Monty Python's Flying Circus
Monty Python's Flying Circus | |
---|---|
Detalle do pé de Cupido empregado habitualmente na serie | |
Formato | Comedia de sketches surrealistas |
Creado por | Graham Chapman John Cleese Eric Idle Terry Jones Michael Palin Terry Gilliam |
Dirixido por | Ian MacNaughton John Howard Davies |
Intérpretes | Graham Chapman John Cleese Eric Idle Terry Jones Michael Palin Terry Gilliam Carol Cleveland |
Tema de apertura | "The Liberty Bell" de John Philip Sousa |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | inglés |
Episodios | 45 |
Produción | |
Duración | 25-30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 1969 |
Derradeiro episodio | 5 de decembro de 1974 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Monty Python’s Flying Circus foi unha serie de humor británica creada polo grupo de cómicos Monty Python e transmitida pola BBC entre 1969 e 1974. O programa caracterizábase polo seu humor absurdo e insinuante, sen unha liña continua de principio, medio e fin. Tamén formaba parte da serie a inserción de animación elaboradas polo seu membro Terry Gilliam, habitualmente ligada, ou integrada, con acción real. O primeiro episodio gravouse o 7 de setembro e transmitiuse o 5 de outubro de 1969 na BBC One, sendo realizados 45 episodios ao longo do período que estivo en transmisión, máis dous episodios para a televisión alemá.
A serie tiña habitualmente como tema central as idiosincrasias da vida británica, en particular a dos profesionais, con gran carga política. Os membros dos Monty Python tiñan educación superior. Terry Jones e Michael Palin eran licenciados pola Universidade de Oxford; Eric Idle, John Cleese e Graham Chapman estudaron na Universidade de Cambridge; e Gilliam era licenciado polo Occidental College. O seu tipo de comedia é frecuentemente descrito como intelectual, con numerosas referencias eruditas a filósofos e figuras literarias. A serie buscou a influencia no traballo de Spike Milligan no seu programa Q5, en vez de na comedia tradicional. O equipo pretendía que o seu humor fose imposíbel de caracterizar, o que conseguiron (a pesar de fallaren, segundo a súa perspectiva) de tal xeito que se inventou o adxectivo "Pythonesque" para definir o seu humor e, posteriormente estilos similares.
Os Python interpretaban todas as personaxes incluídas a maioría das femininas, mais, ocasionalmente, contrataban algún actor extra. Destes, salientaron Carol Cleveland (referida polo equipo como "o sétimo Python" de forma non oficial), Connie Booth (primeira esposa de Cleese), o produtor da serie Ian MacNaughton, Ian Davidson, Neil Innes (na cuarta temporada) e Fred Tomlinson e os Fred Tomlinson Singers (para escenas musicais).[1][2]
O tema musical principal da serie foi a primeira parte de The Liberty Bell do compositor norteamericano John Philip Sousa, interpretado pola Band of the Grenadier Guards, que foi escollida porque estaba no dominio público e polo tanto non tiña custo pola súa utilización.
Personaxes recorrentes
[editar | editar a fonte]Os capítulos da serie non seguían unha historia lineal e coherente, senón que simplemente estaban compostos por sketches. A pesar diso, había varias personaxes recorrentes:
- Arthur Pewtey (Palin), un home extremadamente aburrido e pouco social. Normalmente aparecía como unha figura de autoridade, que era unha parodia da clase alta dirixente británica.
- O reverendo Arthur Belling (Chapman e Palin) é un vigairo dun comportamento excéntrico. Facía unha chamada aos tolos para que levalos a unha loucura sa.
- O náufrago (Palin) sempre aparece cunha longa barba e roupa desleixada. Fai a súa aparición nos lugares máis estraños e sempre di "It's..." ("É...") para ser cortado e dar paso aos créditos animados de Terry Gilliam.
- O locutor da BBC (Cleese). Sempre está sentado detrás dunha mesa e vestido cun esmoquin. A súa única frase era "And Now for Something Completely Different" ("E agora algo completamente diferente"). Co paso do tempo, a frase converteuse na máis coñecida do grupo e deu nome á primeira longametraxe.
- Os Gumbys (todo o grupo) son parvos vestidos de igual xeito: botas altas, tirantes, bigote de pincel e pano na cabeza. Normalmente manteñen os brazos en posición simiescar e falan alto e sílaba por sílaba. Son unha parodia do inglés típico da clase traballadora.
