Morena
- Non confundir co feminino do adxectivo moreno, nin co peixe morea.
Unha morena [1] é un sedimento non estratificado, chamado tamén till (na linguaxe internacional) ou tilita,[2] formado polos materiais que transporta un glaciar que se depositada nas súas proximidades.
Tipos
[editar | editar a fonte]Existen varios tipos de morenas, que dependen da súa relación co glaciar:[2][3]
- morena de fondo: a que se sitúa baixo o xeo, en contacto co leito.
- morena lateral: son os materiais que se sitúan nas marxes do leito glaciar.
- morena central: a formada pola unión de morenas laterais na confluencia de dous glaciares nun mesmo val.
- morena frontal ou terminal: son os depósitos acumulados na zona de desxeo do glaciar.
- morena de ablación: é aquela que sedimentou sobre o leito do glaciar. Presentan materiais heteroxéneos, pero o máis característico é a presenza de grandes bloques dispersos ao longo do traxecto, chamados bloques erráticos.
Tamén se chama morena ao sedimento depositado directamente por un glaciar.
O glaciar baixa desde alturas considerábeis e arrastra os materiais que encontra no seu camiño.
Formación
[editar | editar a fonte]As morenas externas están formadas polos fragmentos que caen sobre o xeo glaciar desde as ladeiras. As morenas internas están compostas por materiais transportados dentro da masa de xeo procedentes do exterior que caeron na zona de alimentación, onde foron recubertos pola neve e afundiron nela. A morena de fondo é a capa de cantos rolados abandonada tras un retroceso continuo do xeo. O material da morena é xeralmente unha masa de sedimentos suxeito a modificacións e destrucións posteriores pola acción das augas orixinadas polo desxeo. Cando dous glaciares se unen, xúntanse dúas morenas laterais formando unha morena o morenas mediais. Unha morena terminal se produce cando os fragmentos de rochas se depositan mentres o xeo nin avanza nin retrocede. Unha morena de pulo é o resultado dun avance do xeo a través da morena que produce que os sedimentos retrocedan e se preguen formando unha estrutura debida a unha deformación tectónica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ morena, 2ª acep. Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., no dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 "Transporte y sedimentación glaciares", en Ancochea, Anguita e Noreno (1990), pp. 106-112.
- ↑ "Morrenas", en Meléndez Fuster (1981), pp. 153-158.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ancochea Soto, Eumenio; Francisco Anguira Virella & Fernando Moreno Serrano (1990): Geología. Procesos esternos. Zaragoza: Ed. Luis Vives. ISBN 84-263-0470-2.
- Benn, D. I. & D. J. A. Evans (1998): Glaciers and glaciation. Londres: Publisher Arnold. ISBN 0-340-65303-5.
- Meléndez, Bermudo & Fuster, José Mª (1981): Geología, 4ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-0956-6.