Saltar ao contido

Mariano Rajoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariano Rajoy

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Mariano Rajoy Brey Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Goberno de España
30 de outubro de 2016 – 1 de xuño de 2018 (Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018)
← Mariano RajoyPedro Sánchez →
Gabinete ministerial: Segundo goberno de Mariano Rajoy
Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 2016 – 15 de xuño de 2018 – Valentina Martínez Ferro →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente do Goberno de España
21 de decembro de 2015 – 30 de outubro de 2016
Presidente do Goberno de España
20 de decembro de 2011 – 21 de decembro de 2015
← José Luis Rodríguez ZapateroMariano Rajoy →
Gabinete ministerial: Primeiro goberno de Mariano Rajoy
Deputado no Congreso dos Deputados
1 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente do Partido Popular
2 de outubro de 2004 – 21 de xullo de 2018
← José María AznarPablo Casado Blanco →
Líder da oposición
16 de abril de 2004 – 21 de decembro de 2011
← José Luis Rodríguez ZapateroAlfredo Pérez Rubalcaba →
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Secretario Xeral do Partido Popular
4 de setembro de 2003 – 2 de outubro de 2004
← Javier Arenas BocanegraÁngel Acebes →
Ministro da Presidencia de España
10 de setembro de 2002 – 4 de setembro de 2003
← Juan José LucasJavier Arenas Bocanegra →
Voceiro do Goberno de España
10 de xullo de 2002 – 2003
← Pío Cabanillas AlonsoEduardo Zaplana Hernández-Soro →
Ministro do Interior de España
27 de febreiro de 2001 – 10 de xullo de 2002
← Jaime Mayor OrejaÁngel Acebes →
Vicepresidencia do Goberno de España
27 de abril de 2000 – 4 de setembro de 2003
← Francisco Álvarez-CascosRodrigo Rato →
Ministro da Presidencia de España
27 de abril de 2000 – 27 de febreiro de 2001
← Francisco Álvarez-CascosJuan José Lucas →
Deputado no Congreso dos Deputados
3 de abril de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Educación e Cultura
19 de xaneiro de 1999 – 27 de abril de 2000
← Esperanza AguirrePilar del Castillo →
Ministro das Administracións Públicas
6 de maio de 1996 – 19 de xaneiro de 1999
← Joan LermaÁngel Acebes →
Deputado no Congreso dos Deputados
22 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
24 de xuño de 1993 – 27 de marzo de 1996

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
20 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 1986 – 4 de decembro de 1986 – Adriano Marques de Magallanes →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Presidente da Deputación de Pontevedra
1983 – 1986
← Federico Cifuentes PérezFernando García del Valle → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico (década de 1970–2018), rexistrador da propiedade Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata - 1 de xuño de 2018 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAlianza Popular (valor descoñecido–1989)
Partido Popular (1989–)
Unión Nacional Española (década de 1970–década de 1970)
Popular parliamentary group (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElvira Fernández Balboa (1996–) Editar o valor en Wikidata
FillosMariano Rajoy Fernández, Juan Rajoy Fernández Editar o valor en Wikidata
PaisMariano Rajoy Sobredo Editar o valor en Wikidata  e Olga Brey López Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de maio de 2018-1 de xuño de 2018Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1775577 Facebook: Mariano-Rajoy-Brey-54212446406 Twitter: marianorajoy Instagram: marianorajoy BNE: XX1079922 BUSC: rajoy-brey-mariano-1955 Dialnet: 53656 Editar o valor en Wikidata

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeral da formación.

Foi presidente do Partido Popular dende 2004 até 2018 —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e desempeñouse como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 converteuse no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.[1]

O pleno do concello de Pontevedra aprobou o 22 de febreiro de 2016 a declaración de Rajoy como "persoa non grata" na cidade, entre outros motivos pola concesión dunha prórroga de 60 anos á presenza de ENCE, industria dedicada á produción de pasta de papel, na ría de Pontevedra.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Familia e formación

[editar | editar a fonte]

É fillo de Mariano Rajoy Sobredo, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, coñecido por presidir o tribunal que xulgou o caso Reace. O seu avó foi o político monárquico Enrique Rajoy Leloup, secretario da Comisión Redactora do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.[3]

Fixo o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade no seu último ano de carreira, e con 24 anos converteuse no rexistrador máis novo de España,[4] sendo destinado a Padrón (A Coruña), a Vilafranca do Bierzo (León) e Santa Pola (Alacant). Ao ano seguinte, en 1980, sufriu un accidente de tráfico en Palas de Rei ao saír da estrada un coche que conducía, o que lle causa feridas importantes no rostro. Dende aquel momento leva barba.[5][6]

A política galega (1981–1991)

[editar | editar a fonte]

Decidiu entrar en política afiliándose en 1981 a Alianza Popular (actualmente Partido Popular). Conseguiu ser deputado tralas primeiras eleccións autonómicas galegas, que se celebraron o 20 de outubro dese mesmo ano. Nas eleccións municipais do 8 de maio de 1983 foi elixido concelleiro do Concello de Pontevedra e, conseguintemente tomou posesión da Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1986 obtivo un escano no Congreso dos Deputados como cabeza de lista por Pontevedra. Non obstante, Rajoy volveu para ocupar durante un ano a Vicepresidencia da Xunta de Galicia (1986 - 1987) tras a dimisión de Xosé Luís Barreiro. Continuou o seu ascenso alcanzando a Presidencia Provincial de Pontevedra de AP, onde se mantivo ata xullo de 1991, e a Secretaría Xeral do partido en Galicia, que dirixiu durante dous anos.

Rajoy é membro do Comité Executivo Nacional dende xaneiro de 1989, ano no que foi elixido deputado por Pontevedra e no que Alianza Popular pasou a chamarse Partido Popular.

Ministro do Goberno de Aznar (1996–2003)

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións do 6 de xuño de 1993 renovou o seu escano no Congreso, algo que tamén fixo o 3 de marzo de 1996 (ano no que casou con Elvira Fernández Balboa), cando o seu partido logrou derrotar ó Partido Socialista Obrero Español de Felipe González, coa candidatura de José María Aznar.

O 5 de maio de 1996 foi nomeado Ministro de Administracións Públicas aprobándose baixo a súa estadía no cargo a Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado, LOFAGE (Lei 6/1997, de 14 de abril).

En xaneiro de 1999, Rajoy cedeu o seu posto a Ángel Acebes e substituíu a Esperanza Aguirre, que recibira fortes críticas pola súa xestión, sendo nomeado Ministro de Educación e Cultura. Baixo o súa estadía no cargo aprobáronse os novos plans de estudo da Formación profesional. Ese mes foi reelixido Vicesecretario Xeral do partido no seu XIII Congreso.

Rajoy obtivo o encargo de dirixir a campaña electoral para as xerais do 2000. O seu éxito no labor, unido á pésima situación que atravesaba o PSOE de Joaquín Almunia, levou ó Partido Popular á maioría absoluta. Aznar recompensouno entón coa Vicepresidencia Primeira do Goberno e co Ministerio da Presidencia.

En febreiro de 2001, deixou de ser ministro da Presidencia para suceder en Interior a Jaime Mayor Oreja. Como responsable deste ministerio, Rajoy conseguiu importantes éxitos na loita contra a organización terrorista ETA[Cómpre referencia].

Rajoy cesou como ministro do Interior en xullo de 2002 para asumir as carteiras de Portavoz do Goberno e, de novo, ministro da Presidencia. Dende esa posición, tivo que afrontar as dúas maiores crises do período 1996 - 2003: o desastre causado polo afundimento do Prestige e o apoio de Aznar a George W. Bush durante a invasión a Iraq de 2003. Porén, para os seus seguidores, Rajoy saíu aparentemente ben de ambos problemas e o seu papel de "fontaneiro" da Moncloa foi decisivo para a súa designación como Secretario Xeral do PP e candidato á Presidencia o 30 de agosto de 2003.

