MAVEN
MAVEN / Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN | |
---|---|
MAVEN. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | En órbita de Marte.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 18 de novembro de 2013, 18:28 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Atlas 5[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[1][2] |
NSSDC ID | 2013-063A |
Masa | 2454 kg (con propelente)[1] |
MAVEN ou Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN é unha sonda espacial da NASA lanzada o 18 de novembro de 2013 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]MAVEN foi enviada a Marte para estudar a atmosfera superior e a ionosfera do planeta vermello, así como as súas interaccións co vento solar e determinar a perda co tempo dos gases da atmosfera marciana e o seu efecto na evolución do planeta.[1][2][3]
O corpo da nave ten forma aproximadamente cúbica de 2,3 x 2,3 x 2,0 m, construído con paneis de aluminio entremetidos en paneis de composto de grafito. No centro do corpo atópase un depósito de propelente cilíndrico de 1,3 m de diámetro que pode conter ata 1640 kg de hidracina. Do corpo da nave saen dous paneis solares que proporcionan a alimentación eléctrica. A nave leva oito instrumentos científicos a bordo: un magnetómetro, un espectrómetro de ións e gases neutros, unha sonda Langmuir e detector de ondas, un espectrómetro ultravioleta, un analizador de electróns do vento solar, un analizador de ións do vento solar, un detector de partículas enerxéticas solares e un detector de ións termais e supratermais.[1][2][3]
MAVEN foi lanzada o 18 de novembro de 2013 e chegou a Marte o 22 de setembro de 2014, acadando unha órbita científica cun período de 4,5 horas, unha inclinación de 75º e unha periapse de 150 km.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (14 de maio de 2020). "Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN (MAVEN)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MAVEN (Mars Scout 2)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 23 December 2014 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (15-00343(E)). 15 de xaneiro de 2015: 5. Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MAVEN |