Saltar ao contido

Macadamia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre o xénero de árbores, para a especie máis común véxase: Macadamia tetraphylla.
Noces de macadamia, con e sen casca.
Flores da Macadamia integrifolia.

Macadamia e un xénero botánico que contén oito especies de plantas con flor da familia das proteáceas. A súa área de distribución limítase ao leste de Australia (sete especies), Nova Caledonia (especie M. neurophylla) e Indonesia, Célebes (especie M. hildebrandii)

Unhas poucas especies cultívanse pola súa noz comestíbel (noz de macadamia) Na actualidade a macadamia cultívase tamén en México, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Guatemala, Ecuador, Paraguai, Perú, República Dominicana e Venezuela.

O xénero foi nomeado así en 1857 polo botanista Ferdinand von Mueller, primeiro en describir o xénero, en honra do seu colega o naturalista e político australiano, de orixe escocesa, John Macadam (cómpre non confundir co enxeñeiro escocés John Loudon McAdam).

Os nomes comúns do froito seco son:

  • macadamia
  • noz de arbusto
  • noz de macadamia
  • noz maroochi
  • Queensland nut (‘noz de Queensland’ en inglés de Australia).

Os aborixes australianos chamábano de kindal kindal ou jindilli.

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

O seu aceite esencial empregouse en perfumaría.

Só dúas especies posúen importancia comercial por ser as únicas que teñen a noz comestíbel: Macadamia integrifolia e Macadamia tetraphylla. As noces das demais especies son velenosas (por exemplo a Macadamia whelanii e a Macadamia ternifolia). A toxicidade débese á presenza de glicósidos. Estes glicósidos poden ser eliminados mediante procesos coñecidos polos aborixes.

Na actualidade a macadamia úsase para a elaboración de produtos cosméticos, xa que posúe propiedades hidratantes da pel. A noz de macadamia contén ácido palmitoleico (C16:1), un ácido graxo omega-7.

A macadamia introduciuse no Perú como cultura alternativa, grazas a un programa financiado e dirixido por FONCODES. Os agricultores da selva peruana aproveitaron as súas bondades no autoconsumo; porén a macadamia ten gran potencial para exportación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]