Masacre de Deir Yassin
O masacre de Deir Yassin consistiu na morte de entre 107 e 120 civís árabes palestinos,[1] entre o 9 de abril e 11 de abril de 1948 por milicianos do Irgún e do Leji,[2] na aldea de Deir Yassin, preto de Xerusalén, durante o Mandato británico de Palestina, mentres as forzas xudías do Yishuv loitaban para romper o asedio de Xerusalén durante o período da guerra civil que precedeu ao final do mandato.
O ataque
[editar | editar a fonte]Deir Yassin era un tranquilo poboado árabe localizado entre Tel Aviv e Xerusalén, que en 1948 contaba con 750 habitantes.
Debido a que a aldea se atopaba próxima a varios asentamentos xudeus, o muktar establecera un pacto de non-agresión cos xudeus dos asentamentos veciños. Apoiado nese pacto, teríalle negado o permiso a forzas árabes para usaren o pobo como base.
As forzas árabes tiñan bloqueado o acceso á sitiada Xerusalén. Os 2500 xudeus que habitaban a cidade vella foron vítimas dun bloqueo por parte das forzas árabes que durou cinco meses antes, até que se viron obrigados a renderse o 29 de maio de 1948. Até a capitulación, e durante todo o sitio a Xerusalén, os convois xudeus trataron de chegar á cidade para aliviar a escaseza de alimentos, que, en abril, xa se tornara en crítica.[3]
O 6 de abril púxose en marcha a Operación Nachshon, unha ofensiva para recobrar o control do camiño a Xerusalén. O pobo de Deir Yassin foi incluído na lista de aldeas árabes para ser ocupados como parte da operación. Os comandantes xudeus, liderados por David Shaltiel, deron comezo á operación destinada a abrir un corredor entre Xerusalén e Tel Aviv, a única vía de abastecemento.
O 9 de abril 132 homes, 72 do Irgún e 60 do Leji, atacaron o pobo. O incidente, no que entre 107 e 120 aldeáns, a maioría anciáns, mulleres e nenos, foron asasinados,[1] é coñecido como a matanza de Deir Yassin. Adicionalmente impediron que os cadáveres foran soterrados, e levaron 150 prisioneiros á zona xudía de Xerusalén. O Irgún tamén sufriu 37 feridos e 4 mortos no ataque.[3]
As autoridades israelís negaron o feito durante varios días e impediron o acceso á zona á Cruz Vermellla. Posteriormente Jack Rinier, representante oficial da Cruz Vermella daquelas en Xerusalén visitou o pobo, que aínda estaba rodeado polo exército. No seu informe mencionou a forma como encontrou os cadáveres insepultos e as condicións posteriores do ataque.
Hoxe en día a iniciativa Der Yassin Remembered busca que o feito, que aínda hoxe é obxecto de controversia, sexa lembrado.[4]
Represalias
[editar | editar a fonte]Posteriormente, o 13 de abril un convoi médico que se dirixía cara ao centro médico Hadassah (Monte Scopus, Xerusalén) foi atacado como represalia. Neste ataque, morreron setenta e nove persoas, a maioría deles médicos e enfermeiras.[5] Estes feitos coñécense como o masacre do convoi médico Hadassah.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Kana'ana, Sharif and Zeitawi, Nihad (1987), "The Village of Deir Yassin," Bir Zeit, Bir Zeit University Press
- ↑ Estimación xeralmente aceptada polos estudosos:
- Morris, Benny (2003). Cambridge University Press, ed. The Birth of the Palestinian Refugee Problem Revisited. Cambridge, UK; New York. ISBN 0-521-00967-7.: Chapter 4: The second wave: the mass exodus, April—June 1948, Section: Operation Nahshon, page 238
- Milstein, Uri (1998 (1987)). University Press of America, Inc., ed. History of the War of Independence IV: Out of Crisis Came Decision (en hebreo e versión inglesa de Alan Sacks). Lanhan, Maryland. ISBN 0-7618-1489-2.: Chapter 16: Deir Yassin, Section 12: The Massacre, page 377)
- Milstein, Uri (1998 (1987)). University Press of America, Inc., ed. History of the War of Independence IV: Out of Crisis Came Decision (en hebreo e versión en inglés de Alan Sacks). Lanhan, Maryland. ISBN 0-7618-1489-2.: Chapter 16: Deir Yassin, Section 12: The Massacre, page 376-381
- Morris, Benny (2005). "The Historiography of Deir Yassin". Journal of Israeli History 24 (1): 79–107. doi:10.1080/13531040500040305.: page 100-101
- ↑ 3,0 3,1 jewishvirtuallibrary.org (ed.). "Deir Yassin" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ "Der Yassin Remembered" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2009.
- ↑ The Hadassah Convoy Massacre. Artigo na páxina do Zionism & Israel Information Center (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Koestler, Arthur (4 de novembro de 2008). Promise and Fulfilment - Palestine 1917-1949 (en inglés). Rampage Press. ISBN 978-1443727082.