- O señor cunha galiña crúa (Gilliam) que golpea as persoas na cabeza cando din algo especialmente absurdo.
- O organista espido (Gilliam e Jones) aparece en secuencias duns segundos.
- A Inquisición española (Palin, Gilliam e Jones) aparece cando alguén a nomea. A súa frase é "Nobody expects the Spanish Inquisition!" ("Ninguén espera a Inquisición española").
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Ano | Premio | Categoría | Nomeado(s) | Resultado |
---|---|---|---|---|
1970 | Premios BAFTA da televisión | Premio especial | Monty Python's Flying Circus Pola produción, redacción e representacións |
Gañador |
Terry Gilliam Polas animacións |
Gañador | |||
Mellor entretemento lixeiro | John Howard Davies Ian MacNaughton |
Nomeado | ||
Mellor personaxe de entretemento lixeiro | John Cleese | Nomeado | ||
Mellor guión | Equip de guionistes | Nomeado | ||
1971 | Mellor actuación de entretemento lixeiro | John Cleese | Nomeado | |
Mellor produción de entretemento lixeiro | Ian MacNaughton | Nomeado | ||
1973 | Mellor actuación de entretemento lixeiro | Monty Python | Nomeado | |
Mellor programa de entretemento lixeiro | Ian MacNaughton | Gañador | ||
1975 | Mellor programa de entretemento lixeiro | Ian MacNaughton | Nomeado | |
2008 | Online Film & Television Association Awards | OFTA TV Hall of Fame | Monty Python's Flying Circus | Gañador |
Nunha listaxe do British Film Institute para determinar as mellores series de televisión británicas da historia elaborada por profesionais da industria, Monty Python's Flying Circus foi situado en quinto lugar. Na listaxe dos mellores sketches británcios do Channel 4 apareceron cinco de Monty Python:[3]
- #2 – Dead Parrot
- #12 – The Spanish Inquisition
- #15 – Ministry of Silly Walks
- #31 – Nudge Nudge
- #49 – The Lumberjack Song
A serie quedou no quinto lugar da listaxe da TV BFI 100, elaborada polo British Film Institute en 2000, e votada por profesionais do sector. A revista Time incluína na súa listaxe de 2007 dos 100 mellores programas de televisión da historia.[4]
Legado
[editar | editar a fonte]A partir da serie, o grupo Monty Python realizou filmes e obras de teatro.
Os termos informáticos spam e a linguaxe de programación Python derivan da serie.[5] En 2013, o Reino Unido elaborou un novo exame de cidadanía que incluía numerosas cuestións sobre cultura popular, incluídos os Monty Python.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fred Tomlinson, singer on Monty Python – obituary". The Daily Telegraph. 2016-08-02. Consultado o 2016-08-15.
- ↑ Slotnik, Daniel E. (2016-08-04). "Fred Tomlinson, Singer Who Led a ‘Monty Python’ Troupe, Dies at 88". New York Times. Consultado o 2016-08-15.
- ↑ Channel4.com (ed.). "Channel 4's 50 Greatest Comedy Sketches". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 14 de xullo de 2009.
- ↑ "The 100 Best TV Shows of All-TIME". TIME. 6 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de xullo de 2009.
- ↑ "General Python FAQ — Python 2.7.10 documentation". python.org.
- ↑ "Weird but true". New York Post. 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Landy, Marcia (2005). Monty Python's Flying Circus. Wayne State University Press. ISBN 0-8143-3103-3.
- Larsen, Darl (2008). Monty Python's Flying Circus: An Utterly Complete, Thoroughly Unillustrated, Absolutely Unauthorized Guide to Possibly All the References From Arthur "Two Sheds" Jackson to Zambesi. Scarecrow Press. ISBN 9780810861312.
- Larsen, Darl. Monty Python's Flying Circus: An Utterly Complete, Thoroughly Unillustrated, Absolutely Unauthorized Guide to Possibly All the References From Arthur "Two Sheds" Jackson to Zambesi, Volumes 1 e 2. Scarecrow Press, 2013. ISBN 9781589797123 (vol. 1) e ISBN 9781589798076 (vol. 2)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Museum of Broadcast Television Arquivado 04 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- British Film Institute Screen Online
- Monty Python’s Flying Circus[Ligazón morta] – Nostalgia Central