Saltar ao contido

Maria Winckelmann Kirch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maria Margaret Kirch»)
Modelo:BiografíaMaria Winckelmann Kirch
Nome orixinal(de) Maria Margaretha Winkelmann Kirch Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Maria Margaretha Winkelmann Editar o valor en Wikidata
25 de febreiro de 1670 Editar o valor en Wikidata
Leipzig (Electorado de Saxonia) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de decembro de 1720 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Berlín (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaReino de Prusia Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónoma Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia Prusiana das Ciencias (1700–) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresChristoph Arnold Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGottfried Kirch (1692–) Editar o valor en Wikidata
FillosChristfried Kirch, Christine Kirch, Margaretha Kirch Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Maria Margarethe Winckelmann Kirch, coñecida como Maria Margaret Kirch ou como Maria Winckelmann, nada en Panitzsch, próximo a Leipzig, o 25 de febreiro de 1670 e finada en Berlín o 29 de decembro de 1720, foi unha astrónoma alemá.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maria Winckelmann era filla dun ministro protestante que non lle deu educación formal. algo pouco frecuente na época. Grazas á actitude do seu pai puido ser educada nas artes e as letras, tanto por el como polo seu tío.[2]

Mostrou un interese temperán pola astronomía, polo que se converteu en estudante, aprendiz e axudante de Christoph Arnold von Sommerfeld, coñecido polo alcume do paisano astrónomo, un astrónomo autodidacta que traballaba como granxeiro na cidade de Sommerfeld. Esta situación era habitual no século XVII, onde a práctica da astronomía tiña lugar a miúdo fora das universidades. De feito, neses anos, moitos dos grandes astrónomos non estudaron na universidade porque a astronomía estaba moito máis próxima á tradición artesanal, desenvolvida nos gremios e oficios, que ás disciplinas académicas como foi o caso a partir do século XX. Por medio de Christopher Arnold, María coñeceu a un dos astrónomos máis famosos do momento, Gottfried Kirch, co que casou anos máis tarde, en 1692.[3] Unha vez casada, María deixou o observatorio de Arnold e continuou a súa formación xunto a seu esposo, embarcándose conxuntamente no estudo da astronomía e a observación do firmamento. No ano 1700 trasládanse a Berlín, onde Gottfried foi nomeado astrónomo oficial da Academia das Ciencias, a Berliner Akademie; o que lle permitiu a María traballar ―aínda que fose de maneira non oficial pero si recoñecida― como a súa axudante.

Nos primeiros tempos na Academia, María dedicou gran parte do seu tempo ao estudo dos astros, observando cada noite, a partir das 21:00 h, o firmamento. Grazas a esta observación constante e minuciosa dos ceos nocturnos, realizaron cálculos astronómicos para calendarios e almanaques con información das fases da lúa, a posta do sol, as eclipses e as posicións do Sol e outros planetas;[4] o que constituía a verdadeira fonte de ingresos da Academia, que obtiña máis cartos coa venda de calendarios que coa asignación económica recibida da corte real de Prusia, polo que os astrónomos constituían un valioso activo para a Academia.

Maria Winkelmann-Kirch foi a primeira muller que descubriu un cometa (o C/1702 H1, en 1702).[5]​ Tras a morte do seu marido en 1714, comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie. A pesar das decepcións que experimentou durante a súa carreira na sombra, as súas publicacións gozaron de recoñecemento durante a súa vida e foron unha importante contribución á astronomía. Entre elas, as súas observacións da aurora boreal en 1707 e dous opúsculos, un sobre a conxunción do Sol con Saturno e Venus, en 1709, e outro sobre a predición dun novo cometa en 1711 que fron moi ben acollidos.

Rexeitamento académico

[editar | editar a fonte]

Maria Winkelmann solicitou un cargo de astrónoma asistente na Academia de Berlín, para o que estaba altamente cualificada. Por ser muller ―e polo tanto sen estudos universitarios― denegóuselle o cargo. Os membros da Academia de Berlín temeron establecer un mal exemplo ao contratar a unha muller. En vida non recibiu recoñecemento algún polo seu descubrimento do cometa. Tempo despois seu marido morre, en 1710, e volveulle a ser denegado o seu posto no observatorio. Maria Winkelmann non ingresou na Academia de Ciencias de Berlín a causa de argumentos como o que expón Jablonski nunha carta dirixida a Leibniz en 1710: "Debe vostede ser consciente de que a decisión que pronto haberá de tomar podería ser tomada como precedente. En principio somos da opinión de que este caso debe ser xulgado non só polos seus presentes méritos senón tamén como puidera selo en adiante, pois o que lle concedamos a ela podería servir de exemplo para o futuro".[6]

María continuo traballando no observatorio do barón Krosigk ata o seu falecemento o 29 de decembro de 1720.

  1. "Artigos arquivos Páxina 4 de 5". Cometografía (en castelán). Consultado o 2021-04-08. 
  2. "Maria Winkelmann, una astrónoma en la sombra Información y Actualidad Astronómica". revista.iaa.es. Consultado o 2021-04-08. 
  3. "Una astrónoma en la sombra, Maria Winkelmann (1670-1720) Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-12-21. Consultado o 2021-04-08. 
  4. Virgili, Universitat Rovira i. "Maria Winckelmann Kirch Dones astrónomas Dones i Ciències Año de las Mujeres y las Ciencias Observatorio de la Igualdad Universidad responsable Vida en el campus". Universitat Rovira i Virgili (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-08. 
  5. "Maria Winkelmann, la primera mujer que descubrió un cometa". La Vanguardia (en castelán). 2018-12-08. Consultado o 2021-04-08. 
  6. Buquet, Ana; Mingo, Araceli; Moreno, Hortensia; Buquet, Ana; Mingo, Araceli; Moreno, Hortensia (2018-03-XX). "Imaginario occidental y expulsión de las mujeres de la educación superior". Revista de la educación superior (en castelán) 47 (185): 83–108. ISSN 0185-2760. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]