Monosacárido
Aparencia
Os monosacáridos son os hidratos de carbono máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de carbono na que está presente un grupo funcional aldehido (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse aldosas; no segundo, cetosas.
Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: glicosa, galactosa e frutosa.
- Glicosa: ou dextrosa (C6H12O6), presente nas froitas e verduras, é a principal fonte de enerxía das células e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa , e de reserva enerxética, como o amidón.
- Galactosa: rara na súa forma libre, está presente na lactosa ou azucre do leite, sendo o leite a principal fonte de galactosa da dieta. A lactosa é un disacárido formado por unha molécula de galactosa e outra de glicosa. Tamén se atopa formando outras moléculas complexas, como os glicolípidos e as glicoproteínas das membranas celulares.
- Frutosa: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no mel (no que é o compoñente principal).
Estrutura química
[editar | editar a fonte]-
Glicosa
-
Galactosa
-
Frutosa