Michael Carter-Williams
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1991 (33 anos) Hamilton, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Syracuse - título de grao Hamilton-Wenham Regional High School (en) St. Andrew's School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 190 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto basquetebol universitário norte-americano (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Philadelphia 76ers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Michael Carter-Williams, nado o 10 de outubro de 1991 en Hamilton, Massachusetts, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Carter-Williams foi seleccionado na 11ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Philadelphia 76ers.[1] Asinou o seu contrato cos 76ers o 24 de setembro de 2013, xunto ó seu compañeiro Nerlens Noel.[2] No seu debut na NBA o 30 de outubro de 2013, fixo 22 puntos, 12 asistencias, 7 rebotes e 9 roubos na vitoria dos Sixers sobre os Miami Heat por 114-110.[3] Os 9 roubos supuxeron a maior marca de roubos de balón feita por un rookie en toda a historia. Na súa primeira semana na NBA foi elixido Xogador da Semana, un logro que ata a data só o conseguira Shaquille O'Neal en 1992.[4]
O 3 de decembro de 2013, conseguiu a súa primeira tripla-dobre con 27 puntos, 12 rebotes e 10 asistencias en 46 minutos, na vitoria por 126-125 antes os Orlando Magic. No mesmo partido, o tamén rookie Victor Oladipo, dos Magic, fixo tamén a súa primeiro triplo-dobre, facendo desta a primeira vez na historia na que dous rookies conseguen unha tripla-dobre no mesmo partido.[5]
O 19 de febreiro de 2015, Carter-Williams foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre os Sixers, os Bucks e os Phoenix Suns. Como parte do acordo, Milwaukee recibiu tamén a Tyler Ennis e a Miles Plumlee de Phoenix, mentres que Phoenix recibiu a Brandon Knight de Milwaukee, e Philadelphia recibiu unha futura elección do Draft de Phoenix.[6]
O 17 de outubro de 2016, Carter-Williams foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Tony Snell.[7]
O 7 de xullo de 2017, Carter-Williams asinou cos Charlotte Hornets.[8]
O 6 de xullo de 2018, Carter-Williams asinou cos Houston Rockets.[9] O 7 de xaneiro de 2019, foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio dunha elección protexida da segunda rolda do Draft de 2020. Foi cortado polos Bulls inmediatamente despois de ser traspasado.[10]
O 15 de marzo de 2019, Carter-Williams asinou un contrato de dez días cos Orlando Magic.[11] O 25 de marzo asinou un segundo contrato de dez días,[12] e o 4 de abril os Magic decidiron manter ó xogador ata final de tempada.[13] O 10 de xullo de 2019, Carter-Williams asinou unha tempada máis cos Magic.[14]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Tempada regular
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013–14 | Philadelphia | 70 | 34.5 | .405 | .264 | .703 | 6.2 | 6.3 | 1.9 | 0.6 | 16.7 |
2014–15 | Philadelphia | 41 | 33.9 | .380 | .256 | .643 | 6.2 | 7.4 | 1.5 | 0.4 | 15.0 |
Total | 111 | 34.3 | .396 | .261 | .683 | 6.2 | 6.7 | 1.7 | 0.5 | 16.0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sixers Select Michael Carter-Williams with 11th Overall Pick in 2013 NBA Draft
- ↑ Sixers Sign Nerlens Noel and Michael Carter-Williams
- ↑ Michael Carter-Williams, 76ers hold on, stun Dwyane Wade-less Heat
- ↑ "Carter-Williams, Love named Players of the Week". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2013.
- ↑ "Notebook: Sixers 126, Magic 125". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2013.
- ↑ "Bucks Acquire Michael Carter-Williams, Tyler Ennis and Miles Plumlee in Three-Team Trade". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Bucks Acquire Tony Snell from the Bulls". NBA.com. 17 de outubro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2016.
- ↑ "Charlotte Hornets Sign Guard Michael Carter-Williams". NBA.com. 7 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ "Rockets Sign Free-Agent Michael Carter-Williams". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ "Bulls complete trade with Rockets". NBA.com. 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Magic Sign Michael Carter-Williams to 10-Day Contract". NBA.com. 15 de marzo de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2019.
- ↑ "Magic Sign Carter-Williams to Second 10-Day Contract". NBA.com. 25 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
- ↑ Parry, Roy. "Magic officially sign Michael Carter-Williams for rest of season, waive Isaiah Briscoe". OrlandoSentinel.com. Consultado o 2019-04-09.
- ↑ "Magic Re-Sign Michael Carter-Williams". NBA.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 15 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1991
- Nados no condado de Essex, Massachusetts
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos Charlotte Hornets
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Capitanes de Ciudad de México
- Rookie do Ano da NBA