Saltar ao contido

Luis José de Orbegoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis José de Orbegoso

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Luis José de Orbegoso y Moncada Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1795 Editar o valor en Wikidata
Huamachuco, Perú (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 1847 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Trujillo, Perú Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosNemecio Orbegoso Editar o valor en Wikidata

Luis José de Orbegoso y Moncada Galindo (* Facenda Chuquisongo, 25 de agosto de 1795 - † Trujillo, 5 de febreiro de 1847) foi un militar e político peruano. Participou a favor da independencia do seu país. Presidente Constitucional do Perú de 1833 a 1836 (aínda que a título provisorio) e Presidente do Estado Nor-Peruano (integrante da Confederación Perú-Boliviana), entre 1837 e 1838. Desenvolveu a súa carreira política durante unha etapa de profunda división social e unha continua guerra civil polo que en varios momentos o seu goberno constitucional coexistiu cos dos militares golpistas Pedro Pablo Bermúdez e Felipe Santiago Salaverry.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Luís José de Orbegoso foi fillo de Xusto de Orbegoso e Burutarán e de Francisca Moncada-Galindo e Morais, membros da nobreza colonial asentados na cidade de Trujillo. Por vía materna era descendente dos antigos condes de Olmos.

Naceu na facenda Chuquisongo, preto de Huamachuco, no actual departamento da Libertad. Militou ao principio como oficial das milicias coloniais, para enrolarse logo ao bando patriota, participando con José de San Martín na guerra da independencia. Foi nomeado Prefecto do departamento da Libertad durante a ditadura de Simón Bolívar[1]. Durante o goberno de José de la Mar participou na guerra contra a Gran Colombia.

Tralo derrocamento de La Mar retirouse á súa facenda (1829). Pero retornou á vida pública como deputado por Huamachuco, na Convención Nacional convocada en 1833. Ao concluír o primeiro goberno de Agustín Gamarra foi elixido Presidente provisorio da República en 1833, gañándolle a Pedro Pablo Bermúdez, o candidato preferido de Gamarra.

Baixo o seu goberno promulgouse a Constitución liberal de 1834. O seu mandato viuse turbado pola súa inimizade cos gamarristas. Estes, encabezados por Bermúdez e A Mariscala (esposa de Gamarra) deron un golpe de estado a principios de 1834, pero acabaron por ser derrotados. Así mesmo tivo que lidar co mozo Felipe Santiago Salaverry quen se proclamou Xefe Supremo da República en 1835, aproveitando que se achaba fóra da capital. Con todo, Orbegoso non perdeu o control de parte sur do país e, contando co apoio do entón presidente de Bolivia, Andrés de Santa Cruz, recuperou o poder (aínda que só nominalmente) e regresou a Lima. En pago ao apoio que recibiu de Santa Cruz, accedeu a formar con este a Confederación Perú-Boliviana. Santa Cruz asumiu o Supremo Protectorado da Confederación e Orbegoso mantivo unicamente a presidencia do Estado Nor-Peruano.

Ao producirse a invasión da chamada Expedición Restauradora peruano-chilena, Orbegoso quixo representar o sentimento peruanista e expulsar tanto a bolivianos como a chilenos. Porén, foi derrotado polos restauradores no combate de Portada de Guías (1838). Tras un intento de reconciliación con Santa Cruz, este cominouno a abandonar o país.

Orbegoso saíu ao desterro rumbo a Ecuador. Regresou posteriormente, aínda que xa afastado da vida política activa. Morreu en Trujillo en 1847.