Miguel Ángel Rodríguez Echeverría
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1940 (84 anos) San Xosé, Costa Rica |
8º Secretário-geral da Organização dos Estados Americanos (pt) | |
15 de setembro de 2004 – 15 de outubro de 2004 ← César Gaviria Trujillo – Luigi R. Einaudi (pt) → | |
43º Presidente de Costa Rica | |
8 de maio de 1998 – 8 de maio de 2002 ← José María Figueres – Abel Pacheco → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Costa Rica Universidade de California, Berkeley |
Actividade | |
Ocupación | economista, político, avogado |
Empregador | Universidade de Costa Rica |
Partido político | Social Christian Unity Party (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Lorena Clare Facio |
Premios | |
Miguel Ángel Rodríguez Echeverría, nado o 9 de xaneiro de 1940, é un economista, avogado, empresario e político costarriqueño do Partido Unidad Social Cristiana (PUSC), de ideoloxía neoliberal e de centro dereita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe familiar
[editar | editar a fonte]É descendente de familias de Asturias, de varios países latinoamericanos, e tamén de orixe italiana e afro-costarriqueño. É descendente por vía materna de José María Castro Madriz.
Carreira
[editar | editar a fonte]Foi presidente de Costa Rica de 1998 a 2002. Nese período levou a cabo numerosas privatizacións e durante o seu mandato producíronse grandes manifestacións de repulsa por esas actuacións.
Foi brevemente secretario xeral da Organización dos Estados Americanos (OEA) en 2004 durante un mes, pero dimitiu o 15 de outubro dese ano e volveu ao seu país para enfrontarse a acusacións de irregularidades financeiras e corrupción política durante o seu mandato presidencial.
Honras
[editar | editar a fonte]Durante a presidencia da Xunta de Galicia de Manuel Fraga, recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 1999.
Corrupción
[editar | editar a fonte]O 27 de abril de 2011 foi condenado a 5 anos de prisión por corrupción por recibir pagamentos ilegais, incluíndo unha mordida da empresa francesa de telecomunicacións Alcatel, que obtivera un gran contrato gobernamental para o ancho de banda de teléfonos móbiles durante a presidencia de Rodríguez. Adicionalmente, había acusacións de que Rodríguez recibira contribucións ilegais de campaña dun político e empresario mexicano, e tamén se alegou que recibira $1,4 millóns de dólares de Taiwán.[1]
En decembro de 2012, foi exonerado por un tribunal de apelación, grazas a unha alegada manipulación das probas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NotasSecundarias; Rodríguez, condenado por instigar a pago de dádivas". www.nacion.com/2011-04-28/ElPais. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ https://www.nytimes.com/aponline/2012/12/21/world/americas/ap-lt-costa-rica-former-president.html?hp&_r=0
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |