Narcissus tazetta
Narcissus tazetta | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Narcissus tazetta | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Narcissus tazetta' L. |
Narcissus tazetta é unha planta da familia das amarilidáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Narcissus tazetta é unha planta bulbosa perenne, glabra con talo forte, de 20-65 cm de alto, comprimido, de 2 cantos e sen follas. Bulbo ovalado, de até 6 cm de longo e 5 cm de grosor. As 3-6 follas presentes na floración son planas ou acanaladas, con frecuencia verde azulada, de 20-75 cm de longo e 5-14 mm de ancho. Flores en acios en número de 2-15, cogantes, de lonxitude desigual, nun pedúnculo de até 7,5 cm de longo na axila dun tépalo membranoso, de até 6,5 cm de longo, aromáticas. Tubo corolino delgado, de 12-30 mm de longo. Pétalos brancos, de cor crema ou amarela, estendidos, de 8-22 mm de longo e 4-14 mm de ancho. Corola secundaria en forma de copa, amarela ou laranxa, de 3-6 mm de alto. Estames desiguais, os 3 máis longos sobresaíntes.[1]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Terreos en cultivo, matogueiras, beiras dos ríos.
Distribución
[editar | editar a fonte]Mediterráneo, Canarias, Cáucaso.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Narcissus tazetta foi descrita polo científico Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1, 290, no ano 1753.[2]
Número de cromosomas de Narcissus tazetta (Fam. Amaryllidaceae) e taxóns infraespecíficos: n=5 2n=10. 2n=20,21,30,31. 2n=22.[3][4][5]
Narcissus nome xenérico que fai referencia do mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
tazetta: epíteto latino que significa "con pequena cunca".[6]
- Variedades aceptadas
- Narcissus tazetta subsp. aureus (Jord. & Fourr.) Baker
- Narcissus tazetta subsp. canariensis (Burb.) Baker
- Narcissus tazetta subsp. chinensis (M.Roem.) Masam. & Yanagih.
- Narcissus tazetta subsp. corcyrensis (Herb.) Baker
- Narcissus tazetta subsp. italicus (Ker Gawl.) Baker
- Narcissus tazetta subsp. tazetta
- Hermione tazetta (L.) Haw., Suppl. Pl. Succ.: 142 (1819).
- Narcissus aequilimba Herb., Amaryllidaceae: 404 (1837).
- Jonquilla tazetta (L.) Raf., Fl. Tellur. 4: 21 (1838).
- Narcissus aequilimbus Herb., Nyman, Syll. Fl. Eur.: 365 (1855).
- Pancratium tazetta (L.) Sessé e Moc., Fl. Mexic., ed. 2: 85 (1894).
- Narcissus tazetta subsp. eutazetta Briq., Prodr. Fl. Corse: 326 (1910).
- Narcissus linnaeanus Rouy en G. Rouy e J.Foucaud, Fl. France 13: 40 (1912), nom. illeg.
- Narcissus linnaeanus subsp. tazetta Rouy en G.Rouy e J.Foucaud, Fl. France 13: 47 (1912), nom. inval.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bayer, E.; Buttler K.P.; Finkenzeller X.; Grau J. (1989). Plantas del Mediterráneo. Barcelona:Blume. ISBN 84-7031-629-X.
- ↑ Narcissus tazetta en Trópicos
- ↑ Estudos nos cromosomas das Liliáceas e Amarilidáceas. Fernandes, A. (1931) Bol. Soc. Brot. ser. 2 7: 3-110
- ↑ Le problème du Narcissus tazetta L. II Les formes à 20, 21, 30, 31 et 32 chromosomes somatiques. II Fernandes, A. (1966) Bol. Soc. Brot. ser. 2 40: 277-313
- ↑ Le problème de Narcissus tazetta L. I. Les formes à 22 chromosomes somatiques. Fernandes, A. (1937) Bol. Soc. Brot. ser. 2 12: 159-219
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Narcissus tazetta en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narcissus tazetta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Narcissus tazetta |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Ca. nat. México. CONABIO, Cidade de México.
- Flora of China Editorial Committee. 2000. Flora of China (Flagellariaceae through Marantaceae). 24: 1–431. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2002. Magnoliophyta: Liliidae: Liliales and Orchidales. 26: i–xxvi, 1–723. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Royal Botanic Gardens, Kew: N. tazetta.