Metrópole ortodoxa grega de España e Portugal
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Sitio web | metropoliespo.com |
A metrópole de España e Portugal é unha xurisdición ortodoxa con sé en Madrid, baixo a xurisdición canónica do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. Inicialmente parte da metrópole de Francia, foi estabelecida como metrópole independente por decisión patriarcal e sinodal en 2003. O seu metropolita é o arcebispo grego Polykarpos Stavropoulos.[1]. Xuridicamente está rexistrada en España como Igrexa ortodoxa grega en España e en Portugal como Igrexa Ortodoxa en Portugal[2].
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira parroquia ortodoxa grega en España foi erixida en Madrid en 1949. A diocese pertenceu inicialmente á metrópole de Francia, creada en 1963, da que era un exarcado (o exarcado de Iberia).[3]
O 20 de xaneiro de 2003 foi erixida a nova metrópole de España e Portugal,[3] con xurisdición sobre toda a Península Ibérica (España, Portugal, Xibraltar e Andorra), sobre as illas Baleares e Canarias, e sobre Azores e Madeira.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A metrópole estrutúrase en vigairías. A sé central está en Madrid, onde reside o metropolita e onde ten a súa parroquia principal. As vigairías son as seguintes:
- Vigairía arcebispal para España central e do norte e Xibraltar (Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e Xibraltar).
- Vigairía arcebispal para España oriental e Andorra (Aragón, Cataluña, Andorra, Comunidade Valenciana e Illas Baleares).
- Vigairía arcebispal para España meridional (Andalucía, Murcia, Ceuta e Melilla).
- Vigairía arcebispal para as Illas Canarias.
- Vigairía arcebispal para Portugal e Galicia.
En Galicia ten catro parroquias, Vigo, Ourense, Santiago Apóstolo (sede en Santiago de Compostela) e Ourense/Lugo (sede en Monforte de Lemos), todas atendidas polo reverendo ecónomo Vasyl Savchuk.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Epiphanios Perialas (2003 - 2007; retirado)
- Polykarpos Stavropoulos (2007 - 2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre d'Estudis Jordi Pujol (ed.). "Policarpo Stavrópoulos". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2014. (en castelán)
- ↑ "Organización" sacrametropolisortodoxa.jimdo.com
- ↑ 3,0 3,1 Joaquín Mantecón, Dirección General de Asuntos Religiosos (edición) (2004). Ministerio de Xustiza (España), ed. Confesiones minoritarias en España: guía de entidades y vademécum normativo. pp. 237–238. ISBN 9788477878032.