Literatura árabe
A literatura árabe (en árabe: الأدب العربي / ALA-LC: al-Adab al-‘Arabī) é a escrita, tanto en prosa como en poesía, producida por escritores en lingua árabe. A palabra árabe usada para a literatura é Adab, que deriva dun significado de etiqueta, e que implica educación, cultura e enriquecemento.[1]
A literatura árabe xurdiu no século V con só fragmentos da lingua escrita que aparecen antes daquela. O Corán, moi considerado como a mellor peza da literatura en lingua árabe,[2] tería o maior efecto duradeiro na cultura árabe e na súa literatura. A literatura árabe floreceu durante a Idade de Ouro islámica, pero mantívose vibrante ata os nosos días, con poetas e prosistas de todo o mundo árabe, así como na diáspora árabe, acadando un éxito crecente.
Poesía árabe
[editar | editar a fonte]Unha parte importante da literatura árabe anterior ao século XX está en forma de poesía, chegando mesmo a ocorrer que parte da prosa estea chea de versos soltos ou en forma saj, prosa rimada.
Os temas da poesía van de exaltados himnos de encomio a amargos ataques persoais, e de ideas relixiosas e místicas a poemas sobre sexo e viño. Un trazo importante da poesía, que podería igualmente ser aplicado a toda a literatura árabe, é a idea de que debía ser agradable ao oído. A poesía, e moita da prosa, foi escrita co obxectivo de ser lida en voz alta, polo que se tiña un gran coidado en que todo fose escrito o máis sonoramente posible; neste sentido, saj significaba, orixinalmente, o ruído que fai unha pomba.
Literatura de ficción
[editar | editar a fonte]No mundo árabe distínguese perfectamente entre al-fusha (lingua culta) e al-ammiyyah (lingua común). Poucos escritores escribiron obras nesta al-ammiyyah ou lingua común e enténdese, ademais, que a literatura ten como obxectivos a mellora e educación da persoa, antes que o puro entretemento. Esta concepción do feito literario non restrinxiu o papel do hakawati ou contador de historias, que retería as partes máis lixeiras das obras serias ou algunhas das moitas fábulas ou contos populares árabes que normalmente non se poñían por escrito.
Con todo, algunhas das primeiras novelas da literatura universal, mesmo no caso de novelas filosóficas, foron escritas por autores árabes.
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Fontes do artigo
[editar | editar a fonte]- Allen, Roger (1995). The Arabic Novel: an Historical and Critical Introduction (2nd ed.). Syracuse University Press. ISBN 978-0815626411.
- Allen, Roger (2006). The Arabic Literary Heritage: the Development of its Genres and Criticism. Cambridge University Press. ISBN 978-0521485258.
- Ashtiany, Julia; Johnstone, T. M.; Latham, J. D.; Serjeant, R. B.; Smith, G. Rex, ed. (1990). Abbasid Belles-lettres. Cambridge University Press. ISBN 9780521240161.
- Auchterlonie, Paul (1986). Arabic Biographical Dictionaries: a Summary Guide and Bibliography. Middle East Libraries Committee. ISBN 0-948889-01-2.
- Beeston, A. F. L.; Johnstone T. M.; Serjeant, R. B.; Smith, G. R., ed. (1983). Arabic Literature to the End of the Umayyad Period. Cambridge University Press. ISBN 0-521-24015-8.
- Bosworth, Clifford Edmund (1976). The Mediaeval Islamic Underworld: the Banū Sāsān in Arabic Society and Literature. Brill. ISBN 90-04-04392-6.
- El-Enany, Rasheed (1993). Naguib Mahfouz: the Pursuit of Meaning. Routledge. ISBN 0-415-07395-2.
- Glassé, Cyril (2001). The New Encyclopedia of Islam. AltaMira Press. ISBN 9780759101906.
- Hamori, Andras (1971). "An Allegory from the Arabian Nights: the City of Brass". Bulletin of the School of Oriental and African Studies. Volume XXXIV.
- Hashmi, Alamgir, ed. (1986). The Worlds of Muslim Imagination. Gulmohar.
- Hassan, Nawal Muhammad (1980). Hayy Bin Yaqzan and Robinson Crusoe: a Study of an Early Arabic Impact on English Literature. Al-Rashid House for Publication.
- Irwin, Robert (2005). The Arabian Nights: a Companion. Tauris Parke Paperbacks. ISBN 9781860649837.
- Jayyusi, Salma Khadra (1977). Trends and Movements in Modern Arabic Poetry. Volume I. Brill. ISBN 978-9004049208.
- Jayyusi, Salma Khadra (1992). "The Romantic Poets". In Badawi, Mohammed Mustafa. Modern Arabic Literature. Cambridge University Press. ISBN 978-0521331975.
- Jones, Alan (2003). "Foreword". In Rodwell, J. M. The Koran. Phoenix. ISBN 978-1842126097.
- Logan, Peter Melville, ed. (2011). The Encyclopedia of the Novel. Volume I. Wiley-Blackwell. ISBN 978-1405161848.
- Makdisi, George (1 de maio de 1986). "The Diary in Islamic Historiography: Some Notes". History and Theory. Volume XV.
- Marzolph, Ulrich; van Leeuwen, Richard; Wassouf, Hassan (2004). The Arabian Nights Encyclopedia. ABC-CLIO. ISBN 1-57607-204-5.
- McGinnis, Jon; Reisman, David C. (2007). Classical Arabic Philosophy: an Anthology of Sources. Hackett Publishing Company. ISBN 9780872208711.
- Menocal, María Rosa; Scheindlin, Raymond P.; Sells, Michael, ed. (2000). The Literature of al-Andalus. Cambridge University Press. ISBN 0-521-47159-1.
- Moreh, Shmuel (1976). Modern Arabic Poetry 1800–1970: the Development of its Forms and Themes under the Influence of Western Literature. Brill. ISBN 978-9004047952.
- Moreh, Shmuel (1986). "Live Theater in Medieval Islam". In Sharon, Moshe. Studies in Islamic History and Civilization: in Honour of Professor David Ayalon. Brill.
- Moreh, Shmuel (1988). Studies in Modern Arabic Prose and Poetry. Brill. ISBN 978-9004083592.
- Pinault, David (1992). Story-Telling Techniques in the Arabian Nights. Brill Publishers. ISBN 90-04-09530-6.
- Russell, G. A., ed. (1994). The 'Arabick' Interest of the Natural Philosophers in Seventeenth-century England. Brill. ISBN 9789004098886.
- Somekh (1992). "The Neo-Classical Poets". In Badawi, Mohammed Mustafa. Modern Arabic Literature. Cambridge University Press. ISBN 978-0521331975.
- Stone, Christopher (2008). Popular Culture and Nationalism in Lebanon: the Fairouz and Rahbani Nation. Routledge. ISBN 9780203939321.
- Toomer, G. J. (1996). Eastern Wisedome and Learning: the Study of Arabic in Seventeenth-century England. Oxford University Press. ISBN 9780198202912.
- Van Gelder, G. J. H. (1982). Beyond the Line: Classical Arabic Literary Critics on the Coherence and Unity of the Poem. Brill. ISBN 90-04-06854-6.
- Von Grunebaum, G. E. (1952). "Avicenna's Risâla fî 'l-'išq and Courtly Love", Journal of Near Eastern Studies.
- Wainwright, Martin (22 de marzo de 2003). "Desert island scripts". The Guardian.
- Young, M. J. L.; Latham, J. D.; Serjeant, R. B., ed. (1990). Religion, Learning and Science in the Abbasid Period. Cambridge University Press. ISBN 0-521-32763-6.