Saltar ao contido

Milicias confederais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Milicias da CNT»)

As milicias confederais foron milicias populares organizadas pola CNT e a FAI durante a guerra civil española. Tiveron un papel importante na Revolución Española de 1936. Tralo alzamento do exército do 18 de xullo de 1936 formáronse nas zonas onde fracasou a sublevación grupos armados de civís organizados polos partidos políticos e os sindicatos, que se uniron ós restos das unidades regulares do exército e as forzas de seguridade estatais que permaneceron fieis á República:[1]

Durante el período de las milicias, la práctica desaparición de cualquier sector del ejército, fiel al gobierno y el fermento revolucionario que se estaba desarrollando por todo el país, fueron las causas de la rápida aparición de un improvisado ejército de voluntarios, dispuestos a terminar con los últimos reductos de los sublevados. Las estimaciones más ajustadas hablan de más de 100.000 milicianos en todo el Estado. La mitad de ellos pertenecían a los sindicatos de la CNT, 30.000 a la UGT, 10.000 al Partido Comunista, 5.000 al POUM (en su mayor parte, en Cataluña). A las milicias obreras se unió un contingente de 12.000 guardias de asalto, algunos centenares de guardias civiles, algunos miles de soldados y apenas 200 oficiales del antiguo ejército.

A formación típica destas milicias espontáneas foi a columna.

Comité Central de Milicias Antifascistas

[editar | editar a fonte]
Fronte de Aragón

O 21 de xullo de 1936 creouse en Barcelona o Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña, organización na que participan as distintas faccións republicanas e sindicais.

En dous meses o comité conseguiu organizar a 20.000 milicianos que se repartían nunha fronte de 300 quilómetros.

As columnas

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

As guerrillas castelás da guerra de sucesión española (1701-1715) e a guerra de guerrillas na fronteira luso-estremeña entre 1641 e 1668 poden ser dos primeiros exemplos da utilización de columnas en conflitos armados populares.

Durante a guerra da independencia española formáronse columnas como conglomerados que agrupaban diversas forzas militares regulares ou de civís e servizos dunha escala modesta. As columnas constituíron unha forma básica de organización para a guerra de guerrillas pola súa mobilidade e autonomía.[2]

Organización

[editar | editar a fonte]

As columnas anarquistas organizábanse baixo principios asembleístas. As decisións tomábanse a través da democracia directa, evitándose desta xeito as xerarquías de mando. As milicias do Partido Obreiro de Unificación Marxista —un partido marxista revolucionario marcadamente anti-stalinista e que se converteu no principal aliado dos anarquistas— organizábanse dun modo semellante.

A unidade de combate máis sinxela eran vinte e cinco individuos que formaban un grupo ou pelotón, cun delegado de grupo elixido por democracia directa e revogable en todo momento. Catro grupos formaban unha centuria cun delegado de centuria. Cinco centurias formaban unha agrupación ou batallón, co seu correspondente delegado. A suma das agrupacións existentes daba lugar á columna.

Un comité de guerra asesorado por un consello técnico-militar coordinaba as operacións da columna. Á fronte do comité de guerra encontrábase o delegado xeral da columna. Tódolos delegados de tódolos escalafóns carecían de privilexios e de mando xerárquico.

Abel Paz conta en Durruti en la Revolución española como era a organización da Columna Durruti:

Comité de Guerra. Durruti, Ricardo Rionda, Miguel Yoldi, Antonio Carreño y Luis Ruano. Unidad mayor, la Agrupación, compuesta de 5 Centurias de a cien hombres, repartidos en cuatro grupos de veinticinco. Cada una de estas unidades tenía a su frente un delegado nombrado por la base, y revocable a cada momento. La responsabilidad representativa no confería privilegio ni jerarquía de mando.



Consejo Técnico-militar. Estaba constituido por los militares (oficiales) que había en la Columna. Su representante era el comandante Pérez Farras. y la misión de este consejo era asesorar al Comité de Guerra. No disponía de privilegio alguno ni jerarquía de mando.

Grupos Autónomos. El Grupo Internacional (franceses, alemanes, italianos, marroquíes, ingleses y americanos) , que llegó a contar con unos 400 hombres. Su delegado general, enlazando con el Comité de Guerra, era el capitán de artillería francés llamado Berthomieu, que morirá en septiembre en una acción de guerra.

