Manuel Mariño Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Fiolledo, España |
Morte | 15 de febreiro de 1967 (84/85 anos) Fiolledo, España |
Alcalde de Salvaterra de Miño | |
1936 – 1936 | |
Alcalde de Salvaterra de Miño | |
1931 – 1934 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Mariño Méndez, nado en Fiolledo (Salvaterra de Miño) cara a 1882 e finado na mesma parroquia o 15 de febreiro de 1967, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixente agrario, creu en 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e Salvaterra coa axuda dos emigrados na Arxentina. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Salvaterra de Miño e elixido primeiro tenente de alcalde o 24 de marzo de 1924 na corporación que presidiu Francisco Piñeiro Groba. Foi delegado en Salvaterra da Unión Progresista de Salvaterra de Miño en Buenos Aires. Na Segunda República foi alcalde de Salvaterra de Miño entre 1931 e 1934. Foi o artífice do ingreso na UGT das sete sociedades agrarias que compuñan a Federación Municipal Agraria de Salvaterra en xaneiro de 1933. Afiliouse a Izquierda Republicana e foi reposto como alcalde en febreiro de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na parroquia de Leirado e despois fuxiu a Portugal. Estivo detido en Monção durante uns meses, e despois pasou a un penal en Lisboa do que conseguiu saír grazas á axuda do embaixador español. Pasou á zona leal e uniuse ao exército republicano. Recibiu axudas dende Buenos Aires. En 1939 estaba refuxiado en Francia e obtivo o permiso necesario para ingresar na Arxentina, a onde chegou ese ano, grazas á intervención de Manuel Puente González. Nese mesmo ano recibiu unha homenaxe da Sociedad Unión Progresista del Distrito de Salvatiera. Retornou a Salvaterra en 1949. Viviu en Fiolledo até o seu falecemento aos 85 anos de idade.
Predecesor: ? |
Alcalde de Salvaterra de Miño 1931 - 1934 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Salvaterra de Miño 1936 |
Sucesor: Victoriano Alonso Parada |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candeira Mosquera, Francisco (1999). O Condado na IIª República (1931-1939). Ponteareas: Egasur. ISBN 84-930739-0-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega
- El alcalde que calmó a las masas en el 36
- Lazoiro homenaxeará ao alcalde republicano Manuel Mariño nunha exposición adicada á memoria histórica