Momotus momota
Momotus momota | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Momotus momota no Brasil. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ramphastos momota Linnaeus, 1766 (protónimo) |
O Momotus momota é unha especie de ave coraciforme pertencente ó xénero Momotus da familia Momotidae.[2] É orixinario de América do Sur.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Distribúese amplamente dende as terras baixas a leste dos Andes de Colombia e oeste de Venezuela, no escudo güianés de Güiana, Suriname e Güiana francesa, por toda a conca amazónica do Brasil, leste de Ecuador, sur e sueste de Colombia, sur de Venezuela, leste do Perú e norte de Bolivia, cara ó sur até o suroeste do Brasil, norte de Paraguai, sur de Bolivia e extremo noroeste da Arxentina, cunha poboación disxunta na costa nordés do Brasil.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ave grande, de arredor de 48 cm de lonxitude; recoñécese pola súa cabeza voluminosa, cunha banda azul clara que rodea o seu curuto negro e vólvese morada na caluga; o seu peteiro é groso e forte, lixeiramente curvado cos bordos do pico aserrados; a cola é longa, de cor negra por baixo, coa rectrices graduais, as centrais terminadas en forma de raqueta, que ás veces abanea con movemento pendular.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Momoto amazónico Momotus momota (Linnaeus, 1766) en Avibase. Consultada el 28 de julio de 2018.
- ↑ Amazonian Motmot (Momotus momota) en Handbook of the Birds of the World - Alive (en inglés). Consultada el 28 de julio de 2018.
- ↑ Weber W., Cuadros, T. Área metropolitana del valle de Aburrá. Aves del Valle de Aburrá. Editorial Colina, Medellín, Colombia. ISBN 958-33-5286-1.