Líder do Partido Popular, campaña e eleccións de 2004

[editar | editar a fonte]

No XIV Congreso do Partido Popular celebrado en Madrid entre os días 25 ao 27 de xaneiro de 2002, o presidente do Goberno e do partido José María Aznar cumpriu a súa palabra de non estar máis de oito anos á fronte da presidencia do país e ademais se convertía así no primeiro gobernante español en exercicio que renunciaba voluntariamente a seguir no poder[7] a pesar das presións de dentro do seu partido para que continuara.

Rajoy saudando xunto a Joaquín Ramírez, Teófila Martínez e Celia Villalobos nun mitin.

O 31 de agosto de 2003, Aznar lle propuxo como su sucesor e o expresou con esta frase: «Mariano, te ha tocado».[8] En novembro de 2012, Aznar revelou que lle ofrecera a súa sucesión a Rodrigo Rato, pero Rato rexeitouna ata en dúas ocasións.[9] O 3 de setembro, foi elixido pola Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, novo secretario da formación e candidato á presidencia do Goberno.[10]

O 14 de marzo de 2004 tiveron lugar as novenas eleccións xerais desde a restauración democrática e nas cales se produciría o cuarto relevo na presidencia do Goberno. Durante a campaña electoral o PP esgrimiu como a súa principal baza os logros económicos alcanzados durante os oito anos de Goberno de Aznar (crecemento do PIB, equilibrio nos presupostos, creación de emprego e descenso do paro). O seu slogan electoral foi «Xuntos vamos a máis».[11]

Tres días antes da cita coas urnas, o xoves 11 de marzo producíronse unha serie de atentados terroristas simultáneos en catro trens en Madrid, que se encontraban nas estacións de Atocha, Santa Euguenia e El Pozo, os cales arrebataron a vida a 191 persoas e deixaron feridas a máis de 1500. Inmediatamente atribuíuse esta masacre, o peor atentado da historia de España e de Europa (en tempos de paz), a ETA.[12] En sinal de dolo e repulsa ante esa traxedia terrorista que se acababa de cometer os dous principais candidatos á presidencia do Goberno (Rajoy e Zapatero) xunto aos demais partidos políticos anunciaron a suspensión dos actos electorais e o final da campaña electoral.[13]

O día 12, ás sete da tarde comezaron en toda España as marchas multitudinarias convocadas polo goberno e presididas co lema: «Coas vítimas, coa Constitución, pola derrota do terrorismo». Na cabeceira que máis cidadáns concentrou –dous millóns e medio– en Madrid, atopábanse por primeira vez na historia de España, membros da familia real: o Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón e as súas dúas irmás, as infantas Elena e Cristina de Borbón. Xunto a eles estaba o presidente do Goberno, José María Aznar e os dous candidatos á presidencia do Goberno, polos dous grandes partidos: Rajoy polo Partido Popular e José Luis Rodríguez Zapatero polo PSOE.[14]

Mitin do PP para as eleccións xerais de 2004.

Ao día seguinte, o diario El Mundo publicou unha entrevista realizada a Rajoy na cal afirmaba que «tiña a convicción moral de que a autoría dos atentados de Madrid correspondía a ETA».[15] Nese día de xornada de reflexión electoral, decenas de manifestantes convocáronse ante as sedes do Partido Popular exixindo ao goberno da nación que aclarara quen cometera o masacre terrorista. As manifestacións estendéronse pola tarde e pola noite, non só na sede principal da rúa Génova de Madrid (que foi a máis multitudinaria), senón tamén noutras cidades.[16] Debido a estas concentracións, Rajoy compareceu en televisión para pedir que cesaran unhas «manifestacións ilegais», as cales cualificou como «feitos antidemocráticos».[17] Case media hora despois, compareceu Alfredo Pérez Rubalcaba o cal afirmou que «os cidadáns españois se merecen un goberno que non lles minta, un goberno que diga sempre a verdade».[18]

