Saltar ao contido

Maria Stuarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maria Stuarda
María Estuardo
María Estuardo.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiuseppe Badari
Fontes literariasBaseada na traxedia de Friedrich Schiller: Maria Stuart
Estrea30 de decembro de 1835 (revisión)
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 30 minutos
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

Maria Stuarda, en galego, María Estuardo, é unha ópera seria en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giuseppe Badari. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 30 de decembro de 1835. Forma parte da chamada Triloxía Tudor (xunto con Anna Bolena e Roberto Devereux), as óperas que Donizetti compuxo en torno á figura de Isabel I de Inglaterra.

Características

[editar | editar a fonte]

Donizetti pensara en Felice Romani para escribir o libreto, mais finalmente se negaría. O compositor contactou daquela con Giuseppe Badari, un xove avogado de 17 anos. Donizetti xa escollera a trama da ópera, sería unha obra de Friedrich Schiller, que á súa ver narra os feitos ficticios sobre a raíña María I de Escocia.

Como moitas outras óperas da época, Maria Stuarda tivo problemas coa censura. Donizetti compúxoa por encargo do Teatro San Carlo de Nápoles. Mais durante os ensaios, en 1834, recibiu a orde de trocar o texto para eliminar calquera referencia á disputa entre Isabel de Inglaterra e María Estuardo, e a execución da ópera. A corte de Nápoles era daquela a máis conservadora de Europa.

O tema está baseado nas vidas de María, Raíña de Escocia, e a súa curmá Isabel I de Inglaterra. Ao prohibir o rei a representación da ópera, Donizetti respondía sacando anacos da súa composición para empregalos nun traballo posterior, Buondelmonte. A soprano María Malibrán forzou unha estrea no Teatro alla Scala ignorando a revisión censurada, mais Milán reforzaba a prohibición. Dándose de conta da imposibilidade de continuar a súa carreira en Italia, considerou a posibilidade dunha estrea en Londres, mais a morte de Malibrán (á idade de 28 anos) en 1836 anulou o proxecto. Coa excepción dunhas cantas producións da versión Buondelmonte, a obra ficou esquecida ata 1958, cando unha produción de Bérgamo, a cidade natal de Donizetti, levaba o traballo orixinal á popularidade.

En 1866, Maria Stuarda volveu ao Teatro San Carlo, desta volta co seu libreto orixinal; a dinastía Borbón xa non reinaba na cidade.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco o 30 de decembro de 1835
(Director:Gaetano Donizetti)
Maria Stuarda (raíña de Escocia) soprano María Malibrán
Elisabetta (raíña de Inglaterra) soprano Giacinta Puzzi Toso
Anna Kennedy (doncela de Maria) mezzosoprano Teresa Moja
Robert Dudley (Conde de Leicester) tenor Domenico Reina
William Cecil (tesoureiro de Isabel) barítono Pietro Novelli
Giorgio Talbot (conselleiro de Isabel) baixo Ignazio Marini
  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 156. ISBN 978-84-670-2605-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]