Saltar ao contido

Mars Observer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mars Observer
Mars Observer sendo preparada para o lanzamento.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualPerdida en órbita heliocéntrica.[1][2][3]
Data de lanzamento25 de setembro de 1992, 17:05 GMT[1][4][5]
Foguete portadorCommercial Titan III[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Cabo Cañaveral[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID1992-063A
Masa1018,0 kg[1]
Potencia1147,0 W[1]

Mars Observer foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 25 de setembro de 1992 mediante un foguete Commercial Titan III desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte. Perdeuse contacto con ela tres días antes de chegar a Marte.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Mars Observer foi a primeira nave da serie Observer, destinada a estudar a xeoloxía e clima de Marte. Os seus obxectivos principais eran determinar a mineraloxía da superficie, estudar a súa topografía, gravidade e campo magnético, os movementos do po marciano e a estrutura e circulación da atmosfera.[1][2][3]

A estrutura principal da nave e a electrónica derivaron dos das naves Satcom-K e DMSP/TIROS, e tiña forma rectangular, de 2,1 x 1,5 x 1,1 metros. A antena de alta ganancia era unha parabólica de 1,5 m de diámetro situada nun extremo dun mastro de 5,5 m de longo, e do corpo sobresaían outros dous mastros de 6 m de longo co magnetómetro e espectrómetro de raios gamma.[1][2][3]

Tras unha viaxe sen problemas, o contacto con Mars Observer perdeuse o 21 de agosto de 1993, tres días antes da chegada a Marte. Ningún dos esforzos por retomar contacto tivo éxito. A comisión de investigación formada para determinar a causa da perda de contacto concluíu que o máis probable foi que unha fuga de propelente durante a presurización dos tanques fixera xirar a nave de maneira descontrolada[1][2][3]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Observer" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2011). "Mars Observer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Observer (MO)" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS OBSERVER" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  5. Claude Lafleur (2010). "Mars Observer" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]