríbeno como un dialecto separado moi relacionado co saulteaux ojibwa.[2]

As comunidades identificadas como falantes desta variedade inclúen Lac La Croix, Emo (Rainy River First Nation) e Whitefish Bay, todas en Ontario.[3]

O ojibwa dos lagos da fronteira non aparece incluído en Ethnologue.[4]

  1. Rhodes, Richard e Evelyn Todd, 1981, p. 54, Fig. 2
  2. Valentine, J. Randolph, 1994
  3. Valentine, J. Randolph, 1994, p. 33
  4. Gordon, Raymond G., 2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gordon Jr., Raymond G., ed., 2005. Ethnologue: Languages of the World, 15th edition. Ethnologue: Languages of the World Dallas: Summer Institute of Linguistics. ISBN 978-1-55671-159-6
  • Rhodes, Richard and Evelyn Todd. 1981. "Subarctic Algonquian languages." June Helm, ed., The Handbook of North American Indians, Volume 6. Subarctic, 52–66. Washington, D.C.: The Smithsonian Institution. ISBN 0-16-004578-9
  • Valentine, J. Randolph, 1994. Ojibwe dialect relationships. PhD dissertation, Universidade de Texas, Austin.