Grupos Guerrilleros. Misión línea enemiga. Los formaban: 'Los Hijos de la Noche', 'La Banda Negra', 'Los Dinamiteros', 'Los Metalúrgicos' y otros.
Abel Paz

Os grupos ou pelotóns eran flexibles, podendo variar o número de milicianos encadrados neles, e polo tanto a cantidade de grupos incluídos en cada centuria:

La unidad básica era el grupo, formado generalmente por diez hombres; cada grupo elegía un delegado, cuyas funciones eran parecidas a las de un suboficial del grado más bajo, pero sin la autoridad equivalente. Diez grupos formaban una centuria, que también elegía su propio delegado, y cierto número de centurias formaba una columna, a cuya cabeza había un comité de guerra.
Carlos Semprún-Maura

O sistema favorecía a rápida formación de unidades:[3]

En La Serrada se apean los hombres de los camiones. Mora habla brevemente a los compañeros. Luego, de acuerdo con los delegados, del Comité de Defensa, ordena la formación de grupos, centurias y batallones: 'Cada veinte hombres formarán un pelotón que eligirá un delegado. Cinco pelotones forman una centuria. Cinco centurias un batallón...'

Columnas célebres

[editar | editar a fonte]
Nome Delegado xeral
Aguiluchos Miguel García Vivancos
Ascaso Gregorio Jover
Del Rosal Francisco del Rosal Rico
Durruti Buenaventura Durruti
Hierro -
Sur-Ebro Antonio Ortiz Ramírez
Tierra y Libertad Germinal de Souza

Cortesía do Ateneo Virtual de A las barricadas[Ligazón morta].

Los Aguiluchos

[editar | editar a fonte]

A Columna Los Aguiluchos da FAI foi a última das grandes columnas anarcosindicalistas catalás. Posteriormente sairían máis milicias de Cataluña, pero xa non o farían en forma de columna, senón de unidades de reforzo das columnas existentes. En realidade prevírase que esta columna fora unha unidade grande —duns 10.000 combatentes— pero finalmente acabou sendo un reforzo da Columna Ascaso —cuns 1.500 milicianos e 200 milicianas— e pasou a ser unha columna autónoma. Organizada nos cuarteis Bakunin de Barcelona, foi enviada á fronte de Huesca (o seu cuartel xeral estaba en Grañén) o 28 de agosto. Saíron á fronte da columna Joan García Oliver e García Vivancos co capitán José Guarner como conselleiro militar. Xa en setembro o seu xefe, García Vivancos, estaba de acordo coa militarización da columna. Posteriormente houbo que enviar un grupo a casa debido á súa oposición a militarizarse. A columna converteuse na 125 BM e participou nas batallas de Belchite e Fuentes del Ebro, así como na defensa de Cataluña, pasando a Francia trala derrota.

A Columna Durruti saíu de Barcelona o 25 de xullo, formada por uns 2.500 milicianos, dirixíndose directamente cara Zaragoza, tendo como obxectivo a recuperación da cidade. Tivo un primeiro combate en Caspe, e cando xa se encontraba a 22 quilómetros de Zaragoza, os mandos decidiron frear o avance por medo a verse illados e rodeados. A partir dese momento a columna quedou con escasos subministraciós e non puido lanzar un novo ataque, polo que se dedicou á consolidación da fronte defensiva, así como a tarefas de propagar e construír a revolución por terras de Aragón. Instalou o seu cuartel xeral na localidade de Bujaraloz, Zaragoza.

En novembro Durruti foi chamado para colaborar na defensa de Madrid, pero non se lle permitiu levar con el máis que a unha parte da columna (uns 1.400 dos máis de 6.000 milicianos). Finalmente a columna foi decimada en Madrid e Durruti morreu alí o 20 de novembro. Substituíuno á fronte da Columna Durriti Ricardo Sanz, que acabou aceptando a militarización da mesma, converténdose así na 26ª División do Exército Popular Republicano (constituída polas Brigadas mixtas números 119, 120 e 121). Esta división combateu na batalla de Belchite e na defensa de Cataluña en xaneiro de 1939.

Posteriormente os seus membros pasaron polos campos de concentración franceses e algúns foron incorporados á forza no Exército francés, sendo os primeiros en entrar en París en 1944 para liberar a cidade. O primeiro tanque que entrou na capital francesa trala ocupación nazi era o "Guadalajara", indo dentro del diversos membros desta Columna anarquista. Tratábase da 9ª Compañía blindada (coñecida polo seu nome en castelán La Nueve), da 2ª División blindada da Francia Libre.

A Columna Sur-Ebro, tamén chamada "Roja y Negra", delegada polo ebanista Antonio Ortiz Ramírez (membro do grupo "Nosotros"), col tenente coronel de Infantaría Fernando Salavera como conselleiro militar, saíu de Barcelona o 24 de xullo de 1936 por estrada, cuns 2.000 homes, bastantes deles ex-soldados e clases do Rexemento nº 34, e tres baterías de artillaría. O seu primeiro obxectivo foi Caspe, dominada por unha compañía da Garda Civil e uns 200 falanxistas aragoneses baixo o mando do capitán Negrete. Tras vencer a tenaz resistencia do inimigo, os milicianos, que perderan uns 250 compañeiros, ocuparon a vila, seguindo cara Alcañiz, que foi tomada tras breves combates. Entón dividiuse a columna: unha parte dela quedou situada na liña Híjar-Escatrón, e a outra dirixiuse cara a Belchite, quedando atrincherada ante a súa poboación tras ocupar Sástago, La Zaida e Azaila.

