Saltar ao contido

Mercedes Milá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMercedes Milá

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Esplugues de Llobregat Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Luis Milà Sagnier Editar o valor en Wikidata
IrmánsLorenzo Milá Editar o valor en Wikidata
ParentesAlfons Milà, tío
Miguel Milá, tío
Lluís Maria Milà i Sagnier, tío
Leopoldo Milà i Sagnier, tío
Leopoldo Milà, curmán entregue
Josep Maria Milà i Camps, avó
Josep Milà i Pi, bisavó Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0590765 Editar o valor en Wikidata

Mercedes Milá Mencos, nada en Barcelona o 4 de abril de 1951, é unha xornalista e presentadora catalá. É irmá do tamén xornalista e presentador Lorenzo Milá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comeza a titulación de Filosofía e Letras, pero decide abandonala polo xornalismo, graduándose en 1974. Despois de realizar a memoria de licenciatura sobre xornalismo televisivo, consegue o seu primeiro traballo como periodista no diario "El Correo de Andalucía", colaborando nos servizos informativos, e máis tarde na revista "Don Balón" como redactora deportiva, permanece ata a segunda metade dos anos 70.

A súa incursión na radio empeza da man de Luis del Olmo, con quen traballa durante tres anos no programa "A toda radio".

En televisión debuta en 1974 en Televisión Española colaborando no programa Polideportivo. Despois desta experiencia, en 1978 presenta o programa de entrevistas "Dos por dos" de Fernando García Tola xunto a Isabel Tenaille. En 1980 volve á radio, esta vez á Cadena SER, onde leva o espazo cultural "Queremos saber" xunto a Iñaki Gabilondo primeiro e en solitario despois.

Faise realmente coñecida cos programas televisivos de entrevistas "Buenas noches" (1982-1984) e "De jueves a jueves" (1986) nos que consegue grandes audiencias. Desta época data unha famosa entrevista ó escritor Francisco Umbral, e a súa vehemente reacción afirmando que acudira ó programa para falar do seu libro, frase que calou na memoria colectiva dos españois.

Pouco despois viaxa a Londres, onde permanece tres anos para perfeccionar o seu inglés. Co seu regreso a España en 1988, presenta "Dilluns, dilluns" para a televisión catalá TV3. En 1990 volve a TVE para conducir o espazo "El martes que viene", aínda que permanece pouco tempo, xa que acepta unha boa oferta de Antena 3.

Nesta canle privada encárgase de presentar "Queremos saber" (1992-1993), un programa semanal de entrevistas e reportaxes no que o público tamén participa, e "Más que palabras" (1995), retirado a petición da periodista por non acadar a audiencia esperada. En 1998 conduce o programa "Sin límites" con Jesús Hermida, pero tampouco permaneceu moito tempo en antena.

Desde o ano 2000, Milá presenta en Telecinco tódalas edicións do programa de telerrealidade Gran Hermano, agás a terceira (a cargo de Pepe Navarro), período no que presenta "Queremos saber más" (2002) en Antena 3. Ademais, desde 2004, presenta en Telecinco as reportaxes de investigación periodística "Diario de...". En 2005 recibiu o Premio Ondas á traxectoria profesional máis destacada. Tamén recibiu o galardón en 1986, polo seu labor en De jueves a jueves.

Recibiu o TP de Oro á Mellor Presentadora en tres ocasións: En 1983 por Buenas noches; en 1986 por De jueves a jueves e en 1992 por Queremos saber e a campaña de fomento da lectura en Doce meses, Doce causas de Telecinco

Tamén protagoniza campañas contra o tabaco coma Apaga y bésame.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]