Saltar ao contido

Locomoción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Locomoción (lit. "movemento de lugar") designa en xeral un medio de transporte de mercadorías ou persoas, e en particular aquel no que uns contedores (vagóns) dotados de rodas van circulando apoiados en raís): por iso o vagón que produce a enerxía que o move se chama locomotora.

A súa acepción xenérica asígnase a calquera sistema de transporte, sexa de tracción animal ou artificial, propia ou exóxena. Así, a locomoción humana pode ser a pé, a catro patas, a nado, choutando, á ra, do revés etc. A importancia do modo de locomoción na evolución humana é tal que existen teorías que o relacionan coa capacidade intelixente e cultural ou cos hábitos alimenticios dos prehomínidos, polo cal tería xurdido a bipedestración en épocas prehistóricas. Esta capacidade de bipedestración implicou tamén certas particularidades anatómicas e sociais: a disposición dos pés, das pernas, do cóccix, a forma da columna vertebral, as características migratorias ou a dieta do home poden ser diferentes do chimpancé ou dos pónxidos en boa medida debido á específica locomoción humana.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.