A comezos de setembro á unidade de Ortiz uníuselle unha pequena columna: a Carod-Ferrer, que acababa de ocupar a vila natal de Goya, Fuendetodos, parapetándose ante Villanueva de Huerva. Saturnino Carod Lerín, aragonés de raíz, era un destacado dirixente anarcosindicalista barcelonés, mentres que o seu asesor técnico era o tenente da Benemérita José Ferrer Bonet. Xunto a este grupo encontrábase tamén outra partida que dirixía o anarquista Hilario Zamora, saída de Lleida. Estes dous grupos acabaron por unificarse coa Columna Ortiz, o que tamén fixeron pouco despois os 600 soldados chegados de Tarragona ó mando do coronel Martínez Peñalver. Este decidiu o seu regreso a Barcelona ó non entenderse, segundo el, co anarquista Ortiz. Recibirían tamén reforzos dalgunhas columnas valencianas.

O xeneral Pozas, xefe do Exército do Leste, decidiu quitar a Ortiz do mando da 25ª división, e situou no seu lugar a García Vivancos no verán de 1937 despois das batallas de Belchite (23 de agosto - 6 de setembro) e Fuentes de Ebro, onde viu que Antonio Ortiz era pouco cooperativo.

Tierra y Libertad

[editar | editar a fonte]

Trala Columna comunista catalá "Libertad", chegada a mediados de outubro de 1936, chegaría á capital madrileña a columna "Tierra y Libertad" con 1500 voluntarios, baixo a responsabilidade de Federica Montseny e Diego Abad de Santillán. O seu delegado foi o portugués Germinal de Souza. A columna libertaria formouse con voluntarios procedentes da malograda expedición a Mallorca. Porén, ó parecer, a columna formouse sen informar ó Comité Central de Milicias. Segundo a testemuña de García Oliver, a formación desta columna foi motivo de roces e enfrontamentos entre os dirixentes da CNT no Comité Central de Milicias.

Os "tiznaos"

[editar | editar a fonte]

Ante a escaseza de medios e materiais para o combate, recorreuse a protexer con pranchas de aceiro de diferentes grosores algúns vehículos como camións, autobuses ou maquinaría agrícola que empezaron a ser coñecidos como "tiznaos" polas cores de camuflaxe. A blindaxe destes vehículos acoirazados improvisados non adoitaba ser moi eficaz. Nalgunhas ocasións os "tiznaos" incluían colchóns como medida de protección. Ás veces, ó querer instalar ós vehículos pranchas dun maior grosor para aumentar a protección, prexudicábase a manobrabilidade e a velocidade. Os "tiznaos" máis improvisados eran axiña postos fóra de combate. Aqueles que foran construídos con máis coidado e contando con máis medios técnicos duraban máis, chegando algúns a sobrevivir ós tres anos de guerra.[4]

Era común que os "tiznaos" estivesen cheos de pintadas co nome da columna á que pertencían e as siglas dalgún sindicato ou organización obreira.

Guerra e revolución

[editar | editar a fonte]

Para a CNT, a FAI e o POUM, e ó contrario que o PCE, o PSUC, o PSOE e outras forzas republicanas, a guerra e a revolución eran inseparables, como se pode comprobar nestas palabras de Buenaventura Durruti:

¿Habéis organizado ya vuestra colectividad? No esperéis más. ¡Ocupad las tierras! Organizaos de manera que no haya jefes ni parásitos entre vosotros. Si no realizáis eso, es inútil que continuemos hacia adelante. Tenemos que crear un mundo nuevo, diferente al que estamos destruyendo. Si no es así, no vale la pena que la juventud muera en los campos de batalla. Nuestro campo de lucha es la revolución".
Buenaventura Durruti

Para tal efecto as milicias axudaban á formación de colectividades nas vilas. En Aragón formáronse 450 colectividades agrícolas que afectaron a 423.000 persoas. Estas colectividades constituíron unha fonte de apoio na retagarda para milicias.[5]

  1. "Milicias y unidades militares confederales". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 11 de decembro de 2007. 
  2. "El Ejército Popular Republicano. B) La primera hora: Batallones, Columnas, Milicias.". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2005. Consultado o 11 de decembro de 2007. 
  3. "La lucha por el agua". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 11 de decembro de 2007. 
  4. "Los tiznaos". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2006. Consultado o 11 de decembro de 2007. 
  5. "La revolución en Catalunya 1936-1937". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2006. Consultado o 11 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]