Misoxinia
A misoxinia[1] é unha tendencia á aversión, que pode ser patolóxica, ás mulleres. Normalmente, fálase da misoxinia como un sentimento por parte do home cara á muller, pero as mulleres tamén poden presentar actitudes misóxinas. Na teoría feminista, a misoxinia está recoñecida como unha ideoloxía política similar ao racismo ou ao antisemitismo, existente para xustificar e reproducir a subordinación das mulleres polos homes. A misoxinia pode manifestarse de diferentes xeitos, incluíndo a exclusión social, a discriminación sexual, hostilidade, androcentrismo, patriarcado, privilexio masculino, a depreciación das mulleres e a obxectificación sexual[2][3].
A misoxinia forma parte dos patróns culturais de moitas sociedades en que o rol da muller, sempre supeditado exclusivamente ao fogar e a reprodución, supón que toda actividade se xustifique en tanto e en canto conforme unha extensión do seu quefacer maternal. Así —nestas culturas— o ámbito da educación ou da saúde pode ser unha actividade permitida; non así aqueles ámbitos que se consideran de dominio exclusivo masculino.
A misoxinia tamén implica a aceptación en contrapartida da idea do machismo como balance necesario. Un individuo masculino misóxino pode facer exercicio da súa heterosexualidade sen que isto mingüe o seu prexuízo polo outro sexo.
Unha sociedade misóxina establece ríxidas regras de conduta para as mulleres de maneira que estas cumpran coa función que se lles asigna. En tales sociedades ante a dúbida con respecto ao cumprimento estrito destas regras tómase a vía de culpar a muller dado que o home goza de preeminencia e maior credibilidade. Outro aspecto onde se manifestou e aínda se manifesta a misoxinia é na lexislación, pois nela as integrantes do mal chamado "sexo débil" adoitan depender dos familiares masculinos para o seu desenvolvemento, para a crianza dos fillos ou para o sustento.
A misoxinia pode atoparse nos textos sagrados de relixións e mitoloxías, e varios filósofos e pensadores occidentais foron descritos como misóxinos[2][4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para misoxinia.
- ↑ 2,0 2,1 Code, Lorraine (2000). Encyclopedia of Feminist Theories. Routledge. ISBN 0-415-13274-6.
- ↑ Kramarae, Cheris (2000). Routledge International Encyclopedia of Women. Routledge. ISBN 0-415-92088-4.
- ↑ Clack, Beverley (1999). Misogyny in the Western Philosophical Tradition: A Reader. Routledge. ISBN 0-415-92182-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Misoxinia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre socioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |