Litoria caerulea
Litoria caerulea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Litoria caerulea' (White, 1790) | |||||||||||||||
Distribución
|
A Litoria caerulea é unha especie de ra arborícola orixinaria de Australia e Nova Guinea,[2] con poboacións introducidas en Nova Zelandia e nos Estados Unidos de América. Pertence ó xénero Litoria. Fisicamente, aseméllase a outras especies do mesmo xénero, especialmente á Litoria splendida e á Litoria infrafrenata.
A Litoria caerulea é meirande que a maioría de ras australianas, e ten unha lonxitude de dez centímetros. A lonxevidade media da ra en catividade, duns dezasete anos, é longa en comparanza coa maioría de ras. As ras xigantes son dóciles e están ben adaptadas á vida a carón de fogares humanos. A miúdo poden atoparse nas fiestras ou dentro das casas, alimentándose dos insectos atraídos pola luz.
Por mor das súas características físicas e de comportamento, esta ra converteuse nunha das ras da súa rexión que máis doadamente se poden recoñecer, e noutras partes do mundo é un animal de compaña exótica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hero Modelo:Etal (2004). {{{title}}}. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o {{{downloaded}}}.
- ↑ José Santos. "Rã Arborícola de White". Aquamania. Consultado o 17 de xullo de 2008.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Litoria caerulea |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Australian Biological Resources Study (1993). Australian Govt. Pub. Service, ed. Fauna of Australia: Amphibia & Reptilia. Camberra. ISBN 978-0-644-32429-8.
- Cogger, Harold G. (1979). A. H. & A. W. REED PTY LTS, ed. Reptiles & Amphibians of Australia. ISBN 0-589-50108-9.