Saltar ao contido

Monte de Santa Trega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O monte de Santa Trega dende a praia de Camarido, Portugal

O monte de Santa Trega[1], de 341 metros de altitude, está situado no extremo máis suroccidental de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar desde o que domina a desembocadura do río Miño.

O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico habitado desde moito antes do levantamento do castro de Santa Trega, como testemuñan os petróglifos alí atopados de máis de 2000 anos de antigüidade.

Nel, áchase a ermida de Santa Trega e próximo á porta do templo unha lápida de pedra cunha morea de marcas de cantaría, colocada con ocasión do festival de 1979 en honor aos poveiros de Póvoa de Varzim, en Portugal. Ao parecer, trátase dunha reprodución en pedra da porta de madeira orixinal da ermida, que contiña esas marcas/siglas; é salientábel a súa similitude coas existentes en igrexas, mosteiros, etc. na Europa medieval.

Siglas poveiras

[editar | editar a fonte]
En conmemoración dos poveiros portugueses, festival de 1979.
Catálogo de tipos de siglas poveiras/marcas de cantaría identificadas na ermida do monte de Santa Trega.

Identificáronse un total de 80 marcas/siglas de 40 tipos diferentes.

Distribución de marcas
Zona Tramo Marcas Tipos Graffiti Inscrición
80
39
1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.