Saltar ao contido

Lockheed P-3 Orion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed P-3 Orion
Tipopatrulla marítima
FabricanteLockheed
Lockheed Martin
Kawasaki Aerospace Company
Primeiro voonovembro de 1959
Introducidoagosto de 1962
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Armada da República da China
Forza Marítima de Autodefensa do Xapón Armada de Corea do Sur
Produción1961 - 1990
Unidades construídas757
VariantesLockheed AP-3C Orion
Lockheed CP-140 Aurora
Lockheed EP-3
Lockheed WP-3D Orion

O Lockheed P-3 Orion é un avión catrimotor antisubmarino e de vixilancia marítima desenvolvidopara a Armada dos Estados Unidos e introducido nos anos 60. Lockheed baseouno no avión comercial L-188 Electra e distínguise doadamente deste pola súa agulla de cola, usada para albergar o detector de anomalías magnéticas (MAD) de submarinos.

Ao longo dos anos, o P-3 experimentou numerosos desenvolvementos de deseño, sobre todo nos seus paquetes electrónicos. Numerosas armadas e forzas aéreas de todo o mundo seguen a usar o tipo principalmente para patrullas marítimas, recoñecemento, guerra antisuperficie e guerra antisubmarina.[1]

Construíronse un total de 757 P-3.[2] En 2012, uniuse ao feixe de avións militares, incluíndo o Boeing B-52 Stratofortress, o Boeing KC-135 Stratotanker, o Lockheed C-130 Hercules e o Lockheed U-2 que o exército dos Estados Unidos leva máis de 50 anos utilizando.

No século XXI, o Boeing P-8 Poseidon propulsado por turboventiladores comezou a complementar, e finalmente substituirá, aos P-3 da Armada dos Estados Unidos.

  1. "The US Navy -- Fact File: P-3C Orion long range ASW aircraft". web.archive.org. 2011-03-16. Archived from the original on 16 de marzo de 2011. Consultado o 2024-04-07. 
  2. "P-3 Orion Research Group". www.p3orion.nl. Consultado o 2024-04-07.