Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom
Naruto a película 3: A gran excitación! Pánico animal na illa da Lúa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom |
Director | Toshiyuki Tsuru |
Produtor | Studio Pierrot, Sunrise |
Guión | Katsuyuki Sumisawa Historia: Masashi Kishimoto |
Intérpretes | Junko Takeuchi Chie Nakamura Yōichi Masukawa Kazuhiko Inoue |
Música | Toshio Masuda |
Distribuidora | Toho Company Ltd. |
Estrea | 2006 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel |
Filme seguinte | Naruto: Shippūden the Movie |
Na rede | |
http://www.naruto-movie.com/ | |
Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom (大興奮!みかづき島のアニマル騒動だってばよ! Dai Kōfun! Mikazuki-jima no Animaru Panikku Dattebayo!) é un filme de animación xaponés dirixido por Toshiyuki Tsuru e escrito por Junki Takegami que se estreou no 2006. É o terceiro filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto. É o derradeiro da serie de filmes de Naruto anteriores a Naruto: Shippūden.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cronoloxicamente o filme está situado antes da partida de Naruto con Jiraiya.
Trata dunha misión que lle asignan ó equipo de Kakashi só que, para substituír a Sasuke, con eles vai Rock Lee.
A misión consiste en que teñen que protexer ó príncipe do País da Lúa, un país moi rico. No transcurso da misión Naruto coñece ó fillo do Príncipe, Hikaru, quen é moi molesto e desagradable ó principio, xa que el pensa que ter soños é de estúpidos e que todo se pode mercar, mesmo os amigos.
Nunha das súas paradas chegan a un circo, o cal é mercado polo Príncipe xa que o cativo quería un tigre siberiano, e o pai encariñárase co circo.
Logo dunha gran treboada onde a embarcación se ve obrigada a diminuír a carga, o neno ármase de valor e decide rescatar ó tigre da súa gaiola. Porén, a gran treboada fai que caia ó mar xunto coa gaiola, pero é rescatado por Naruto. Ó día seguinte Naruto recoñece o seu valor por salvar ó tigre e fai a promesa (xunto con Sakura e Rock Lee) de seren amigos por sempre.
Ó chegar ó País da Lúa, o príncipe vai ó pazo de seu pai pero estráñase de non ver a ninguén e de non ser recibido polo seu pai. De súpeto, son atacados polos soldados de Shabadaba, quen quere facerse rico facéndose coas fortunas do país. O grupo de Kakashi intervén; Naruto, Sakura e Rock Lee, protexendo ó príncipe e ó seu fillo, e Kakashi axudando a que puidesen fuxir do pazo.
Shabadaba tamén contratou os servizos de tres ninjas (Ishidate, Kongou e Karenbana) para facilitar o seu ascenso ó poder e encárgalles a misión de eliminar o príncipe e ó seu fillo para poder el quedar co trono.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Voz xaponés |
---|---|
Naruto Uzumaki | Junko Takeuchi |
Sakura Haruno | Chie Nakamura |
Rock Lee | Yōichi Masukawa |
Kakashi Hatake | Kazuhiko Inoue |
Tsunade | Masako Katsuki |
Hikaru Tsuki | Kyōsuke Ikeda |
Michiru Tsuki | Akio Ōtsuka |
Korega | Kenji Hamada |
Amayo | Marika Hayashi |
Shabadaba | Umeji Sasaki |
Ishidate | Masashi Sugawara |
Kongo | Hisao Egawa |
Karenbana | Haruhi Terada |
Kakeru Tsuki | Rokuro Naya |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Naruto the Movie: Ninja Clash in the Land of Snow
- Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel
- Naruto: Shippūden the Movie
- Naruto Shippūden 2: Bonds
- Naruto Shippūden 3: Inheritors of the Will of Fire
- Naruto Shippūden 4: The Lost Tower
- Naruto Shippūden 5: Blood Prison
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)