María de Francia e de Aquitania
Nome orixinal | (fr) Marie de France |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1145 Reino de Francia |
Morte | 11 de marzo de 1198 (Gregoriano) (52/53 anos) Meaux, Francia |
Lugar de sepultura | Meaux Cathedral (en) |
Rexente | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Condesa |
Familia | Casa de Capeto (pt) |
Cónxuxe | Henrique I de Champaña (1164 (Gregoriano)–1181) |
Fillos | Henrique II de Jerusalém, Scholastique of Champagne, Maria de Champanhe, Teobaldo III de Champaña |
Pais | Lois VII de Francia e Leonor de Aquitania |
Irmáns | Margarida de Francia Leonor Plantagenet Inés de Francia Joan of England Adela de Francia Matilde de Inglaterra, Duquesa da Saxônia Adelaida de Francia Xoán I de Inglaterra Henrique o Rei Mozo Godofredo II da Bretaña Filipe II de Francia Ricardo I de Inglaterra Guilherme, Conde de Poitiers |
María de Francia e Aquitania, nada en 1145 e finada o 11 de marzo de 1198, foi unha princesa de Francia e rexente do condado de Champaña (1181 - 1187 e 1190 - 1197). Participou na cultivada corte de Leonor de Aquitania en Poitiers (1170-1173) e ela mesma mantivo unha corte de amor brillante e protexeu ou alentou a varios escritores, entre os cales estaban Chrétien de Troyes, Gace Brulé, Gautier d'Arras, Guiot de Provins, Huon d'Oisy ou Geoffroi de Villehardouin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Primeira filla do rei Lois VII de Francia e da súa primeira esposa, Leonor de Aquitania. Era neta por liña paterna de Lois VI de Francia e de Adelaida de Savoia, e por liña materna de Guillerme X de Aquitania e Leonor de Châtellerault. Era a irmá máis vella, por parte de nai, dos futuros reis de Inglaterra Ricardo Corazón de León e Xoán sen Terra.
Matrimonio e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou en 1164 con Henrique I de Champaña, conde de Champaña e Brie. Desta unión naceron cinco fillos:
- O infante Henrique II de Champaña (1166 - 1197), conde de Champaña e de Hainaut e rei de Xerusalén.
- Princesa María de Champaña (1174 - 1204), casada en 1186 con Balduíno IX de Flandres, emperador latino de Constantinopla.
- O infante Teobaldo III de Champaña (1179 - 1201), conde de Champaña e pai de Teobaldo I de Navarra.
- a infanta Escolástica de Champaña (? - 1219), casada con Guillerme IV de Mâcon.
Tras a morte do seu marido, asumiu a rexencia do condado de Champaña en nome do seu fillo ata o ano 1187. En 1190, o seu fillo foi loitar en Terra Santa e ela volveu ser rexente do reino, ata que Henrique II casou coa raíña de Xerusalén e foi nomeado rei. Cando o seu fillo Henrique II morreu en 1197, María de Francia cedeu o poder ao seu segundo fillo Teobaldo II e retirouse a un convento. Morreu en 1198.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María de Francia e de Aquitania |