Ao día seguinte, o pobo español acudiu á súa cita ás urnas. A participación chegou case ao 78% do censo. O PSOE logrou 164 escanos (42,64 %) e máis de dez millóns de votos mentres que o PP pasou da maioría absoluta á oposición con 148 escanos (37,64 %).[19]

O 7 de outubro de 2004, Rajoy afirmou nun foro do diario El Mundo que el «non cría que os detidos polo 11-M organizaran os atentados».[20]

Política na oposición (2004–2011)

[editar | editar a fonte]
Mariano Rajoy nun Congreso do Partido Popular Europeo en 2006.

O 2 de outubro de 2004, no XV Congreso do Partido Popular, Mariano Rajoy foi elixido presidente da formación por un 98,37% dos votos dos compromisarios.[21]

Na súa primeira etapa como líder da oposición (2004-2008), significou no plano político a volta á crispación. Dous foron os temas que se utilizaron a fondo para destacar a acción gobernamental: o primeiro foi a política antiterrorista e o proceso de paz no País Vasco e o segundo a reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

O 1 de decembro de 2005 sufriu un accidente de helicóptero na praza de touros de Móstoles, xunto coa presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, do que saíu practicamente ileso. Só sufriu unha fractura nun dedo e unha luxación noutro.[22] Dous días despois, o día tres, Rajoy[23] afirmou nun acto en honra da Constitución Española afirmou que «Non hai máis ca unha nación, a española» por mor da reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

O 7 de xuño, Rajoy anunciou que o Partido Popular «rompía toda relación co executivo socialista» (por primeira vez na democracia ocorría isto) porque o goberno de Zapatero aceptou dialogar con Batasuna.[24][25][26]

O 5 de marzo de 2007, Rajoy convocou para o día 10 unha manifestación baixo o lema «España pola liberdade; non máis cesións a ETA» como rexeitamento pola concesión por parte do goberno de Zapatero do segundo grao penitenciario ao etarra José Ignacio de Juana Chaos (autor de 25 asasinatos).[27] Cinco días despois, celebrouse en Madrid a mair manifestación xamais convocada por un só partido político en España ata entón.[28]

Respecto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo, o Partido Popular interpuxo un recurso ante o Tribunal Constitucional,[29] que se resolveu o 6 de novembro de 2012, sete anos despois da súa tramitación, con 8 votos a favor do matrimonio homosexual e 3 en contra.[30]

Presidente de Goberno (2011–2018)

[editar | editar a fonte]

En 2011, o Partido Popular conseguiu a vitoria nas eleccións xerais e Rajoy foi nomeado Presidente de Goberno. O primeiro mandato de Rajoy estivo marcado pola crise económica de 2008, unha gran reestruturación do sistema financeiro español, así como a reforma laboral. A crise económica chegou ao seu cumio cun rescate ao sistema bancario español en xuño de 2012. O desemprego incrementouse ata o 27% nese ano, o que levou a unha gran baixada do Partido Popular en intención de votos, que se viu agravada polos casos de corrupción que danaron seriamente a reputación do partido. Isto, xunto a outros factores, levaron a unha profunda división no sistema de partidos español, e a aparición de novos partidos na esquerda e na dereita: Podemos e Ciudadanos.

As eleccións xerais de España de 2015, deixaron unha configuración parlamentaria que fixo imposible a formación dun novo goberno; como resultado, Mariano Rajoy permaneceu como presidente do Goberno en funcións durante os seis meses de lexislatura ata que se convocaron as novas eleccións que se celebraron en xuño de 2016. Rajoy foi finalmente investido como presidente do Goberno grazas ao apoio de Ciudadanos e a abstención do PSOE.

Segundo mandato 2016-2018

[editar | editar a fonte]
O segundo gabinete de ministros do goberno de Mariano Rajoy.

O segundo mandato de Rajoy estivo marcado pola recuperación económica e a baixada da taxa de paro, porén a precariedade laboral aumentou e os salarios seguiron sen mellorar. Nesta etapa, o goberno de Rajoy tivo que afrontar unha grave crise constitucional marcada polo referendo de independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017 e a posterior declaración unilateral de independencia de Cataluña o 27 de outubro dese mesmo ano, que levou a activación por primeira vez do artigo 155 da Constitución nesa comunidade. A finais de maio de 2018, poucos días despois de aprobar os presupostos xerais do Estado para ese ano, Mariano Rajoy tivo que afrontar unha moción de censura presentada polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, por mor da sentenza do caso Gürtel. A moción de censura tivo lugar entre os días 31 de maio e 1 de xuño e resultou na perda do goberno de Mariano Rajoy.[1]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mariano Rajoy é neto de Enrique Rajoy Leloup, que foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto de Galicia (1932) e do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932-1936).

Está casado con Elvira Fernández de Balboa, a voda celebrouse o 28 de decembro de 1996 na Capela das Cunchas da illa da Toxa (O Grove). Rajoy xa era ministro de Administracións Públicas na primeira lexislatura de Aznar[31]. Deste matrimonio nace o seu primeiro fillo, Mariano, en 1999, e un segundo, Juan, en 2005[32].


Predecesor:
Federico Cifuentes Pérez
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1983 - 1986
Sucesor:
Fernando García del Valle


Predecesor:
Xosé Luís Barreiro
 
Vicepresidente da Xunta de Galicia
 
1986 - 1987
Sucesor:
Xosé Luís Barreiro


Predecesor:
Joan Lerma
 
Ministro de Administracións Públicas de España
 
1996 - 1999
Sucesor:
Ángel Acebes


Predecesor:
Esperanza Aguirre
 
Ministro de Educación e Cultura de España
 
1999 - 2000
Sucesor:
Pilar del Castillo


Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
 
Vicepresidente Primeiro do Goberno de España
 
2000 - 2003
Sucesor:
Rodrigo Rato


Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
 
Ministro da Presidencia de España
 
2000 - 2001
Sucesor:
Juan José Lucas


Predecesor:
Jaime Mayor Oreja
 
Ministro do Interior de España
 
2001 - 2002
Sucesor:
Ángel Acebes


Predecesor:
Juan José Lucas
 
Ministro da Presidencia de España
 
2002 - 2003
Sucesor:
Javier Arenas


Predecesor:
Pío Cabanillas Alonso
 
Portavoz do Goberno de España
 
2002 - 2003
Sucesor:
Eduardo Zaplana


Predecesor:
Javier Arenas
 Secretario Xeral do Partido Popular 
2003 - 2004
Sucesor:
Ángel Acebes


Predecesor:
José María Aznar
 Presidente do Partido Popular 
2004 - 2018
Sucesor:
Pablo Casado


Predecesor:
José Luis Rodríguez Zapatero
 
Presidente do Goberno de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
Pedro Sánchez


  1. 1,0 1,1 "Pedro Sánchez se convierte en el séptimo presidente de la democracia". ABC (en castelán). 1 de xuño de 2018. 
  2. "Rajoy, nombrado persona ‘non grata’ en Pontevedra" (en castelán).  "Mariano Rajoy será la primera persona declarada «non grata» en Pontevedra" (en castelán). 
  3. San Román, Elena. Real Academia de la Historia, ed. "Diccionario de Bibliográfico Español de la Real Academia de la Historia: Rajoy Brey, Mariano". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  4. Antón Losada Trabada (25 de xuño de 2016). "Mariano Rajoy, la leyenda del registrador". El Periódico de Catalunya (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  5. Luis Zaera De La Vega: "Yo reconstruí hace 32 años el rostro desfigurado de Mariano Rajoy", La Opinión de A Coruña, 4/1/2012.
  6. Portalo, Ana (24 de decembro de 2011). "Marianito, el niño que llegó a ser presidente". abc.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2022. 
  7. "Aznar: "No habrá otra vez; ésta es la última"". El Mundo. 26 de xaneiro de 2002. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  8. "«Mariano, te ha tocado»". La Voz de Galicia.com. 13 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2015. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  9. "Aznar revela que eligió a Rajoy como sucesor porque Rato lo rechazó dos veces". El País.com. 17 de novembro de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  10. "Rajoy promete continuar la política de Aznar 'por coherencia'". El Mundo. 3 de setembro de 2003. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  11. "Un mapa de España y la frase «Juntos vamos a más», imagen y lema del PP para las elecciones". El Mundo. 17 de febreiro de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  12. "Cuatro atentados simultáneos causan una matanza en trenes de Madrid". El País.com. 12 de marzo de 2004. 
  13. "Rajoy y Zapatero suspenden los actos electorales y dan por terminada la campaña". ABC. 12 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  14. "Dos millones de madrileños dicen no al terror en la mayor manifestación de la democracia". El Mundo. 13 de marzo de 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2017. 
  15. "Mariano Rajoy: «Tengo la convicción moral de que fue ETA»". El Mundo.es. 13 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  16. "Miles de personas protestan en toda España contra el PP". El Mundo. 13 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  17. "Mariano Rajoy pide el cese de las 'manifestaciones ilegales' antes las sedes del Partido Popular". El Mundo. 14 de marzo de 2004. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  18. "El PSOE acusa al gobierno de haber faltado a la verdad sobre la investigación". La Vanguardia. 14 de marzo de 2004. Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  19. "Los españoles castigan al PP y dan el poder al PSOE". El Mundo. 14 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  20. "Rajoy: «No me creo que los detenidos por el 11-M organizaran los atentados»". El Mundo. 10 de outubro de 2004. Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  21. "Mariano Rajoy alcanza la presidencia del PP con un equipo continuista". El Mundo.es. 2 de outubro de 2004. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  22. "Mariano Rajoy y Esperanza Aguirre, ilesos tras un accidente de helicóptero en Móstoles". El Mundo.es. 1 de decembro de 2005. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  23. "Mariano Rajoy, en el homenaje a la Constitución en Madrid: «No hay más que una nación, la española»". El Mundo.es. 3 de decembro de 2005. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  24. "Rajoy anuncia en el Congreso que el PP rompe 'toda relación con el Gobierno'". El Mundo.es. 7 de xuño de 2006. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  25. "Rajoy resume la negociación de Zapatero con ETA: Si usted no cumple le pondrán bombas y si no hay bombas es porque ha cedido". Libertad Digital.com. 15 de xaneiro de 2007. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  26. "Zapatero pide un 'gran consenso' y Rajoy se aferra al Pacto Antiterrorista". El Mundo.es. 15 de xaneiro de 2007. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  27. "El PP pide a los 'sensatos' que acudan a la marcha por el 'caso De Juana'". El Mundo.es. 5 de marzo de 2007. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  28. "Rajoy llama a 'defender España' ante cientos de miles de personas en Madrid". El Mundo.es. 10 de marzo de 2007. Consultado o 30 de agosto de 2013. 
  29. "El Tribunal Constitucional admite a trámite el recurso del PP contra el matrimonio homosexual". El Mundo.es. 28 de outubro de 2005. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  30. "Amplio respaldo del Tribunal Constitucional al matrimonio homosexual". El Mundo.es. 6 de novembro de 2012. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  31. Revista Hola 2011[Ligazón morta]
  32. Historia de amor de Mariano Rajoy e Elvira Fernández

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]